Paseos pedagóxicos. Aviso sobre os roteiros

Os nosos roteiros inclúen travesías a nado, en pirauga, de a cabalo, xeiras polo monte, algunha práctica de espeleo ou escalada, polas rochas, polos bosques, no mar, no rio. Convén pois unha certa forma física e un material (roupa, calzado, implementos) dacordo coa actividade.
Nas actividades na natureza convén levar protección solar, viseira ou sombreiro, mangas e perneiras longas para evitar rabuñaduras e picadas, calzado apropiado para monte ou roupa e calzado que se poida mollar ou, quen o teña, escarpins e neoprenos para as actividades acuáticas, así como unha toalla e unha muda de roupa seca.
Os desprazamentos, as mais das veces serán nos autos propios da xente. Estaría ben poñérmonos dacordo para compartir auto cos que queirán conducir para non ter que levar demasiados autos.
O bó ánimo que non falte!

terça-feira, 27 de maio de 2008

Texto Paseos 2008

OS HUMEDAIS GALEGOS, OU A DESTRUCIÓN

O texto do tema deste ano é un pouco diferente ao dos anteriores. No canto de facer unha especie de aproximación xeneral, este vai máis no estilo dunha guía dos percursos, que seguramente cundirá máis ler logo de telos feito.

De primeiras van algunhas consideracións teóricas e xenerais; ven despois a parte dedicada ao que se verá nas excursións, e no remate vai un anexo dedicado a dous ou tres temas algo máis técnicos.

De primeiras, xa non hai nin consenso en como chamar ao asunto dos “Paseos” deste ano. Un departamento do ámbito lingüístico da Universidade de Santiago afirma que deben chamarse “humidal” (din que “zonas húmidas” pode prestarse a equívocos, mesmo ter resonancias eróticas); nun departamento equivalente do ámbito da ecoloxía, recorren ao extendido “zonas húmidas”. Mais, hoxe, tende a impoñerse o termo humidal.

Coas definicións, o asunto empeora; case que cada un ten a súa. Hai definicións de tipo administrativo, orientadas cara á xestión (como a da convención Ramsar), que son moi boas para iso, pero quedan algo secas. Hai outras, (como a da Axencia de Protección Medioambiental de EE. UU.), de xorne máis ecolóxico, que resultan un pouco vagas.

Pero o que é un verdadeiro pandemonium é a clasificación da cousa: os diferentes tipos de humidal, etc….

Para empezar dalgún xeito, todo o que sigue vai referirse a zonas nas que a capa freática está, polo menos temporalmente, na superficie do chan, ou preto dela (por arriba ou por abaixo), e que soportan un tipo característico de vexetais, os hidrofitos, e cuxo solo é de tipo hídrico.

Todo isto debe precisarse un pouco.

Para ser unha zona húmida, o tempo mínimo que o terreo debe estar cuberto de auga non pode ser inferior ao 5% da duración do período de crecemento dos vexetais, e isto debe suceder case todos os anos. Durante ese tempo, a saturación en auga debe afectar á maioría das raíces, ocupando os 30 cm superficiais o solo.

A presenza de auga no solo adoita dificultar a oxixenación deste; os vexetais non adaptados a estas condicións non poden tomar oxíxeno nas raíces, e non producen suficiente enerxía, e mesmo o metabolismo anaeróbico que se ven forzados a facer produce compostos tóxicos. Só os vexetais (hidrofitos) que desenvolven un sistema de ocos (un aerénquima)que lles permite airear as raíces, ou que teñen metabolismos especializados, etc, poden vivir nesas zonas.

Os solos hídricos son solos redutores. Cando no solo non hai oxíxeno, as bacterias aeróbicas cesan de funcionar, e son substituídas polas bacterias anaeróbicas, que inzan, e utilizan o oxíxeno ligado a diferentes compostos presentes no chan (óxidos de ferro, de manganeso, sulfatos) e os transforman en sustancias tóxicas (sulfídrico, Mg I+, Fe2+). O resultado é un solo con baixo potencial redox, só utilizable por vexetais especializados.

Como se ve, o factor principal que configura unha zona húmida é a presenza de auga no chan. Auga non falta en toda Galiza; a súa acumulación no chan dáse preferentemente en certos lugares.

No alto das serras chove moito (as chamadas precipitacións orográficas); unhas das características xeomorfolóxicas do país é que os topos das serras son planos (son restos de antigas superficies de erosión). Esta conxunción de auga abundante e pouco desaugue fai que estes sexan lugares de moita zona húmida (en xeral, brañas). Na serra do Xistral están as máis nomeadas delas; como quedan algo lonxe de aquí, terémonos que conformar con visitar o equivalente máis próximo, as brañas de Xestoso.

Os mesmos procesos tectónicos que orixinaron a rotura e a elevación das superficies de erosión (horts), orixinaron o afundimento de partes delas, creando depresións tectónicas (graben); estas, ao longo do tempo, enchéronse de sedimentos, dando como unhas chairas, nas que a auga móvese mal, e os ríos divagan preguizosos. Moitas zonas húmidas están conectadas (polo menos temporalmente) aos ríos, e forman parte da súa chaira de inundación. Así son a degradada lagoa de Budiño, a resucitada lagoa de Cospeito, e as veigas de Ponteliñares, por poñer uns exemplos.

Esas vellas depresións, no terciario, con clima cálido e húmido, enchéronse de arxilas impermeables,e no cuaternario cubríronse dunha tona de sedimentos areoso,etc, permeables, que actúa de acuífero. Nas zonas máis baixas desas depresións acumúlase a auga en lagoas, como a de Caque na Terrra Cha ou a finada de Antela (chamada Lago Beón).

Hai entre uns 3,000 a 6,000 anos, a subida do nível do mar fíxose máis lenta, o que permitiu que se formaran barreiras areosas (frechas litorais, como na Ladeira, barras…), e tras desa protección orixináronse extensas marismas, e outras de máis modesta extensión,como as da Ramallosa.

Pero, en Galiza hai zonas húmidas un pouco por todas partes. Por exemplo, hai moitas nos puntos do terreo onde se dá unha rotura da pendente, e a topografía forma un “banzo” (como nas lagoas Grande e Pequena do monte Vixiador).

Sendo a auga quen máis ordena nas zonas húmidas, estas son diferentes segundo o tempo de presenza da auga nelas, e segundo a natureza da auga.

Verbo do tempo de presenza da auga, nun extremo, con auga todo o ano, están as lagoas permanentes, con pouca variación de profundidade, como a de Caque, cunha tipica canopea dunha herba mergullada, o miriofilo; noutro extremo están os lugares como zonas das chairas de inundación de ríos, asolagadas só un poucos dias, como as veigas de Ponteliñares, formacións herbáceas con algúns hidofitos, ou como algunhas barxas, tal o ameneiral de Peinador. A presenza dalgúns vexetais pode dar pistas da duración da inundación. O miriofilo, e o xénero Potamoxeto indican inundación permanente; a rorella e a Rhynchospora alba indican solo permanentemente saturado; a palla real fala dun solo semipermanentemente inundado; o xénero Alisma, e eleocharis palustris indica inundación estacional; o esparto de mar indica inundación periódica…

Verbo o tipo de auga, nun extremo están as zonas húmidas nas que a auga é moi pobre en nutrientes (oligotrófica), por que procede directamente da chuvia, ou case (se pasou pouco tempo como auga soterraña); neste caso, pode darse no lugar unha turbeira de esfagno, con carrascos, como as brañas de Xestoso (se a auga é pobre en nutrientes, pero con abundent mateia ogánica disolta, chámaselle distrófica). Noutro extremo estarían as zonas con auga moi rica en nutrientes, tal as dun río que asolaga unha zona baixa, como o caso da lagoa de Cospeito (na Terra Chan, onde se utiliza moito abono para os prados, e onde hai caliza, a auga é moi rica (eutófica).

As zonas húmidas están tradicionalmente asociadas á gandería. Alí se levaba o gando a pastar, e se collía herba para alimentalo na corte. Pero, aínda máis, moitas se orixinaron ao irse deforestando o territorio, pois ao non haber arbores, a evapotranspiración diminuíu, a capa freática subiu, e moios terreos se enchouparon; algunhas brañas son tan xoves como do século XVI (Bocelo).

Pero se a acción humana creou non poucas zonas húmidas, destruíu moitas máis: de primeiras drenounas para crear pastos (Terra Cha), e as recheou para facer terras de cultivo (A Limia) ; máis recentemente, aterrounas para facer polígonos industriais (Os Lagos, Peinador) ou tirar pistas e estradas (Lagoa Mol), ou as deturpou para facelas parte de parques (Lagoas de Marcosende). Esta destrución quere un par de palabras máis.

A destrución de humedais

Durante o Cenozoico, houbo en Galiza un gran número de medios lacunares; en relación ao resto de Europa, houbo nela máis superficie relativa ocupada, e máis tempo de existencia deses medios palustres. Esta é a causa de que Galiza sexa, “a nivel botánico, o territorio europeo con maior número de especies endémicas restrinxidas a ambientes acuáticos”; en Galiza están perto de 1/3 dos hidrofitos endémicos europeos, polo que foi considerada como a área de maior densidade de endemismos deste tipo de plantas de Europa.

Por outra banda, “as aves acuáticas, aquelas ligadas de unha ou outra forma a ecosistemas húmedos, son o gran patrimonio natural desta terra”, según teñen afimado J. Castillejo, X. M. Santos e J. Iglesias. Só por estas dúas circunstancias está xustificado falar da destrucción dos humedais.

Aínda hoxe, están inventariados en Galiza un centenar de “ecosistemas lacustres”, naturais ou seminaturais, dos que un 90 % teñen unha superficie inferior a 8 ha. Pero, a maiores, hai un número dez vecez maior de humedais continentais ( nunha definición sumaria, zonas con vexetacion hidrófila e solos anmooriformes, que non son ríos nen lagos).

“As fluctuacións climáticas que sufriu o territorio galego nos últimos 3.000 anos, unida a unha forte antropización, marcada pola intensificación dos procesos agrícolas e gandeiros e o uso xeralizado do lume, propiciou a colmataxe e desecación de numerosas lagoas …”, segundo un informe da Consellaría de Medio Ambiente. Mais, sendo esto así, o franquismo acabou coas máis conspícuas delas.

Francisco Cambó considerábase a si mesmo un rexeneracionista; foi Ministro de Fomento con Maura, e desde este posto promoveu, en 1918,unha lei para fomentar a desecación de zonas húmidas, consideradas daquela pestíferas; amais, nesas zonas, o “excesivo” nivel de encharcamento, os abundantes coios (danse en terreos sedimentarios), o carácter arxiloso do solo…impedian a agricultura, e a súa desecación permitia reclamalas para cultivos.

Ao abeiro desa lei, no franquismo, levouse a cabo a destrucción, case sistemática, das principais lagoas e outras zonas húmidas do Estado español; calcúlase que desapareceron, por esta vía, o 60% dos humedais continentais.

En Galiza, ata os anos 50, “as lagoas e humedais continentais existentes en depresións cenozoicas… mantiveron as súas características e funcionamento sen graves alteracións de carácter antropico ata mediados do século XX”. Co fanquismo comezou unha xeira de destrucción destas zonas de interes ecolóxico senlleiro. Pretendíase, coas desecacións, conseguir terreos para a agricultura e, nalgún caso, eliminar un pretendido carácter insalubre (como na lagoa de Antela, onde só na zona suleste dábanse, con caracte episódico, as terceanas).

Desta xeira, o peor foi a desecación da Lagoa de Antela, ou lago Beón, na Limia. Era unha lagoa que ocupaba parte dunha depresión endorreica; tiña pouco fondo (1 – 1 ½ m, con “pozos” de ata 3m); considerabase a 2º lagoa, por superficie de auga, do Estado Español; a súa extesión variaba co réxime de chuvias, o que permite que sexa considerada, nalgures na literatura, a de maior extensión da península Ibérica. Sen entrar en detalles, en 1958 comezou unha, daquela, faraónica obra de drenaxe; construiuse unha gran canle de desaugue, fonda, rectilínea, coas beiras cementadas, que levaba a auga sangrada á lagoa ata o rio Limia; a esa cal principal chegaban unhas canles secundárias, que utilizaban antigos ríos, agora canalizados e “rectificados”; a esas canles chegaban outras canles terciárias, de drenaxe (que actuaban como “minas” de auga a ceo aberto). Con eso conseguise baixar o nível freático un par de metros: a lagoa desapareceu. E con ela desapareceron moitas cousas, interesantes e necesarias por diversos conceptos (hoxe xa non hai que argumentar a importancia das zonas húmidas); como amostra: segundo S. Gonzalez, do CSIC, a desecación desta lagoa supuxo que se extinguiran 11 especies de aves como reproductoras en Galiza, que dúas (cigoña e zarapito) pasaran a “nidificantes ocasionais”, e outras 12 viran os seus efectivos dizimados pola desaparición de zonas que utilizaban para alimentación e repouso. Só se fai referencia a esta eiva da desecación por poñer un exemplo.

A zona máis castigada pola desecación de humedais foi aTerra Cha. Entre os anos 60 e 70, desecouse a lagoa de Cospeito,e a de Espiñeira, a de Bardancos, as lagoas de Caque, e humedais en Aneiro, Espiñeiro (onde foron asentados colonos procedentes da zona da Fonsagrada, cuxas terras foran solagadas polo encoro do Navia),etc. Unha parte importante dos extensos pastos do interior da provincia de Lugo fixéronse a costa das “zonas hidromorfas”.

Estas destruccións de humedais non foron as únicas, nen remataron co franquismo. Por exemplo, a finais dos 90 desecouse a Veiga de Pumar, o que orixinou a extinción como nidificante de” unha especie de rapaz única en Galicia” (Burhinus oecolinemus); ainda hoxe segue a rechearse de entullo (por parte dos seus propietarios) a lagoa de Vilareda, en Palas. Anque a lei Cambó foi derogada hai un par de décadas, en Xuño de 2001 aprobouse un Real Decreto que establece que “os organismos da cunca (hidrográfica)…poderan promover a desecación daquelas zonas húmidas declaradas insalubres..”.

Mais a época de forza das desecacións xa pasou. Comezou o seu remate co compromiso adquirido polo estado español coa convención Ramsar (Irán,1971), sobor das “Zonas húmidas de importancia internacional como hábitat das aves acuáticas”. Hoxe estase nunha xeira contraria. De xeito algo patético, “recupéranse” as lagoas desecadas, nun movemento que se da en todo o estado, e que segue o mesmo patrón; un risco deste é que a zona recuperada é de, aproximadamente, o 10% da superficie anteriormente ocupada pola lagoa. En Galiza teñense recuperado a de Cospeito (algo máis do dez por cento) e a de Caque (onde se eliminaran catro). Houbo intención de recupear a de Antela, máis a oposición dos habitantes (sobre todo dos labregos que usan as terras en cultivos intensivos) fixo que o plano minguara de fuste (limitándose á intención de “recuperar primeiro a Veiga de Ponte Liñares, as arboredas de ribeira de Vilar de Matos, e as areeiras de Sandiás”), e logo mesmo este caeu nun aparente esquecemento.

A eliminación de humidais supuxo, entre outras cousas, unha diminución da biodiversidade nun ámbito da natureza de especial riqueza e importancia, e a desaparición de elementos culturais característicos (como, por exemplo, os “batuxos”, xeito de embarcación usada na lagoa de Cospeito para apañar alimento para o gando candohabía enchentas na zona).

Verbo do porqué deben protexerse as zonas húmidas, a literatura do ramo mostra unha ampla panoplia de razóns, que van desde o elegante e rotundo “por que si”, ata o asunto dos servizos ecosistémicos. Nos países con máis tradición nesto, adoitase referir á regulación hídrica (incluída a recarga de acuíferos), a preservación da calidade da auga (a autodepuración) e a evitación da erosión; todas estas razóns son sabiamente utilitaristas. Outras razóns, en sintonía cos paradigmas conservacionistas de hxe, poderían ser a preservación da biodiversidade, e o mantenimento dos ciclos bioxeiquímicos.

Hai certo patrón cultural verbo dalgunhas zonas húmidas. Case non hai lagoa en Galiza que non albergue mortos no seu seo. O máis normal é que sexan case todos os habitantes dunha vila impía ou inmisericorde, afogados por un arrouto vingativo dalgún membro da Sagrada Familia cristiána (caso do Lago de Masida, Lagoa de Antela, Lagoa de Cospeito, etc), pero tamén hai xente que, morta nunha batalla mítica, repousa no fondo da lagoa (por exemplo,en Caque son franceses, e na lagoa Sacra de Xestoso son os guerreiros mortos dunha tan arrecuada batalla que xa non hai memoria de quen foron os contendentes). Con frecuencia interprétase isto como un ecoar da presenza de indicios de palafitos (dos que se atoparon indicios nalgunha das lagoas, mais non na maioría).

O Sapal do Coura

A Wikipedia defíne así “sapal”:“Sapal é a designação dada às formações aluvionares periodicamente alagadas pela água salgada e ocupadas por vegetaçao halofítica ou, nalguns casos, por mantos de sal.

O sapal é um ecossistema de grande importância ecológica, que possui um papel preponderante no equilíbrio do ciclo de matéria orgânica numa perspectiva de produtores primários.

Contém uma enorme diversidade faunística e florística de relevo nacional e internacional, principalmente como habitat aves aquáticas (migratórias ou não), crustáceos, bivalves, etc.

Existem dois tipos de sapal, um fluvial e outro marinho, formado por uma diversidade de canais anastomosados, de grande hidrodinamismo de marés, que alternam com pequenas elevações de substrato. Este biótopo encontra-se sobre a acção de diversos factores ambientais naturais, como os rápidos fluxos tidais, a constante erosao do substracto lodoso, que contem uma pequena granulometria, que fazem deste um habitat singular e selectivo. Por outro lado existem factores relacionados com a acção humana, tais como puñuiçao, o pisoteio, presença de infraestruturas (estradas, habitações, complexos turísticos, etc), que afectam o ecossistema a um nível superior.

Um tipo de sapal marinho das regiões tropicais é o mangal ou manguezal.”

No Sapal do Coura pódese ver un dos riscos das zonas húmidas: con frecuencia , partes importantes da superficie destas están cubertas por unha especie dominante. Hai zonas cubertas só de esparto de mar, zonas cubertas só de xunco, e zonas cubertas só de cana , ou canizo.

O canizal ou carrizal do Coura é o equivalente temperado das formacións de papiros do Nilo, etc. É a paisaxe de clons de longas herbas , perennes e lonxevas.

O canizo acada os 4 m , e remata nun vistoso penacho formado por flores bisexuais, e cada un pode formar de 500 a 2,000 semente, que xerminan en áreas desnudas (como a lama enxoita nun verán seco).

O canizo vive nunha variada profundidade de auga: dende 50 cm na primavera ata 100 cm baixo a superficie da terra no verán; non vive onde a capa freática baixa alen dos 100cm, nen se a profundidade da auga é superior a 50 cm. Os níveis estables de auga permiten que o canizo, como outras plantas emerxentes de gran tamaño (palla real, espadaña, etc), despracen a outras especies do borde da auga.

Pódese ver aquí unha manifestación da regra de que, nas zonas húmidas onde hai organismos vivos, os recursos son monopilizados por un reducido numero de especies (agás as chairas de inundación tropicais, certas beiras de lagos, e lagoas de chairas costeiras).

Son densas formacións cerradas de Phragmites australis (sinonímia de P. communis), xeito de cana que emerxe de rizomas profundamente soterrados no solo. Esta especie ten sido chamada “a anxiosperma máis amplamente distribuida”; é case cosmopolita, acadando ata os 70ºN. É común en latitudes temperadas e, ainda que escasa, está presente nos trópicos.

Unha adaptación desta especie é a chamada ventilación convectiva presurizada. Tense comprobado que os vexetais que con este tipo de ventilación ( amais do carrizo, a palla real, as oucas…) airean as raíces, son grandes emisoras de metano. O oxíxeno difunde libremente nos espazos aéreos da pranta a través dos buratos das follas (os estomas), e chega ata as partes soterradas do vexetal. No canizo teñense medido concentracións de oxíxeno cercanas á atmosférica (20.7%) nas partes aéreas e só do 3.6% nos rizomas. O inverso é certo para o metano e o anhidrido carbónico. O CO2 baixa de 7.3% nos rizomas a 0.07% nos tallos. O gradiente de concentración de gases no interior da planta indica que a difusión é o principal medio de transporte de gas.

Mais o canizo ten un tipo máis especializado de movilización dos gases, chamado convección inducida por efecto Venturi, baseado no gradiente de velocidade do vento, que é maior nas partes altas da planta que na zona baixa. Os fragmentos dos tallos vellos, rotos e ocos, permanecen uns 2 ou 3 anos ligados aos rizomas. Por iles entra o aire, pois a maior velocidade do aire nas partes altas fai que haxa alí haxa menor presión, e o aire entra polos tallos ocos, circula polo rizoma e raices, e marcha polos buratos das partes altas.

Nas zonas dominadas por esta herba dase a máis alta biomasa, e a menor riqueza de especies das zonas húmidas herbáceas; en xeral hai moi poucas, ou ningunha, especies rara en eles. Esta gran rizomatosa, como outras do seu xeito,son indicadoas de gran fertilidade. A súa presenza indica que a auga cubre o solo case toda a estación vexetativa. Cando medra, como aquí, en sedimentos inundados, a produción de raíces concéntrase preto da superficie. A resistencia á sumersión reside no seu gran rizoma (baixo condicións anaeróbicas, a producción de ATP require máis cantidade de glucosa, que se almacena como amidón no rizoma, xunto con outros produtos fermentabeis; rizomas separados da planta, e mantidos baixo auga ata máis de 28 dias conservan o seu poder rexenerativo.

A reprodución vexetativa, por crecemento ou rotura do rizoma, é un xeito común de proliferación do canizo, que pode formar clones moi extensos, colonizando as zonas adxacentes. Os estolóns do canizo chegan a acadar os 13m. Cando forma masas densas, o canizo vese sometido á lei da “potencia de -2/3”: conforme a densidade de plantas aumenta, a biomasa das canas mingua, e a liña que describe a relación entre o logaritmo desas dúas variables ten unha pendente aproximada de 2/3. Chamase a este fenómeno “autoadelgazamento”. A agresiva reprodución vexetativa exclue competidores ao diminuir a cantidade de luz que chega á superficie da auga. O canizo ten o estatuto de “invasiva” nos EE. UU. (onde se considera que a súas presenza indica perturbación humana dun territorio pois axiña toma vantaxe en terreos espidos, e despraza a plantas de maior interese. O crecemento de rizomas e estolóns vai, en xeral, desde a zona máis de terra á zona máis de auga (pode aturar salinidade de ata 30ppm). Téñense rexistrados crecementos dos estolóns de ata 10 cm por dia.

En xeral, as masas monotípicas do canizo non é un habitat (nin un alimento) preferencial para os vertebrados.

Por suposto, ten tamén reprodución sexual, pudendo as súas sementes xerminar baixo condicións salinas, como o espato de mar. O canizo caracterízase como perenne de reprodución vexetativa cuxas sementes, que só xerminan no solo seco, non forma “banco de sementes” no chan.

En conxunto, dous terzos das plantas de zonas húmidas son polinizadas polo vento; as elevadas flores do canizo, azoutadas polo vento, son un risco característico das zonas húmidas.

O canizo ten unha elevada taxa de evapotranspiración, poideno baixar a capa freática localmente, facendo que a materia orgánica acumulada se compacte, co que a elevación do terreno pode disminuir, por outra banda, ao secar o sustrato, pode eliminar o habitat para algúns invertebrados bénticos.

En gran parte de Europa, o canizo declina, e crese que isto é debido á alteración do réxime hidrolóxico (por encoros, etc), en especial a ausencia de un baixo nívl da auga no verán. Tamén semella influir a contaminación (a eutrofización) da auga.

AS BRAÑAS DE XESTOSO

Situación

Están a unha altitude duns 650m snm; danse nunha área dunhas 1000 ha de superficie. Sobor delas cerne Monte San Sebastián, de 750 m de altitude.

A zona rexistra unhas precipitacións de 1,800 mm anuais. Xeomorfolóxicamente, as brañas están nun retrinco da superficie de erosión neoxeno; esta é unha superficie horizontal, na que a erosión diferencial ten orixinado, localmente, pequenas depresións, con xeito de cubetas, nas que se acumula a auga soterrara que flúe das zonas máis altas que as circundan. A maiores, a horizontalidade do terreo dificulta a drenaxe, co que nestas depresións a superficie do terreo está, gran parte do ano, perto da superficie. A auga inmóbil ten pouco oxíxeno, o que dificulta a acción das bacterias descompoñedoras; as baixas temperaturas invernais actúan no mesmo sentido. Ambas cousas baten o mesmo: A materia orgánica acumúlase, compactase, e da turba. Non é doado clasificar unha turbeira, mesmo non hai unha clasificación xeralmente aceptada. As turbeiras de Xestoso poden cualificarse de topóxenas, pois se forman a favor de depresións do terreo. Verbo da auga que as nutre, as tubeiras deben ser entre ombrotóficas (alimentadas de auga pola chuvia), e minerótrofas (alimentadas pola auga subterránea), pois a auga é soterrada, e debe levar disoltos máis nutrientes que se fora auga de chuvia (que daría unha turbeira ombrotófica); de todos xeitos, a auga non é moi rica en nutrientes, pois o seu“tempo de residencia” no interior da terra debe ser breve, a xulgar pola proximidade e exigüidade das zonas altas (“zona de recarga”) que circundan as brañas. Esta pobreza relativa de nutrientes condiciona o tipo de vexetación das brañas.

Os riscos xerais dos vexetais de habitats infértiles están presentes en moitos dos vexetais destas brañas, os principais son os seguintes:

-Desacoplamento do momento de crecemento e do momento de toma de nutrientes. Os carrascos acumulan sustancias nun xeito de lignotubérculo (o “torgo”)

-Taxas de crecemento inherentemente baixas.

- Follaxe perenne, o que permite que a inversión “en follas” sexa amortizada nun longo período de tempo.

-“Inversión” en defensa fronte aos herbívoros

-Presenza de micorrizas. Os carrascos (as ericáceas) teñen nas raíces fungos ascomicetos, que , coas súas finas hifas situadas preto da superficie do solo capturan nitróxeno.

-Carnivoría. As rorellas “complementan” coa captura de pequenos insectos a escaseza. de nitróxeno. A súa presenza pode indicar acidez do solo (cun pH de arredor de 5), onde domina o esfagno o pH pode ser aínda inferior.

Fixación de N por nódulos das raíces. É o caso de Myrica gale.

Dous organismos danlla a súa fasquía ás brañas. O esfagno e as carrrascas (X. Erica).

Segundo F. Azurmendi e outros (1), “as brañas de Xestoso constitúen unha das mellores representacións de turbeiras altas do Sur de Europa”. Segundo www Galicia para el mundo.com, “as brañas de Xestoso constitúen a mello representación galega das turbeiras acedas de esfagno”

As turbeiras son formacións características de latitudes máis altas, de zonas máis frias e húmidas. Alí, por exemplo en Escandinavia, a acumulación de turba pode chegar a 50 cm cada 100 anos; para a zona norccidental da Península Ibérica, a taxa de acumulación é 10 veces menor ( o que ven supoñer 0,5 mm ao ano).

A Conselleria de Meio Ambiente caracteriza deste xeito as brañas de Xetoso:

“Son pequenas áreas de turbeiras e torgueiras con presencia de carballeiras de reducida extensión. Na zona cría unha pequena poboación de sisón menor, ave característica de hábitats esteparios”.

Habitats

· Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix

· Uceiras secas europeas

· Uceiras ortomediterráneas endémicas con toxo

· Turbeiras de cobertor

· Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion

· Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii

· Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica

Flora

· Esfagno (Sphagnum pylaisii)

Fauna

· Pica papuda (Anthus campestris)

· Sisón (Tetrax tetrax)

· Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)”

Deberíase engadir a presenza da gramínea Linkagrosti jureseii , unha gramínea das brañas recentemente incluída no Catalogo galego de especies en perigo (na categoria de “vulneable”)

As ameazas para estas brañas son varias:

A xente de Xestoso en feito unha toma de auga e unha traida de auga para uso doméstico, xusto enriba das brañas, o que depriva a estas dun aporte fundamental.

O tipo de gandeiria na zona está cambiando; estase a dar unha creación de prados para sega, que implica o corte do toxo, o arado da terra, o estercado con restos de granxas avícolas… Alguns destes prados teñense instalado en terrenos brañosos, coa conseguite destrucción dese habitat; o abonado dos prados pode cambiar a calidade das augas que nutren a turbeira …

Para desecar o terreno teñense feito zanxas de drenaxe nalgún punto das brañas, o que pode repercutir na altura acadada pola capa freática na estación seca.

A instalación dun parque eólico pode modificar a hidroloxia da zona, e repercutir na flora das brañas.

As novas pistas de “concentración parcelaria” chegan ata as inmediacions das brañas, permitindo o acceso de vehículos contaminantes.

A intrusión esporádica de vehiculos deportivos (quads,etc) agrava este perigo.

A plantación de eucaliptos nunha zona periférica das brañas pode supoñer un facor desecante, polo gran consumo de auga desta arbore.

Parada inicial

Desde este punto tense unha perspectiva xeral da zona. Destaca que, con carácter xeral, as brañas están asentadas nun xeito de chaira alta (fragmento dunha superficie de erosión), e, mais concretamente, ocupan unha depresión desa superficie. Isto fai resaltar o carácter topóxeno destas brañas. A auga da chuvia recollese nas partes altas, que actúan como “zona de recarga”, e flue, baixo terra, ata abrollar lenemente na zona das brañas. Pero este non é o único factor. A dereita, na parte alta da bacía onde están as brañas, distínguese un grupo de salgueiros; ali hai unha nacente de auga. De aí sae o ro de Xestoso. Podese seguir o seu curso inicial visualmente; está marcado por unha rea ondulante, discontínua de salgueiros. É preto dese curso ode se atopa a turbeira de esfagno; esto parece amosar que tamén influie na orixe da braña o dificil drenaxe que ten ese xeito de pequena cubeta que aloxa as brañas: a auga “empoza”, o que dificulta a súa oxixenación, e esto da na formación de turba.

O punto de observación escollido é unha mámoa, monumento neolítico cuxa presencia se asocia á gandeiria primixenia. A mesma gandeiria pode estar na orixe das brañas. Sabese que moitas das brañas galegas son recentes, pois se teñen formado como consecuencia do talla do bosque pimordial para conseguir un medio acaído ás necesidades da gandeiria,e, máis xeralmente, ás necesidades do complexo agrogandeiro tradicional. As arbores envían, vía transpiración, moita auga a atmosfera; a sua eliminación faría que a capa freática subira, alagando o terreno e formando as brañas. Non sabemos se hai estudos específicos sobor da idade das brañas de Xestoso, pero a súa lenta desecación pode suxerir unha orixe recente.

O propio termo de braña está asociado a gandeiría, pois se aplica ás zonas non arboradas, enchoupadas parte do ano, onde se dan formacións herbosas nas pace o gando.

A paisaxe é un xeito de palimpsesto. Case non queda nada do bosque orixinal, non sendo os poucos salgureiros. Fica moito da “estepa cultural” que o sustituíu, o mato de toxos e queirugas. Algunhas zonas onde medra a xesta indica o lugar de antigas terras de cultivo. As zonas de piñeiral é o que queda das repoboacións do franquismo, feitas a contraría da xente, que as queimou para restablecer unha vexetación que lle interesaba. Os grandes prados para sega son relativamente recentes, e supoñen un cambio na xestión do gando. Hoxe, as vacas están o máis do tempo nun campo cerrado, e son alimentadas, no que máis, nese lugar; o feo que se recolle dos prados é parte moi importante na súa alimentación.

A xente da zona constata que a vexetación das brañas vai cambiando. Apoñenlle esto a que xa non se leva o gando a pastar nelas, e, o feo, ao non ser comido polas vacas, inza, e despraza á herba do algodón. Outra di que antes as vacas enterrábanse na braña ata medio corpo, e que agora hai menos auga… Unha tendencia de toda Europa Occidental é que nas brañas debece a carrasca Erica tetralix, e vai sendo reemprazada polo feo Molinia caerulea, isto é debido á fertilización do terreo , sobre todo polo N para uso agrícola. Isto é o que semella ocurrir aquí, debido á intensificación da gandería.

As brañas de Xestoso son o que queda de “turbeiras de cobertor”. Deben ser caracterizadas como unha zona húmida orgánica. O pouco movemento da auga, a baixa temperatura desta durante o inverno, a presenza local de esfgano… dificultan a acción das bacterias descompoñedoras, co resultado de que a materia orgánica se acumula, orixinando turba. Esta turba é, basicamente, de dous tipos. Unha está feita de restos de fanerógamas (plantas con flor) , e soporta unha vexetación

de gramíneas. Outra está feita de restos de esfagnos, é moito máis ácida , e sustenta unha vexetación máis especializada, de ericáceas e leguminosas.

Deixando a mámoa e indo cara ao camiño,hai unha excavación, que deixa ver o substrato xeolóxico do terreo. É xabre e granito alterado, moi fracturado; entre os dous (a fronte de alteración é irregular, alcanzando desde poucos cm ata onde chegou a excavación) dan un material poroso e permeable, ou sexa, un acuífero, e a zona onde estamos representa un área de recarga da auga soterraña.

Parada

A tapa metálica dun rexisto indica a presenza dunha conducción de auga. A captación está nas inmediacións do nacente do rio de Xestoso (que se distera pola presenza dun grupo de salgueiros). A comunidade retira a auga do mesmo nacente, aproveitandose da pureza deste; a auga vai ataun depósito situado nas inmediacións, non visibel desde este punto. A auga que vai para o consumo humano non chega, como chegaria antes, ás brañas. Este é un factor maior de alteración.

Por outra banda, esto indica que auga que enchoupa as brañas non é somente auga da chuvia (que seria moi pobre en nutrintes), senon auga soterraña, que, albergada nas rochas, disolveu da rocha que a albergaba nutrintes para as plantas. De todos xeitos,na vexetación non hai especies que precisen auga rica en nutrintes, o que declina que a estancia da auga nas rochas non foi longa, nen de longo percorrido; ven do contorno.

Parada

Logo de subir por unha pista ata o acocho de coellos, tense un bo panorama do conxunto da zona húmida.

Parada

Está é unha zona marxinal das brañas. A vexetación é de gramíneas e ciperáceas, o que indica que o solo orgánico (tal vez de turba) non é de esfagno . Na parte alta da herbeira teñense plantado eucaliptos. Lembrese que esta especie plantouse, noutros tempos, para desecar terrenos pantanosos; aquí, terá o mesmo efecto, e pode contibuir a deseca esta porción da zona húmida.

Parada terceira

A gávia construida drena auga desta parte da braña,e pretende a súa desecación. É un factor localizado de agresión. Destaca a cor marrón da auga, que indica presenza de materia orgánica. Vese no corte a capa superficial de turba, de menos de ½ m de espesor. Pode comprobarse que a auga que flúe á gávia o fai desde a base da turba, e non desde o regolito subxacente. Isto parece indicar que esta auga está “desconectada” da capa freática, e que a turba actúa como un reservorio de auga. Nas beiras da gávia hai rorella (pequena plata insectívora) só nas zonas con insolación directa; a súa cor encarnada (debida a isoprenoides que a protexen do sol) declina a súa preferencia por lugares con insolación directa. Na auga que cubre a gávia vense tonas iridiscente, que son colonias de bacterias quimiolitótrofas, que oxídan ferro 2+ a ferro 3+ en condicións ácidas. Nesa auga da xanza hai, abondosamente, Potamogeton natans , especie alpina; a súa presenza débese a que e un relicto do pasado glaciarismo. Ao remate da gávia hai torróns de turba, na que se distera a materia vexetal parcialmente descomposta; se nesa zona se salta bruscamente, o chan treme, pois a vibración percorre só a capa turbosa; isto, e o pouco entronque que amosa a turba co regolito subxacente poden indicar que a turbeira é de cobertor (e a zona inicial de irradiación pode ter estado onde unha mouta de salgueiros que hai nas proximidades. En conxunto, a vexetación desta zona as brañas é de moderada especialización. A presenza de Calluna vulgaris e de Toxo spp amosa que a vexetación está arraizada non só na pouco espesa turba, senon tamen baixo ela, no solo mineral

Parada cuarta

Este é o corpo principal da braña. Desde este punto distínguense dúas formacións vexetais. A esquerda (conforme se mira para a braña), unha cubrición predominante de gramíneas (feo), e á dereita un brezal típico de braña, asentado encol dunha base de esfagno ; a presenza deste musgo delátase polos montículos que orixina o seu peculiar crecemento, que lle dá á superficie un aspecto irregular.

A diferenza de vexetación débese a que o esfagno se concentra na parte máis próxima ao regato, que está máis tempo enchoupada en auga que, pola pouca pendente, empoza e permite o crecemento do musgo (o regato fluínte atravesa a liña de salgueiros). Na parte máis alonxada do regato hai menos auga durante verán e as condicións son, xa que logo, menos favorables ao crecemento do esfagno, e asentase o herbazal.

Nesta zona faise patente o carácter topóxeno da turbeira; non se ve como considerala de cobertor.

Parada quinta

A Lagoa Sacra foi, nos últimos anos, a única zona protexida neste paraxe. Probablemente lle deba a protección ao seu interes cultural. A xente di que se celebrou alí unha gran batalla, e que os cadaveres dos guerreiros mortos foron botados ao fondo da lagoa, e que por eso non medran al as arbores.

A lagoa sacra debeu ser unha turbeira activa, e presenta unha das morfoloías mái caracteristicas destas. A súa superficie é corrugada. Presenta unhas pequenas elevacións e depresións alternantes (algunas delas poden confundirse con rodeiras), chamadas strings e flarks na literatura científica e inglés (e a este tipo de turbeiras chámaselle ribbed mire), que,como ocurre sempre neste tipo de patrón, estan orientadas perpendicularmene á pendente do terreno. A orixe desta disposicion é incerta.

Cando a lagoa está seca, pódese comprobar a gran impermeabilidade da turba, ou, mellor dito, a súa baixa conductividade hidráulica, varios ordenes de magnitude menor que a dos restos non compactados de plantas que hai,adoito, nas turbeiras, e que aquí faltan, tal vez debido a que foron consumidos nos incendios; a frecuencia destos pode disterarse dos restos carbonizados das moutas de Molinoa caerulea etc; os incendios deben ser un xeito de xestión dos pastos.

1 F. Aumendi e outros Brañas de Xestoso: una tubera protegida, aunque amenazada Quercus Cuaderno 259

A Terra Chá

A Terra Cha está incluida na Reserva da Biosfera “Terras do Miño”; dentro dela está o LIC Támoga – Landra – Parga. Hai na Terra Cha uns 50 humedais catalogados, case todos eles na zona central desta comarca natural; as tres lagoas principais, Cospeito, Caque e Riocaldo van ser visitadas na excursión, xunto con outras zonas húmidas de interés.

Un risco relevante da Terra Cha é que está rodeada de serras. A Occidente, a Dorsal Galega; no N , diversas serras (Xistral,etc), prolongación da Cordilleira Cantábrica, como as que a limitan polo Leste.

Nesas elevacións chove con abundancia, e a auga desa choiva remata nos ríos que percorren a depresión que é a comarca da Terra Cha, zona de “deficiente drenaxe” (por ser chan), na que o río Miño chega a organizarse en 7 graos de afluencia; son os afluentes de 5º,6º e 7º orde os que, nas frecuentes cheas, orixinan boa parte das zonas húmidas. Chover, non chove moito na Terra Chan; pouco máis de 1,000 ao ano por m2. Pero as precipitacións están mal repartidas no tempo: no verán, só chove o 10% do total do ano, o que fai que, nese tempo, só haxa auga cubrindo a superficie das zonas húmidas “alimentadas” con auga soterraña.

Segundo R. Vidal, a Terra Cha “representa os restos do que seria o relevo de Panxea antes de rachar, moi degradado e moi plano”. Houbo, na Terra Cha, no Terciario, grandes superficies lacunares. No conxunto de Galiza, ao longo do Cenozoico houbo, con respecto ao resto de Europa, máis lagoas durante máis tempo; por iso, é, no ámbito botánico,o territorio europeo con maior número de especies endémicas restrinxidas a ambientes acuáticos.En Galiza hai perto de 1/3 dos hidrofitos endémicos europeos. Foi calificada como a “a área de maior densidade de plantas hidrofitas endémicas de Europa”.

Unha das características da vexetación dos humedais da Terra Chá é a abundancia de Cladium mariscus var lucense, planta de medios básicos, ou moi ricos en bases; débese esto á existencia de margas carbonatadas presentes nos sedimentos que forman o fondo da depresión onde se dan estos humedas, e talvez, a presenza de rochas calizas no ócalo do sedimento que recubre a depresión. O “papel” desta especie é ocupado por Deschampsia flexuosa (que evita solos calcáreos) en zonas ácidas e pobres, como na Lagoa de Denude, que é algo así como unha turbeira fósil, por baixada da capa freática, cousa probablemente debida ao rego.

Na excursión sairemos da autovía en parga, e iremos ata Begonte pola carretera vella. Na primeira parada veremos unha explotación mineira activa, da que bombean a auga, e isto permite ver a constitución do “fondo” chan da Terra Chá, e entender a orixe de moitos dos seus humedais. Pode observarse una camada superficial de materiais gravosos e areosos (semellan proceder dunha chaira de inundación fluvial), que é un xeito de acuífero non confinado, e baixo el, una potente serie de arxilas aparentemente caolínicas, que fai as veces de acuitardo , explicando a abundancia de lagoas.

Desde esta mina a ceo aberto iremos á lagoa de Riocaldo, lugar de interes de ámbito español. O que antes foi unha lagoa é hoxe unha vella excavación mineira a ceo aberto chea de auga, cousa que declina o pouco progresivo pendor das súas beiras, sen zonas horizontais, sen sedimentos, con pouca orla de vexetación higrófila, con orla de material de arribazón arrastrado pola ondaxe (que se forma co vento ao non haber fondo superficial que o free), e pola cor verdosa debido Ca2+ disolto, que ven da descomposición das plaxioclasas… Onde estaba a lagoa (había alomenos dúas; unha delas secaba nalgúns veráns) fíxose unha mina a ceo aberto para a explotación de arxila, que orixinou un burato de perto de 40 m de fondura, que se enche de auga polo fluír de auga soterraña do acuífero non confinado que a rodea, e pola auga da chuvia. O que hai agora, que aínda se chama lagoa de Riocaldo, é diferente do que alí houbo.

Ao ser profunda, hai aves que se mergullan, como o corvo de mar, que acocha en bó número no cimo dalgunhas arbores. (os peixes entraron na lagoa porque, cando hai cheas, esta conecta o río; hai carpas, que a xente da contorna din que foron introducidas intencionalmente).

Un pouco á esquerda de onde se vai para a mina en uso, hai un conduto que leva a auga deste oco para o río Támoga, auga probablemente máis mineralizada do que lle correspondería de xeito natural, o que supón un xeito de contaminación.

Perto desta lagoa está o Pozo do Ollo que non é, propiamente, un humedal. É tan profundo (38 m de fondura máxima) que nel dáse unha estratificación térmica da auga (ten “clina”); non é tampouco un lago, por ter unha extensión superficial pequeña; poderia ser referido como un medio lacunar. Segundo R. Margalef, se se aplican os criterios limnolóxicos, só son lagos, no Estado, o de Bañolas e o de Sanabria; o Ollo considerase o “único medio lacunar na rexión atlántica so SW europeo”.

O Ollo orixinouse dentro dun paleokarst; baixo os sedimentos cenozoicos que cubre hoxe a Terra Cha hai, nesta zona , unha formación calía karstificada, e nela, formouse unha gran sima que, ao aumentar de tamaño fixo colapsar os materiais cenozoicos que a recubrían, formando un xeito de dolina (por iso a súa forma redonda; ten 45 m de diámetro). Está rodeado de arbores, e as follas destes, ao caer lle dan a auga un carácter distrófico.

Hai duas especies senlleiras no lago, por ser considerados en perigo no ámbito europeo: Luronium natans e Margaritifera margaritifera.

A vexetación do borde do lago é variada: zonas turfófilas con vexetación mesotrófica de Clamidium mariscus, Scirpus lacustris, Typha latifolia, Sparganum erectum… Na vexetación litoral hai grandes ninfeidos (Nynphaea alba, Nymphoides peltata, Potamogeton natans), batráquidos (Miriophillum alterniflorum) e carofitos (Chara sp pl; Nitella sp pl), e pequeñas poboacións de Luronium natans. Na formación arbórea do contorno hai Viburnun opalus.

A seguite parada será na Lagoa de Cospeito

O terreo, na Lagoa de Cospeito, é plano, o que orixina unha “escasa eficiencia da rede hidrográfica; isto, e a existencia dun sedimento impermeable, propician a acumulación superficial de auga.

A lagoa é unha formación seminatural; foi desecada no franquismo, para conseguir terreos agrícolas, que repartiron entre colonos, ben deles provintes dos desprazados pola construcción do encoro do Navia. Foi recuperada hai uns tres lustros, en dúas etapas. A Lagoa de Cospeito ten só una fracción da superficie que tivo (chegaba ata as 50 ha, e hoxe vai por unas 9). A lagoa está alimentada polo río Guisande, pertencente á cunca do Tamoga. Visualmente, a lagoa pode caracterizarse como unha zona húmida eutrófica cun nível de auga relativamente estable.

Para a recuperación de parte da lagoa recurríuse a varias actuacións:

-presas para elevar o nivel de auga, permitindo o asolagamento

-desaugues para baixar o nivel de auga, que posibilitaria remedar as fluctuacións naturais

-canles para evacuar o exceso de auga e previr inundacións

-valeirado de materiais de aterramento

-creación de noiros e acondicionamento de contornos

-creación de illas (que funcionan como zonas de protección)

-senda peonil, 5 observatorios de aves, 1 centro de interpretación.

A recuperación fíxose en dúas fases,a primeira a inicio dos 80 ( unhas 5 ha, cunha profundidade emdia duns 80 cm), e a segunda e finais dos 90 (ata 35 ha coa mesma profundidademedia). Esta última actuación formaba parte dun plano da Consellaría de Medio Ambiente para recuperar 3 zonas húmidas: Budiño no W, a Terra Cha no centro e A Limia no sur.

Hai varias lendas verbo da Lagoa:

Habia, onde a lagoa, unha cidade chamada Veria; chegou a virxe e extrañouse de que non houbera igrexas, e lle dixeron que se veneraban pedras traídas polos mouros, e que se facian grandes festexos… A virxe dixo: “Pois que se funda tal cidade!”. E choveu ata que se formou o lago.

Outra di que a cidade, chamada Valverde, foi asolagada por pola virxe, vingativa por non ter sido ben recibida. Inda outra di que a sagrada familia chegou, e que un zapateiro feriu a Xesús nun pé, e o sangue inundouno todo.

A lagoa ten importancia estatal para 1 especie de anátida (Anas penelope), e rexional para 5 (A. strepera; A. crecca; A. platyrhyncho. A. acura e A. clypeata), e estatal para o conxunto de anatidas invernantes en humidais.

É mellor comezar a andar cara a esquerda. Desde o primeiro mirador distínguese unha esclusa, que forma parte do sistema delas que regula a altura da lámina de auga. A lagoa era un elemento da chaira de inundación, e a súa extensión variaba co caudal do río. Agora a altura da auga non varia. Isto é moi patente desde este lugar de observación, pois xusto baixo el vese o toxo limitar coa vexetación hidrófila Os ornitólogos cren que a xestión se basea na protección da vexetación, e que a auga está demasiado alta, non deixando lugar para que afloren os sedimentos nos que se alimentan as aves limnícolas.

Desde este observatorio distínguese, ao fondo, a chamada hoxe Lagoa Vella, a primeira recreada, e rodeando a esta, a chamada Lagoa Periférica , a segunda que se construiu.

A pasarela voante vai preto de onde criaba o galo da braña. Neste treito, á nosa esquerda vai, canalizado, o río que nutre a lagoa. Máis adiante hai unha esclusa que permite derivar auga do río á lagoa, e retirar auga desta se fose necesario. O deseño e os materiais da obra teñen sido criticados por ADEGA, por consideralos inapropiados. A primeira esclusa que se atopa é o cal de saída; esta zona é a máis usada polas aves acuáticas.

O deseño xeral da lagoa é artificial; deeñaronse xeitos de illas para aillar as aves. O mellor panorama é o da “hide” oposto á “aula da natureza”. Desde il pódense ver os salgueiros plantados como un ribete todo pola periferia da lagoa. No patamar dos hide hai excrementos de raposo, que marcan así territorio (aliméntanse dos restos deixados polos visitantes).

Hai, perto da aula, no remate do circuito, una instalación de depuración da auga residual de Cospeito, fea e ruidosa, que amosa o xeito de caracter marxinal que se lle da á lagoa.

A seguinte parada será na Lagoa de Caque.

A Lagoa de Caque foi desecada case totalmente, e recuperouse hai pouco; formou parte dun conxunto de 4 lagoas. Conforme se vai ao observatorio, pásase por onde estaba unha delas (ficaba á esquerda da pista). Desde o observatorio vese un sendeiriño que leva ata unha das zanxas de drenaxe, na que se ve o fondo impermeable da lagoa (cando a auga está baixa), un xeito de coluvión impermeable, sobre do que se asenta un xeito de turba non muscínea. Como é pouco espesa, as plantas poden arraizar en solo non orgánico, e a vexetación non é de turbeira. Por outra banda, a presenza de palla real indica que hai certa riqueza de nutrientes, o que indica que a auga subterránea fixo un certo viaxe ata aflorar aquí. Hai unha certa zonación dos vexetais.

A canle de drenaxe levaba a auga cara a dereita da lagoa; ao “cegar”, ou interrumpir esa canle, a lagoa rexenerouse. Auga que alimenta esta lagoa é auga subterránea e auga de chuvia.

Pódese circundar a lagoa, ata chegar a un punto onde se ve que o fondo está cuberto por Myriophyllum verticilatum, que forma un xeito de canopea subacuática, que da sombra ao fondo e impide que medren outras plantas. Este é un dos primeiros vexetais en restablecerse logo que se reinunda un lugar; ese éxito de instalación débese a que se reproduce profusamente de xeito vexetativo, por turións (fragmentos de tallos con follas apelmazadas, de 1-2cm; máis tecnicamente, son abrochos pseudovivíparos, que se forman, por exemplo, cando unha inflorescencia é mergullada,no extremo da cabeza floral). Isto resulta nunha produción de poboacións xeneticamente homoxéneas que, ao ser perennes, resultan moi aparentes no humedal.

Reprodúcese tamén sexualmente, a partires de flores sumerxidas, hermafroditas, que poden autopolinizarse, e que produen sements ue flotan durante unhas horas, nas que se dispersan polo movemento da auga.

Tense comprobado que exuda polas folas compostos tóxicos (alelopáticos) que frean a instalación doutras plantas competidoras.

A planta produce compostos velenosos (cianoxénicos), que a protexen os herbívoros

Moitas plantas de zonas húmidas poden usar, para a fotosíntese, CO2 e/ou CO3H-; M. verticillatum só pode usar CO2, mentres que o xénero Potamogetum pode usar o bicarbonato. Os cloroplastosestán, nesta especie, concntrados na epiderme das follas, para poder tomar o CO2 directamente (nas plantas terrestres, os cloroplastos están máis no interior da folla, no mesófilo). Amais, a forma lonxilínea das follas dálle unha gran superficie, en relación ao seu volume, o que facilita a penetración da luz e do CO2 disolto na auga e fainas resistentes ao movemento da auga.

En conxunto, a súa “bioloxía” a incluie na categoría dos “competidores”, con pouca capacidade de reprodución sexual, rápido crecemento; estas plantas son típicas de habitats produtivos, que sofren pouca perturbación, e tenden a florecer ao final da estación de crecemento, e teñen sido chamadas “especialistas na captura de recursos”.

A LIMIA

Na Limia practícase unha agricultura extrema. Nas partes onde se pode regar, cultívase a pataca. Esta planta envía as raíces ata tan só uns 40 – 50 cm de profundidade; no tempo de crecemento da pataca, a capa freática está moi por debaixo dos 50cm, ou sexa, fóra do alcance das raíces. Por outra banda, ao ser o solo moi areento, a súa capacidade de retención de retención de auga é moi pequeña. A maiores, as chúvias son escasas no verán (un promedio de 33 l/m2 en xullo e agosto). Esto fai a rega imprescindibel ( o rendemento da pataca é moito maior cando regada; nun ano seco, 1 qg quere uns 100l de auga). O rendimento enerxético é pequeño. A relación enerxía obtida / enerxía aportada é de 2,29 con rega, e de 1,74 sen rega.

O rego, ata o de hoxe, é unha actividade anárquica. Un centenar de motobombas móbiles sacan auga das canles de drenaxe, e do río Limia,e dos outros ríos rectificados coa drenaxe da lagoa e a concentración parcelaria. Esto orixina contaminación atmosférica, incluida a acústica, e baixada o acuífero, que chega a situarse ata a 4 m baixo o chan, facendo máis caro o proceso de regado. Por outra banda, esta faise de xeito moi ineficaz, por utilizarse o procedemento de aspersión, regando mesmo coa carga do sol, co que se perde unha parte da auga. O resultado é que se intensifican as condicións áridas no verán.

Por contra, no inverno, as estreitas canalizacións non dan desaugado, e con frecuencia os campos se inundan. No plan de regadío, os hidrantes, valvulería, caudalímetro e demais aparataxe, van encerrados en casetas, para protexelos das inundacións. Pola mesma causa, as liñas de alta tensión que levan a forza eléctrica para o bombeo non van soterradas.

Nunha das zonas, vaise extraer a auga a uns 100m de profundidade, levala ata unha balsa desde os pozos, e logo desde a balsa ata as parcelas, o percorrido total vai ser de 17qm; esto supón un despilfarro de enerxía. O carácter non sostibel do regadío amosase no feito de que o volumen previsto de rega será de máis do 90% do recollido no conxunto da cunca hidrográfica, co que en moitos anos o caudal dos ríos veráse moi afectado.

Houbo dous tipos de zonas húmidas na Limia: as veigas, das que quedan algúns retallos, e a Lagoa de Antela, chamado no país Lago Beón

As veigas son “pasteiros nas chairas de asolagamento dos ríos”. A ecoloxía das veigas é moi parella da das lagoas, agás porque as plantas son máis pequenas,e, máis que persistir por rizomas profundamente soterrados, o fan por rexeneración frecuente a partir de abundates reseras de sementes enterradas. Ao estar conectadas á chaira de inundación dun río (aquí o Limia), as taxas de perturbación son tan elevadas, e os habitats tan efémeros, que mesmo as densas matas das plantas de lagoa non poden sobrevivir. Ainda que as veigas están cubertas de auga boa parte do ano, a superficie fica enxoita varios meses en cada estación de crecemento, e, xa que logo, están ocupadas por plantas que só amosan mínimas adaptacións ao mergullamento. As veigas mantéñense como formación herbosa porque o asolagamento periódico mata ás arbores. Moitos dos xéneros comúns nestes hábitats (Carex, Cyperus, Juncus, Polygonus) producen bancos de sementes persistentes; por exemplo, nunha lagoa pode haber unhas 3,000 sementes por metro cadrado, e nunha veiga unhas 40,000. As sementes enterradas “detectan” as condicións adecuadas para xerminar pola fluctuación da temperatura do solo, polo incremento da cantidade de luz, e pola cualidade desta (parece que unha combinación adecuada de altos níeis de luz e temperaturas fluctuantes son a mellor receita para o xerminar, condicións que poden darse cando o pastar do gando, por exemplo, remove biomasa). Se se eliminan nas veigas (por regularización do río) os longos períodos de inundación, remóvese o “filtro” que mantén fóra as plantas leñosas.

As máis das veigas da Limia xa desapareceron, agás na zona suroccidental. Eís as Veigas de Ponteliñares, que son un Lugar de Interese Comunitario.

No LIC Veiga de Ponteliñares hai dous habitats de interese: lagoas eutróficas naturais con vexetación Magnopotamion e Hydrocharition e ríos de pisos de planicie e montano con vexetación ranunculión flutantis e Callitricho – Batrachio. Nela hai varias especies de aves consideradas fauna de interese: Pica papuda (Anthus campertris), cegoña branca (Ciconia ciconia), lagarteiro (Falco tinnunculus), becacina craba (Gallinago gallinago), garza pequeña (Ixobrychus minutus), picanzo vermello (Lanius collutio), cotovía pequeña (Lullula arborea).

A veiga de Ponteliñares é un dos poucos lugaresde Galiza onde se ten confirmada a presenza do cardo vivíparo Eryngium viviparum

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), denunciou a "destrución do Lugar de Interese Comunitario (LIC) da localidade ourensá da Veiga de Ponteliñares, onde están sendo taladas árbores centenarias, de forma indiscriminada". Afirma esta asociación ecoloxista, nunha nota de prensa, que esta tala estase producindo nas zonas de Ordes e Congostro, do municipio ourensán de Rairiz da Veiga, despois de que "a consellería de Medio Rural, lles anunciase ós veciños que proximamente ían comezar as obras de concentración parcelaria en parte estas dúas parroquias".

A FEG indica que, aínda que polo momento se descoñece se existe proxecto de concentración parcelaria, os veciños comezaron unha tala indiscriminada de árbores centarias que destrúe totalmente a zona de arboredo da contorna. Ademais, para intentar localizar os marcos, cubertos pola maleza, os propietarios están levando a cabo un sistema de limpeza que consiste en facer queimas que calcinan toda a vexetación. Estes sucesos estanse producindo, segundo a FEG, ante a pasividade da Xunta, que "parece que non lle preocupa que se destrúa un importante Patrimonio Natural".

A lagoa de Antela, que foi a segunda do Estado español pola superficie ocupada. A súa superfície variaba de ano en ano, segundo as precipitacións, a superfície promedio, na invernía, era dunhas 7,000 ha (3,500 da lagoa e outro tanto de veigas espalladas pola depresión da Limia). No estiaxe, a superfíce da lagoa reducíase ata dous terzos. A profundiddade era de ½ m, agás nalgunhas zonas máis fondas, coñecidas como “pozos”, que chegaban aos 3 m. A auga proviña da chuvia, duns “poucos regatos de curto percorrido e escaso caudal, procedentes das montañas circundantes e que desaparecían gradualmente na estación seca”, e da auga soterraña que viria das montañas circundantes, que actuarían como “zona de recarga” do acuífero.

Foi desecada entre o final da década do 50 e principios dos 60 de século pasado, ao abeiro da “lei Cambó”, de 1918 (e que estivo en vigor ata 1986), que fomentaba a desecación das zonas húmidas, consideradas insalubres. Aínda que había algún casos de paludismo nalgúns lugares da contorna da lagoa,a desecación desta tamén tivo que ver co interese do franquismo de rematar, xeito brutal, coa agricultura tradicional, substituíndoa por outra ligada ao modo capitalista de produción.

Coa desecación da lagoa de Antela extinguíronse, como reprodutoras en Galiza, 11 especies de aves acuáticas, e dúas (cegoña e mazarico) pasaron a nidificantes ocasionais; outras 12 especies viron os seus efectivos dizimados, pola desaparición de zonas que utilizaban para a alimentación e repouso. (Segundo S. Gonzalez, do CSIC).

A pesares da catástrofe que supuxo a desecación da lagoa, a Limia ten aínda gran interes verbo da biodiversidade. Segundo a SGHN, hai na bisbarra 396 especies e vertebrados: 4 peixes, 12 anfíbios, 12 réptis, 226 aves, 42 mamíferos. Hai 23 especies de aves (14 reproductoras) incluidas no Anexo I da UE, e outras 7 especies (1 peixe, 1 réptil, 5 mamíferos) incluidos no anexo II. A Limia é a principal área galega de invernada e cria de 5 especies de aves. Desde 2002 é a primeira zona onde se reproduce a garza real; amais, é unha das poucas áreas ibéricas de cria da cerceta real, e é unha das tres localidades europeas de cria do mazarico rabinegro Limosa limosa. pois danse nela 56 especies de aves (15 delas reproductivas)

. Unha recente sentenza condeou a Administración por non ter declarado Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) duas áreas incluidas no inventario ornitolóxico de 1998, A Limia e Pena Trevinca.

No vran de 2007, a Xunta anunciou que A Limia seria declarada ZEPA; esto levou a mobilizacións na Limia, de primeiras a iniciativa do PP, logo apoiadas polo Sindicato Labrego Galego. En Novembro dese ano, unas 1,000 – 3,000 persoas (dependendo de quen fixo as estimacións), manifestáronse en Xinzo contra a declaración de ZEPA; temian que este recoñecemeto pexara as actividades agrícolas (uso de pesticidas, practicas deforestadoras, etc).

A lagoa xa tiña sido desecada polos romanos (no primeiro terzo do século segundo d.n.e, co emperador Adriano), a traveso dunha gran cal que drenaba a auga ao rio Limia, augas abaixo de Xinzo; desde a desecación ata Idade Media, a zona foi unha gran productora de cereal, o que lle valeu á Limia o nome de “Palla Áurea”, e dela díxose “Tulla de Galiza”. Logo,pasado o tempo,dalgún xeito, a drenaxe entupiu e a lagoa rexenerouse.

No século XIX, no reinado de Fernado VII, houbo un proxecto de desecación,de iniciativa do correxidor de Xinzo, daquela críase que o tintimán da desecación estaría na apertura dunha canle máis ampla en Ponteliñares; ese era o funíl que empozaba as augas da lagoa.Pode que parte do proxecto se puxera en obra.Máis abaixo de Ponte Liñares, no lugar dos Eidoiros, nas parroquias de Güin e Paradela, “ no tramo compredido entre a ponte e o muiño chamado do Couselo… consérvanse canalizacións en pedra que, segundo a tradición oral, obedecian a unha tentativa de outro tempo de canalizar o río.

A desecación definitiva da lagoa fíxose afondando e ensanchando a vella cal romana, que actuou como desaugadoiro, levando a auga da lagoa ao río Limia. Perpendicularmente a esta cal principal fixeronse outras secundarias, perpendiculares a esta, e rectilíneas (produto da “rectificación” de ríos preexistentes); estas canles colectaban a auga da parte suprior da capa freática, actuando como minas de auga a ceo aberto (colectaban a auga que fluia a zanxa, e, como están algo inclinadas, a conducian á cal principal). A desecación, deforestación e achanzamento do tereno permitirían que o vento levantase pó, orixinando erosión e contaminación atmosférica (as partículas de pó poderian levar pesticidas); para evitar isto, plantáronse reas de arbores á beira desas cales, que fan de tornaventos, e esas arbores permiten disteralas: son sebes duns dez m de ancho, e hai dúas de alciprestes, dúas de piñeiros e dúas de eucaliptos, e están separadas da cal por una pista da concentración parcelaria. Mais ou menos perpendicularmente estas van as canles de drenaxe terciarias, máis estreitas, e abeiradas por salgueiros e rexeneración espontánea, que permite identificalas.

As obras hidráulicas realizadas foron:

Ancheamento, afondamento e rectificación da canle de evacuación realizada polos romanos.

Limpeza e dragado ,e rectificación dos ríos existentes.

Construción de estreitas e profundas canles, que actúan como sanglas, ou “minas” de auga a ceo aberto, que drenan a auga ata a canle de evacuación, que leva a auga ata o río Limia

A partir da confluencia da canle de evacuación co Limia, construción de moutas lonxitudinais, que aumentan a capacidade do cauce (para previr as enchentes).

Estabilización das beiras (que antes divagaban polas chamadas chaves).

Todo estoprovocou un proceso “de incisión de cauces, favorecido polo terreo areoso, o que provoca un excesivo descenso da capa freática, que se alonxa das zonas prospectadas polas raices, o que orixina un aumento da sequedade, e das necesidades hídricas durante o verán, agravado pola eliminación das sebes pola concentración parcelaria.

Hoxe fálase abertamente de recuperar a lagoa. Os máis afoutes partidarios desto avogan por esta “folla de rota”:

-Adquisición de terreos marxinais paraagricultura (que o son, en patre, polo seu frecuente asolagamento). Primeiro, adquisición dos situados por debaixo dos 616,5 m s.n.m., preferiblemente os situados a carón de canles e drenaxes.

-Logo, adquisición dos situados a 617 m que linden con outros de altura inferior, ou que estean a carón de canais.

-Logo, adquisición de outros que permitan conectar algúns dos anteriores entre si.

Ancheamento e reducción da profundidade dos caanis e drenaxe a expensas das pistas.

-Creación de charcas someras en tereos públicos Ipistas de aviación, granxa da Deputación, terreos da Xunta).

A desecación da lagoa trouxo a creación dunhas dispersas pseudozonas húmidas: as areeiras

Estas explotacións extraen a area da cunca sedimentária mediante explotacións a ceo aberto; cando o furado acada a somera capa freática, enchese de auga. Cando o burato é xa profundo de máis, abandónase , ´é colonizado por aves ligadas a auga, e , en menor medida, por vexetais. As areeiras concéntranse no concello de Sandiás. Cobraron importancia a partir do ano 72, cando se prohibiu a extracción de arwa na desembocadura do Ulla. En conxunto, ocupan unhas 250 ha. Alguns buratos de explotacións abandonadas teñen sido “rexenerados”. Esta ten consistido no axeitamento dos noiros (que eran de moito pendor, e lle foi suavizado), na revexetación das beiras e na creación de illas artificiais. Segundo a SGHN, “os resultados da restauración non son mellores que os da simple naturalización espontánea”. En xeral, a intervención humana nas zonas húmidas pode ser de restauración, de creación e de mitigación. As areeiras son de “creación” (aínda que se presentan como de mitigación da perda do lago Beón) involuntária, nelas aplicouse unha inconsciente aproximación de “autodeseño”: non se procuraron unhas determinadas especies de animais e plantas, senón “benvido o que chegue”, e non está mal, pois é a opción máis aconsellada (por económica e funcional) na literatura do ramo.

A chamada “Cunca de Xinzo de Limia” constitúe unha unidade de seu. Eis a caracterización que dela fai X. R. Seara en “As augas subterráneas”:

“A cunca de Xinzo de Limia, cunha extensión de 250Km2 é a maior de todalas depresións tectónicas de Galicia. Situada na parte centro-meridional da provincia de Ourense componse, en realidade, de dúas subconcas case separadas polo Horts de Xinzo – A Pena: a depresión de Antela, drenada pola canle da antiga lagoa do mesmo nome, ó norte e a depresión de Abavides, drenada polo río Limia, ó sur.

Os traballos máis recentes nesta cunca foron efectuados por ENDESA en 1990 e corroboraron o seu carácter de depresión tectónica intramontañosa rechea por depósitos fluvio-lacustres de escasa enerxía e entre os que se intercala un potente nivel de lignitos na subcunca de Antela. É nesta subcunca mellor coñecida pola existencia do depósito de lignitos) onde a favor dos depósitos máis areosos se instalou un acuífero multicapa que se pode dividir en dúas grandes unidades separadas por un nivel arxiloso-lignitífero de 10 a 70 m de grosor…

A unidade superior funciona como un acuífero semiconfinado de 40 a 120 m de espesor e proporciona caudais de 120 a 400 l/s, mentres que a unidade inferior, duns 130 m de potencia, responde a un modelo de acuífero confinado e os seus caudais oscilan entre os 50 e os 250 l/s.

Calcúlase que a reserva total de auga na cunca de Xinzo de Limia ascende a uns 400 hm3, sendo o seu volumen de auga renovable de aredor dos 90 hm3/ano. Tódolos datos apuntan a que o sistema é prácticamente estanco pola impermeabilidade o zócolo cristalino polo que a súa única saida se canaliza a través do río limia en dirección ó sudoeste. O acuífero mantense prácticamente saturado e na subcunca de Antela o nivel freático da unidade superior áchas case a rentes do chan mentre que o nivel piezométrico da unidade inferior podería mesmo chegar a alcanzar localmente unhas condicións artesianas.”

“ A depresión da Limia cúbrea un magnífico depósito aluvial areoso postalpino (Cuaternario) de grnade importancia. Os sedimentos da antiga lagoa de Antela constitúen unha serie detrítica de considerable potencia (superior os 200 m nas zonas centrais), sendo a parte superior (80 m) de idade Cuaternario recente e a inferior, posiblemente, de idade Pliocena. O depósito cuaternario está composto por 30 m superficiais de areas arcósicas, intensamente explotadas polas areeiras dende hai 20 naos, seguidos por 25 m de alternancias de arxilas areosas con areas e 25 m de areas arcósicas cun delgado nivel de turba entre arxila gris, relacionado con episodios palustres”. A arcosa é unha area feldespática, rica en cuarzo e feldespato, e indica predomínio da meteorización mecánica sobre a química, o que indica condicións climáticas non moi húmidas nen moi cálidas.

A Limia é unha depresión morfotectónica semiendorreica, que forma parte da depresión meridiana da Galicia, xunto coas de Maceda e Monforte de Lemos. Está encadrada por horsts, e ela é unha foxa tectónica recheada de sedimentos. Un pequeno horst, no que está o castelo de A Penal, divide o espazo da antiga lagoa da zona por onde vai o río Limia. A Limia ten unha morfoloxía “fundamentalmente chaira, con drenaxe insuficiente, baixa capacidade de carga e peigo apreciabel de asentos”. O clima pode caracterizarse como “mediterraneo subhúmido de tendencia atlántica” (Allué)

Unha das formacións máis interesantes da Limia é a bosqueira, que hoxe só queda no Concello de Rairiz de Veiga, o único onde non se fixo a Concentración parcelaria.

Neste concello, separando prados e cultivos hai formacións arbóreas caducifolias lineais, que se di que “significan os restos do bosque primixenio”. Amais, hai orlas de arbores abeirando camiños e corredoiras, e tamén flanqueando os numerosos regos e regatos, asi como en parcelas adicadas á producción de madeira (touzas). Vista de lonxe, esta formación arbórea reticular semellaba unha densa masa boscosa, chamada A Bosqueira. Predominan, nos camiños e bordes de cultivos, o carballo Quercus robur, nas terras non aproveitadas (en abandono) está a instalarse o bido Betula celtiberica, nos sitios máis frecos, o freixo Fraxinus angustifolia, e nos rios e regatos o amieiro Alnus glutinosa.

En conxunto, a bosqueira representa un agrosistema complexo estructuralmente, con diversidade de especies leñosa e diferentes idades. Describese, ás veces, a bosqueira como “arboredo caducifolio adevesado con pasteiros e cultivos dispostos en mosaico”.

Seguindo a regra empirica de que a maior complexidade de habitat, maior variedade e densidade de especies, a ornitofauna é máis rica na bosqueira que en calquer outro tipo de habitat de Limia. Por exemplo, hai, na bosqueira, 27 especies de aves en cada 10 ha, e só 9 especies nas zonas con concentración parcelaria; verbo do número de individuos, hai, na bosqueira uns 80 individuos (de especies reproductoras) por cada 10 ha, e só 15 nas zonas de concentración parcelaria.

Na bosqueira hai gran riqueza de páridos, columbidos, sílvidos (papuxas, picafollas, estreliñas) e túrdidos (tordos, merlo), e algo menos de emberícidos (escribenta) e frinxílidos (pimpín, xílgaro), e algo de córvidos. Nos medios menos arborizados ,hai máis aláudidos (lavercas, cotovías)-

A bosqueira adoita poñerse como exemplo de “paisaxe ecolóxica” (sexa iso o que fora). Adoitan porselle unha serie de ventaxes ás sebes arborizadas (iso é, en boa medida, a bosqueira):

Minora ata un 30 – 50% a velocidade do vento

Reduce as perdas de auga por evaporación ata un 25 – 30%

Atenúa o arrefriado so solo no máis da superficie da parcela

Protexe da erosión eólica, evitando a perda de partículas e dos nutrintes contidos nelas

Funcionan como “filtro verde”, descantaminando a auga

Poden incrementar ata un 15% o rendemento dos cultivos

Incrementan a biodiversidade.

O lago Beón era cruzado por dous camiños. Ao sul, un camiño ía de Sandiás a Xinzo. Outro, ao norte, ía de Casasoá a Cortegada. Eran camiño elevado en agger, con coidados drenaxes laterais, e en certos lugares con subase de armazóns de madeira, dispostos sobre grandes blocos de granito; cecais a feitura primitiva fora romana. Na excursión entraremos na Limia polo camiño do N, e pararemos na Pedra Alta.

A pedra alta é unha anta (ou pedra fita); hai quen pensa que “Antela” é un diminutivo familiar da Pedra Alta. Según M. Marvoa, esta é un menhir de función non mortuoria (como os máis dos megalitos), senon delimitativa, denotando un lugar de interés sacro ou comunal, ergueito no 2,000 – 2,200 a.n.e. A pedra non está no seu lugar de orixe, ainda que sí moi perto del. Estáno límite de concellos, nunha via que ía de Xunqueira de Ambia a Monterrei, que cruzaba coa calzada XVIII do itinerario de Antonino en Casasoá. A Pedra ten unha inscripción: IN DOMININOSTRI IHESUS WIMARA EBORONI, e tes crucescoa letra E. Esto implica a cristianización e reutilización da sua funcionalidade, primeiro delimitou parroquias, e logo, concellos. A Pedra ten 3,47 m de alto e pese duas toneladas e media.

Nesta parada poderemos ver, no burato dunha areeira, a natureza xeolóxica do acuífero da Limia,a pantasma da lagoa, con retrincos da planta que lle deu nome ao lago, o beón, Scirpus lacustris, as canles de drenaxe terciarias, e os trebellos de rego. O beón ten, como moitas herbáceas das zonas húmidas, os tallos reducidos a simples cilindros fotosintéticos. Un cilindro ten a mínima superficie posible para un determinado volumen, co que minimiza o risco de danos mecánicos queodan ocasionar a auga corrente, ou as ondas.

En onda co que pasa en todo o estado, hai un movemento que quere a recuperación da lagoa,e da chaira de inundación do río Limia.

Os planos propostos para a rexeneración do río son os seguintes:

-Diminución das pendents laterais da canle (ata facelas menores do 25%). Esto favorecería a vexetación, ao ser máis estable, e aumentaría a conexión entre e chaira de inundación e a canle, amais de disipar a enerxía nas enchentes.

-Recuperación da sinuosidade da canle.

-Creacion de zonas húmidas e bosques aluviais, aproveitando que moitas zonas adxacentes ao cauce son zonas marxinais abandonadas.

-Rvexetación do espazo ripario, nunha largura mínimo de 10 m.

-recuperación das veigas ou chaires de inundación: Veigas de porqueira, de Rairiz de Veiga, de Vilar de Santos.

-Supresión das pistas sen interés agrícolas comprendidas entre as leiras e o río. Supresión da estrada de Sainza a Toxal – Airavella.

-Eliminación das moutas de area e pistas a carón dos ríos limia e Fírbeda, o que permitiría a sua conexión cos antigos meandros e chairas de asolagamento.

Naturalización das charcas das areeiras.

-Eliminación das entulleiras de concentración parcelaria que colmatan algúns meandros.

A MARISMA DA RAMALLOSA

A marisma é un LIC, no que, segundo a Consellaría de Medio Ambiente hai os seguintes habitats de interese :

  • Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi)
  • Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)
  • Mato halófilo mediterráneo e termoatlántico (Sarcocornetea fruticosi)

e a siguiente fauna de interés:

  • Lontra (Lutra lutra)
  • Lavanco real (Anas platyrhynchos)
  • Garza real (Ardea cinerea)
  • Agulla colipinta (Limosa lapponica)
  • Carrán cristado (Sterna sandvicensis)

O LIC exclue un espazo de gran interese (incluso maior que a do propio LIC) anexo a el: a Xunqueira da Ramallosa

A excursión podería empezarse na Praia Ladeira, preto da ermida de Santa Marta; un bo momento seria unha hora e media antes da baixamar.

A escolla deste punto débese a que unha característica sobranceira das marismas é que están sempre protexidas da acción directa da ondaxe, e a praia de Ladeira é unha barra areosa que protexe e aílla do mar á marisma.

Ao inicio do paseo, a fineza da area (pode considerarse barro sapropélico) indica que estamos nun medio sedimentario de baixa enerxía, e os organismos da praia son, principalmente, vermes filtradores: verme de tubo Nereis spp, cagulo Arenicola marina, “miniarrecífes” de Sabellaria… e,as veces, serfas.

Algo máis adiante chégase a unha zona estrada de verdello; estas algas clorofíceas indican a presenza de auga doce, da desembocadura dos ríos; desde a instalación da depuradora de A Palma o verdello é máis abundante, o que quizais indique una “fertilización” da auga que trae a enchente da marea.

Nesta zona é frecuente que o material de arribazón que deixa o devalo da marea estea organizado en zonas, e non depositado de xeito máis ou menos continuo, como acontece nas praias abertas; mais a baia de Baiona é un xeito de cunca pechada, e ao entrar nela, a maré “rebota” na costa, e a onda “de rebote” superponse á de entrada, orixinando subidas e baixadas máis pronunciadas e discontínuas. Isto é un xeito de onda estacionária, chamada seiche , e podería comparase ao que sucede se nunha bacia facemos abalar a auga dándolle dun lado para outro, ata que as ondas se superpoñen e a auga reborda… Un seiche ten sido detectado por F. Vila e outro na enseada de San Simón, de morfoloxía semellante á baia de Baiona. Ainda que non é máis que unha suposición, as reas espazadas de algas, cunchas, etc, pode que sexan a manifestación visual dun seiche.

Onde o posto de socorro da praia saímos cara ao fondo da marisma. Desde a ponte tense unha boa vista dela. Pódese distinguir a zonación dos vexetais, moi neta, e que é debida a un dobre gradiente medioambiental: é a salinidade e o tempo de asolagamento quen ordena as bandas de vexetación. Canto máis alonxado do mar está un punto concreto, máis alto, e menos auga, e menos salgada chega e el; semella que cada banda está ocupada por unha especie vexetal capaz de aturar máis salinidade que a adxacente situada máis cara a terra. Asi, cara ao interior, unhas herbas rubias corresponden á graminea Festuca rubra; máis cara ao mar, masas do xunco marítima; ainda máis cara ao mar, ou nas canles por onde entra auga salobre na maré alta, a verdolaga mariña; máis abaixo, Triglochi maritima. E, ao fondo, a esquerda, xa en contacto aberto co mar, o cesped de Spartina.

Pero non é o gradiente químico- físico o único responsable da zonación. Véxase, preto da ponte, a distribución da verdolaga: Ao facerse un recheo de terra, para aparcamento e construción dun paseo, a verlogaga “subiu” desde a zona onde estaba ata o novo terreo engadido, e a pouco e pouco, vai sendo desprazada de alí por especies da flora ruderal, como o fiuncho. É dicir, a distribución está determinada, na zona inferior, polo “gradiente ambiental” (neste caso, a salinidade e o tempo de submersión), e na zona superior pola competencia. Isto é a norma na zonación dos humedais, e tense comprobado en experiencias de eliminación de vexetación. Semella que as especies son desprazadas dunha zona da súa distribución potencial onde estarían mellor (serian máis altas, con máis biomasa…), e ocupan unha zona onde poden aturar as condicións medioambientales mellor que os seus competidores. Tense comprobado que S. alterniflora ten menor rendemento na parte inferior das marisma, e maior na parte alta.

Merece sinalarse que T. maritima é, tecnicamente, un “halofito calcífilo”; a súa presenza pode ser debida a gran abundancia de conchas calcáreas dos moluscos.

Nesta zona poden verse os restos dunha embarcación , parcialmente cubertos de sedimento, o que indica a actualidade da sedimentación; no conxunto da marisma, tense estimado que esta procede a 1 mm por ano, aproximadamente.

De aquí regresase á praia, e continúase a camiñar cara asua punta.

A altura da metade do camping é posible ver acúmulos verdes nos regos que se forman na area; tratase de miríadas de vermes turbelarios Convuluta sp, que albergan algas clorofíceas unicelulares como mutualistas.

O camping, que é una concesión por 25 anos, ten construído una plataforma ou malecón de grandes pedras sobre a area, para gañar superficie útil, invadindo a zona de rompente das olas; esto fai que a Praia teña retrocedido, pois as olas chegan con tanta forza que rebotan no malecón, e non só non deixan a area que transportan, senón que teñen arrastrado parte do depósito anterior, de tal xeito que este treito de praia desaparece coa marea alta moitos días. Este malecón ten permitido á empresa concesionaria realizar una serie de bungalows que se debruzan sobre a Praia, cun gran impacto visual; estes foron denunciados, ao abeiro da lei de costas, e hai una sentenza firme de derribo. Lonxe de acatala, a empresa ten construído máis, e hoxe pasan xa de 80.

Os restos de arribazón albergados entre o entullo do malecón, ben arriba, indican o que lle foi roubado ao espazo público.

Mais a erosión da praia nesta zona ten unha orixe algo máis complexa. De primeiras, a praia Ladeira sería un cordón areoso situado diante das desembocaduras do río Groba e o río Belesar. Alí se acumularían os sedimentos transportados polos ríos e os que depositaban as correntes da marea enchente, que entraban pola zona de Santa Marta, e se deslizaban paralelamente á costa, deixando como unha barra de sedimentos; a presenza desa barra acentuaba o proceso de sedimentación, e a barra creceu e creceu, ata unirse á costa en Santa Marta, formándose a actual praia. Hai varias décadas fíxose no Monte do Boi un espigón para protexer as embarcacións deportivas; este alterou as correntes de maré, e a dirección do oleaxe que impulsaban os ventos do W, o que orixinou un crecemento da area na zona adxacente a Santa Marta. Logo. Máis recentemente, o espigón ampliouse (é a actual “Doca”), que desviou as correntes e o oleaxe cara a zona do camping,desencadeándose alí un proceso erosivo acentuados polo recheo do camping

Ao final do camping hai unha pequena lingua de area, vexetada con herbas e piñeiros; esta zona foi engadida desde inicios dos anos 70, pois ata daquela dragábase area nesa zona. Cando se prohibiu a extracción, depositouse un novo anaco de praia.

Desde a punta da praia pódese ver Ladeira en toda súa extensión. É unha frecha litoral, adosada ao outeiro de Santa Marta, produto da distribución dos materiais que transporta o río Miñor, e que as correntes de marea levan contra a costa.

Na punta de Ladeira comeza a marisma de A Ramallosa.

Este humidal é, tecnicamente, un sistema de lagoa costeira (lagoon – marisma). Unha lagoa costeira é “unha masa de auga semipechada e conectada co mar aberto a traveso dun sistema de barreiras”. Aquí, a barreira é a frecha litoral de area-

Na marisma péscase (pesca deportiva,xusto na punta da barra, principalmente); maríscase; cóllese bicho para engados;paséase en pirauga; observanse aves….

A marisma serve de lugar de desove e cria para moitas especies migratorias; moitos peixes, crustáceos e moluscos pasan unha parte do seu ciclo vital na marisma. Un bo número de aves teñen acubillo nela, algunhas para alimentarse, outras para descansar e acicalarse, outras para criar… Un risco característico das marisma é que moitas especies non se alimentan directamente sobre das plantas, senón que forman parte dunha elaborada rede que está baseada en descompoñedores ou detritívoros, que actúan como un elo crítico na conversión da produción vexetal en biomasa animal. En certo sentido , son opostas as turbeiras, nas que a acidez do substrato limita moito a actividade dos descompoñedores.

Nesta zona dáse un proceso temporal dobre. Na escala do milenio, o aumento do nivel do mar vai facendo que a auga doce penetre terra adentro. Na escala do século, os sedimentos transportados polos ríos Miñor, Groba e Belesar, van enchendo o ámbito. A taxa de sedimentación debe ser da orde de 1mm de altura ao ano.

A evolución da zona, ao longo do tempo, ten sido: primeiro foi un esteiro; logo foi unha lagoa costeira. Hoxe, esa zona está en avanzado estado de colmatación, sendo unha superficie sedimentaria cunha suave pendente cara ao nivel permanente das augas mariñas; fica ao descuberto na marea baixa, e é invadida pola penetración mariña con cada ciclo de marea. Actualmente está na fase de “chaira de maré”. A posible fase ulterior sería unha “marisma salobre”, que “representa o recheo dunha depresión e constitue en certa medida a estabilidade ou o equilibrio costeiro.

Diferéncianse tres niveis.

1 Marisma supramareal, situada no nivel máis arriba das mareas máis altas

2 Baixa marisma, con especies vexetais halofíticas

3 Chaira intermareal, na que se poden diferenciar varias unidades, formadas por distintos sedimentos. Este nivel está nun estado relativamente inmaduro; vai cara a un estado maduro, no que só será mergullada nas mareas equinociais.

Ao entrar a auga coa maré segue tres dirección principais.

Unha vai paralela a frecha areosa, seguindo groseramente o curso da foz do río Groba – Belesar; a carga de sedimentos da lugar a acumulacións fangosas

Outra vai cara ao río Miñor, e é onde sa adn os maiores movementos de sedimentos.

Finalmente, hai outra dirección de entrada, entre os ríos Groba – Belesar e Miñor, con sedimentos areosos finos, e fangos.

O resultado do aporte de sedimentos que veñen do mar e que aportan os ríos configuran zonas con diferente substrato.

Hai unha zona A, na entrada da marisma (onde conflúen o Miñor e o Groba), onde predomina a area (que se prolonga paralelamente á frecha litoral, pola súa parte interior).

Hai outra zona B, no interior, que limita coa vexetación de marisma e co muro do leste, onde predomina o fango.

Hai , entre as dúas outra zona C de sedimentos mixtos.

Entre a zona A e a B hai un retallo de marisma.

As zonas son dinámicas,e, desde o fondo ao exterior, dada unha tende a avanzar encol da zona adxacente.

Cada unha destas zonas diferénciase das outras polo tipo de sedimentos, xa que logo, e polo tempo que están cubertas pola marea (menos tempo canto máis cara ao interior). Estas diferentes condicións condicionan a presenza de diferentes organismos en cada unhas delas-

Verbo dos animais sésieis, fundamentalmente detritívoros( coa excepción de Peringea), e específicamente filtradores, a distribución é, aproximadamente:

Zona A. Tellina tenuis (ameixa cadelucha); Loripes lacteus (un pequeño lamelibranquio); Diopatra napolitana; Lanice conchilega (un verme de tubo, que sobresae algo do fondo); Nephthys sp (verme oligoqueto); Arenicola marina (cagulo).

Zona B Scrobicularia plana (ameixa cadela); Nereis diversicolor (verme de tubo); algo de Arenicola marina (cagulo).

Zona C Arenicola marina; Peringea ulva (un pequeno gasterópodo semellante ao cornecho); Tapes decusata; Cerastoderma edulis (croque); Nephthys sp (un verme poliqueto).

Se nos animais semella que é o tipo de substrato o principal condicionante da súa distribución na marisma, o que máis influe na distribución dos vexetais nela é a salinidade.

Na zona máis próxima ao mar aséntanse as lenes pradeiras de seda mariña pequena, Zostera noltii, que fican ao ar na marea baixa (entre elas pode haber abondancia de verdello, Enteromorpha spp e de verza, Ulva sp).

Ven logo unha ampla banda dunha gramínea que forma unha herbeira vivaz, halófita, característica do solo lamoso, Spartina marina, en cuxa base pode haber verdello. Esta banda, afectada diariamente polas mareas, xoga un importante papel na sedimentación, pois amortece as correntes, e entre as herbas vanse depositando sedimentos. Esta banda é cuberta totalmente nas mareas vivas. O esparto de mar está adaptado a aturar o enchuopamento do solo e a salinidade. Fronte ao primeiro, pode cambiar ao metabolismo anaeróbico, e expulsar ao medio etanol (que lle resultaría tóxico); fronte ao segundo, pode excluír ata máis do 90% dos ións da auga salina, sendo capaz de absorber preferentemente polas raíces o K+ e excluír o Na+, e, inversamente, excretar polas glándulas das follas Na+ selectivamente con respecto ao K+, amais, ten a capacidade de oxidar os sulfuros tóxicos,nas raíces, ata sulfatos.

Nesta zona hai un xeito de táboas chantadas no chan lamacento; serven (ou serviron) de delimitación de zonas para o marisqueo do caramuxo (Littorina littorea), que vive na base do esparto de mar, e que é considerado moito máis saboroso que o da costa rochosa de auga máis salgada.

Máis arriba asentase unha vexetación perenne, típica das marismas,nunha zona inundada con frecuencia, nitrificada polos aportes da marea e dos ríos.

Nunha primerira banda danse as plantas que son cubertas diariamente pola auga, pero que fican moitas horas emerxidas. Predomina na Ramallosa, nesta banda, a Salicornia ramosissima, quenopidiácea de tallos articulados e suculentos, e follas reducidas (adaptacións que lle permiten aturar o medio salino). Nunha situación máis alta que esta está Halimione portucaloides , de característico aspecto brancuxo .

Cara ao fondo da marisma, perto da ponte próxima ao camping, a diversidade florística aumenta, pois as condicións son menos extremas, e máis variabeis. O xunco Xuncus maritimus , unha composta exótica, Cotula coronopifolia, unha xunxaxinácea rizomatosa, Triglochin maritima, un césped halófito de Puccinellia maritima perto da entrada do camping…,

Aínda máis arriba, e xa na zona de terra protexida por un muro a xeito de socalco, aséntase a xunqueira. Aquí, a salinidade é menor. Predomina o xunco de mar Juncus gerardii . Debeu de ter sido pastoreado ou segado, pois, algo máis cara a terra hai unha gramínea adaptada á salinidade, Festuca rubra ssp litoralis. E, máis lonxe do mar, a carretera trunca a marisma.

Verbo das aves, non hai na marisma “grandes concentacións de individuos, nen permanecen moito tempo; mais semella que empregan a Foz como lugar no que repoñer forzas antes de acadar as áreas de invernada no paso postnuncial (agosto – setembro), ou ás zonas de reproducción do norte europeo durante o paso primaveral de febreiro – marzo.”, di F. Lahuerta, que cifra en 113 as especies de aves “ligadas á Foz como zona húmida” (3 sps de mobellas, 4 de somogullos,3 de pardelas, 1 de paiños, 1 de mascatos, 2 de corvos mariños,1 de rabiforcado, 3 de garzas, 2 da Familia Threskiornithide, 12 de Anátidas, 3 de rapinas, 2 falcónidas, 2da familia Rallidae, 27 limícolas, 1 papamerdas, 12 de gaivotas, 6 carráns, 4 araos, 1 da familia Alcedinae, 2 lavandeiras, 5 sílvido, 2 córvidos, 1 troglodytidae,4 turdidos ,1 muscicapidae, 2 páridos, 1 esturdino, 1 passeridae, 3 frinxílidos… 2todas elas foron observadas na Foz ou nos arredores…nos últimos anos”, o que significa que algunhas (como o rabiforcado) son de presenza accidental).

A marisma foi moito máis extensa do que hoxe. Exténdese, cortada pola “ponte romana” e a ponte nova, polo Miñor arriba, case ata onde a autopista cruza o río (a beira da esquerda está ainda bastante ben conservada), e extendíase por a actual carretera de acceso a Baiona.

O MONTE VIXIADOR

Ao comezo da excursión hai un ameneiral. É unha formación arbórea homóloga das várzeas , ou bosques inundábeis ecuatoriais. A súa composición florística é moi simple: un estrato arbóreo de ameneiro Alnus glutinosa, e outro herbáceo de Carex levigata. O solo, lamacento, é rico en materia orgánica, e de condicións redutoras, como o amosa a presenza de precipitados de ferro (véxase o anexo I ao final do texto). Estas condicións son debidas ao enchoupamento do solo boa parte do ano ,pero a capa freática baixa alomenos nuns 2/3 da estación vexetativa do ameneiro. A variación estacional da capa freática debe ser de entre 1 e 2 m. O amieiro concentra o crecemento na primavera serodia e no verán, cando é máis probable que o chan estea seco.

Segundo F. J. Silva – Pando e A. Rigueiro , esta arbore ten “…adaptacións a este medio (que) consisten no desenvolvemento dun sistema radical profuso e en facer circular ata as raíces parte do osíxeno que debería voltar ao aire nos intercambios gasosos característicos da fotosíntese, superando desta maneiro a dificultade respiratorio das raíces nun medio asolagado”. Segundo estes autores, os amiais son “formacións dos pisos colino e montano, en ombroclimas húmido e hiperhúmido,así como do supramediterráneo húmido, que se establece xeralmente sobre sustratos silíceos (o ameneiro é especie calcífuga) de tipo granito, gneis ou xisto. Os solos soen ser moi limosos e de tipo glei ou veiga parda alóctona, moi fértiles e con materiais arrastrados polas augas de escorrentia que circulan polas ladeiras. Con frecuencia os terreos que corresponden aos ameneirais dedícanse a cultivos agrícolas, prados ou repoboacións … (o) ameneiral espallouse considerablemente nas Gándaras de Budiño … en antigas leiras de cultivo, sendo actualmente unha formación única na Península Ibérica”.

O amieiro é capaz de formar raíces adventícias, que medran lateralmente a partir da base do tronco, e expándense nas capas superficiais do solo, que están máis oxixenadas; se as raíces están en contacto co aire, iso debe significar que a auga que enchoupa o solo non está queda, senón que flúe. Moitos dos amieiros teñen a base do tronco ensanchada, cousa debida á produción dunha hormona inducida polo encharcamento, que orixina tecidos máis laxos, favorecedores da oxixenación.

O enchoupamento do solo impide que as raíces afonden nel; este enraizamento superficial maniféstase no alto número de arbores desarraigadas polo vento que abundan nestes medios, é indicativo de que o solo está saturado de auga boa parte do ano.

Por outra banda, moitos amieiros non teñen un único tronco, senón que teñen varios; isto é debido a que o submerximento “rompe” a durmición de xemas (adventícias) no tallo. Outras adaptacións á inundación temporal que veremos nas arbores son as lenticelas hipertrofiadas ( que quedan como manchas brancuxas logo dun tempo da inundación, e serven para aumentar a toma de oxíxeno), e as bases do tallo con contrafortes (que os afiúzan nun medio algo lamacento pola auga). Estas adaptacións están máis amplamente consideradas no anexo II.

O amieiro é arbore de condicións frías. Foi unha das primeiras especies arbores que se instalou en Galiza cando remataron as glaciacións. As zonas húmidas, coa súa frescura, son con frecuencia refuxios de especies de latitudes nórdicas, ou mesmo alpinas.

Máis adiante, atopase a Lagoa Mol, hoxe fortemente artificializada, para integrala nun tratamento paisaxístico do entorno (destino que comparte con outras próximas, as Lagoas de Marcosende , a lagoa do Pozo) do Aéreo Club. A as súas beiras foron regularizadas , foi afondada e o seu desaugue canalizado; a relva do campo de golf chega ata as orelas, e debe estar contaminada polos produtos empregados para mantelo en condicións adecuadas. As protestas dos veciños propietarios dos terreos da lagoa fixeron que o Aereoclub tivera que retirar a vedazón que incluía a lagoa dentro do seu ámbito.

Un indicio desta contaminación é a dominación da masa de auga por un verdadeiro vexetal acuático (completa o seu ciclo de vida con todas as partes vexetativas sumerxídas ou soportadas pola auga), característico de augas moi ricas en nutrientes (aquí, os restos de fertilizar a relva): Nymphaea alba, de nome común ouca, tapadeira ou ambroíño de río. A súa presenza en toda a lámina de auga indica a profundidade máxima da lagoa excavada, pois esta planta non arraíza a máis de 3 m de profundidade. Como é un dos vexetais arquetípicos nestes medios, parámonos un minuto nela. Esta dominación está orixinada en que a planta deita substancias tóxicas para os potenciais competidores, aínda que se pode supoñer unha intervención de xardinería para pular unha especie que se ve bonita.

Esta ouca ten follas flotantes, cos buratos polos que intercambia gases ca atmosfera (os estomas) na parte superior da folla (os máis dos vexetais os teñen no aveso destas), e follas emerxidas (típico dos vexetais capaces de vivir cando a auga “baixa”). As follas son redondas, de bordes enteiros, de consistencia coriácea, o que se interpreta como unha adaptación para resistir á torsión causada polo movemento da auga cando vai vento (e o duro da folla tamén a protexe dos herbívoros). Están unidas ao resto da planta por pecíolos que poden medrar con rapidez cando o aumento de nivel de auga deixa as follas sumerxidas.

Toda a planta ten no interior un tecido como esponxoso, o aerénquima, que permite que os gases circulen entre as raíces e as follas; de feito, as puntas das raíces botan oxíxeno ao solo subacuático (liberación radial de oxíxeno), co que se eliminan localmente compostos (reducidos) tóxicos.

Aínda que é perenne, no inverno perde as follas, e as partes baixo a auga quedan “desconectadas2 do oxíxeno, e o rizoma e as raíces entran nun período de baixa actividade metabólica. A polinización é por insectos, e o froito , carnoso, ábrese cando maduro, as sementes van ata o fondo da auga , e xerminan se hai luz, oxíxedno e sitio suficientes.

Esta planta, de medios ricos, utilízase en tratamentos de augas residuais, pois pode retirar contaminantes directamente por asimilación ou almacenamento, ou indirectamente, potenciando a actividade microbiana a través da nitrificación (liberación de oxíxeno polas raíces) e a desnitrificación (via produción de substratos carbonosos).

A parte a augas enfesto da lagoa, onde esta é ainda case natural, está parcialmente aterrado por unha pista innecesaria. A auga que flue, lentamente, do Lagares, atópase coa lagoa artificializada, e deposita os sedimentos formando un minidelta progradante, onde se asenta a palla real Typha latifolia.Esta planta ten rizomas ben desenvoltos e gromos puntiagdos; estas estructuras considéranse adaptacións para penetrar acumulacións de restroballo. A palla real dase, tipicamente, e xunto con outras palntas con esas estructuras, en lagoas eutróficas con alta taxa de sedimentación

Nesta parte aparecen moutas de Glyceria maxima. É planta adaptada a aturar o solo enchoupado, ou sexa, as condicións de anoxia, chega a aturar de 7 a 21 dias (esto é pouco, o beón chega ata os 90 dias, pero é máis do que atura o Carex da primeira parada) sen perder o poder rexenerativo, ao comezo da estación de crecemento, cando ten amplas reservas de hidratos de carbono no rizoma.

G. maxima é un colonizador precoz, pode inhibir a chegada doutras especies, pois medra moi rapidamnete do “banco de sementes” do solo, e pode establecer unha cuberta vexetativa antes de que se instalen os gromos doutras epecies. Ten aerénquima (que se forma por eliminación de celulas), e a traveso del sofre “perda radial de O2” por difusión, e osixena a zona superficial do solo (a rizosfera), cousa que ocorre máis polo dia.

Nesta zona poden verse os procesos redox que sufre o Fe, e que son tipicos dos cuncas de sedimentación. (véxase o anexo I)

Na zona do parque recreativo de O Vixiador hai unha braña e dúas lagoas, todas moi alteradas.

A braña ten unhas sanglas, xeito de gavias perpendiculares á pendente do terreo, que se fan para que nelas se acumule auga, o que lle permite beber ao gando ceibo (cabalos), e, amais, seca o terreo e permite que medre herba. Aínda hai zonas nas que se mantén algo de esfagno. A presenza dese musgo indica auga obre en nutrientes, con pouca vida como auga subterránea.

Máis abaixo están a Lagoa Pequena e a Lagoa Grande, moi deterioradas. Nas dúas predomina unha ciperácea, semellante a un xunco: é Schoenus nigricans. A Lagoa Grande debeu ser desecada en gran parte pola plantación de eucaliptos que a arrodea, amais de pola captación de auga. No seu decaer “rompese” en cachos de turba seca non de esfagno, o que indica que a auga que a nutre é máis rica que a da primeira braña; é auga subterránea ben cargada de minerais.

A Lagoa Pequena ten sido drenada con dúas canles laterais; o desecamento permite que as silvas (especie de beiras perturbadas de regatos) a colonicen, desdibuxándolle o carácter de zona húmidas.

Se a primeira braña estaba situada nun xeito de depresión,e podería califícarse de “topóxena”, con auga case estancada, as lagoas se forman en lenes roturas da pendente, poderían calificarse de “solíxenas”, con auga que flúe de rezuma.

ANEXO I

O “ferro dos pantanos”

Nas zonas enchoupadas, a auga despraza o aire dos poros do solo, e a difusión do osíxeno voltase máis de 1000 veces máis lenta. Cando os microorganismos que descompoñen a meteria orgánica acaban co osíxeno, danse no solo condicións anóxicas, ou reductoras ( o potencial redox dun solo típico pode ser duns 400 mV, e o do solo dunha zona húmid pode ser duns -300 ou -400 mV). Estas condición redutoras producen precipitados de ferro, que son “os equivalentes actuais dos extensos depósitos de ferro de eras xeolóxicas pasadas”.

Nas zonas que visitamos hai rochas con silicatos ferromagnesianos (biotita, piroxenos, anfíboles), que por meteorización convertense en minerais arxilosos, sílica, e carbonatos solubeis de Mg, Ca, e…Fe. O Fe2+ é estable en medio reductor (como nas zonas húmidas, onde a abondante materia orgánica, e a ausencia de O2, da ese tipo de ambiente), e é soluble en auga. Cando esta auga chega a unha zona con osíxeno, o ferro osídase, pasando a Fe+3, que é insoluble, e precipita, cousa que se manifesta pola presencia dun xeito de lama vermelliza (este prceso daase en augas nen ácidas nen básicas).

Pero o proceso de deposición ten unha parte biótica, que o incrementa. Parte do Fe2+ asóciase con materia orgánica (é quelado por ácidos húmicos ou tánicos), e é movilizado con eles pola auga; cando a auga chega a unha zona con osíxeno, algunas bactérias oxidan a materia orgánica, e o Fe2+ pasa a Fe3+, que precipita en forma de oxihidrósidos paracristalinos (non se forman cristais perfectos porque o tempo de desenrolo do cristal é demasiado corto,e porque a presenza de compostos orgánicos inhibe a cristalización). A precipitación por microorganismos da ferridrita, e a abiótica da ferroxihita.

Os microorganismos que precipitan o ferro son proteobactérias (Sphaerotilus natas e Galliobacreia ferruginosa) comúns nas augas doces ricas em materia orgánica; estas bactérias forman unha baiña mucosa á que se une o ferro que precipita. Parte do ferro precipita abioticamente, pero outra parte o fai porque G. ferruginosa é un quimiolitótofo autotófico, que ten encimas do ciclo de Calvin, polo que o CO2 é incorporado na materia celular, e o ión Fe2* é utilizado como doador de electróns (pasando, xa que logo, a Fe3+). Sphaeroptilus é heterótrofo,e alimentase de materia orgánicas, os dous traballan asociados). A cantidade de nerxía ue se obten da osidación do Fe2+ a Fe3+ é moi pequena; está no límite do bioloxicamente rendibel, polo que as bacteias deben oxidar grandes de ferro para desenvolverse.

Pero a cousa non remata ahí; os precipitados de Fe3+ interaccionan co humus, e pode resultar (pesudo)disolto, quedandoa disposición doutra caste de bacterias, as reductoras do ferro. Por exemplo, Shewanella putrefaciens oxida compostos orgánicos anaerobicamente, e utiliza o Fe3+ como aceptor de electróns ( nunha repiración anareóbica), este ferro pasa entón a Fe2+, volta a empezar… esto mesmo o fan tamén Gobacter, Geoespirillum, Geovibrio…

Nas augas máis ácidas, como nos lugares onde o esfagno (musgo moi acidificante), o Fe2+ non se oxida espontaneamente. Neses medios inza Thiobacillus ferrooxidans, bactéria quimioautótrofa acidófila oxidante do ferro, que acelera a oxidación por un factor 6 (tamén oxida os sulfuros de orixe orgánica). Forma unha tona iridiscente, semellante a unha lene mancha de petróleo (pero se se rompe non se rexunta axiña, como o faría un hidrocarburo); o óxido ferríco insoluble precipita

ANEXO II

Características dos vexetais das zonas húmidas

Os vexetais que medran en zonas húmidas chámanse, tecnicamente, hidrofitos ; o uso deste termo é hoxe diferente ao que era a principios o século pasado. Hoxe significa “unha planta individual adaptada á vida na auga ou en solos inundados e/ou saturados (solos hídricos), e que medra en humedais ou medios de maior profundidade; pode representar á enteira especie ou solo un subconxunto de individuos adaptados “.

Taxonómicamente, a gran maioría das plantas de zonas húmidas son anxiospermas; hai unhas poucas ximnospermas (como o alcipreste calvo), algúns fentos (por exemplo, o fento real, e o bioinvasivo Azolla), e algúns musgos (como os esfagnos). Das anxiospermas coñecidas, só entre o 2 e o 3% están ligadas a medios acuáticos.

Como epítomes destes tipos de vexetais poden tomarse o amieiro entre as arbores, a palla real e o canizo entre as grandes herbas, o o miriofillo entre as herbas submerxidas, e o esparto de mar entre as plantas de medios salobres. Estes serán considerados con máis vagar nas excursións

En xeral, pódese dicir que estes vexetais toleran condicións extremas da inundación, pero non as necesitan, e mesmo vexetan mellor sen elas.

Por debaixo dun 1% de osíxeno, o metabolismo aeróbico detense, e se acumulan os produtos do metabolismo anaeróbico, as plantas intolerantes a ser cubertas pola auga comezan a acumular etanol, que lles resulta tóxico. As plantas adaptadas, acumulan aminoácidos (no caso da auga doce), ou ácido málico (sa raíces das plantas de marisma) de menor ou nula toxicidade.

Con frecuencia, as zonas húmidas están dominadas por plantas con rizomas profundamente soterradas: A maioría destas plantas son monocotiledóneas,e destas, a gran maioría son Ciperáceas (Carex, Scirpus, Eleocharis, Cyperus, Cladium, Rhynchospora) ou Poáceas (phragmites, Glyceria, Phalaris…); outras familias son as Tifáceas, Esparganiáceas e Xuncáceas.

Os vexetais de zonas húmidas non teñen, en xeral, desenroladas defensas morfolóxicas contra so herbívoros. “As plantas das zonas húmidas tal vez tiñan sido seleccionadas máis para atraer herbívoros para dispersar seus froitos que para defender o seu foliaxe. A dispoñibilidade de auga e nutrientes e o limitado investimento de N e P por gramo de planta fai relativamente barato reemplazar o tecido danado…. A evidencia suxire que os herbívoros son moito menos importantes que a inundación, a fertilidade e a competencia na creación de tipos de comunidades vexetais de terras húmidas”

Moitas plantas de zonas húmidas non arboradas presentan cor vermelliza; isto é debido á presenza de pigmentos antocíanicos na superficie das follas, que protexen do sol (un pouco como o noso moreno). Nalgúns casos, isto promove un transporte de gases máis eficaz (por exemplo, osíxeno para ás raices). Os antocianos, vermellos, están nas follas xovenes, e absorben a radiación solar, quentándose; esto fai que o aire albergado no aerénquima (tecido esponxoso típico do “corpo” (cormo) dos vexetais de humidais) esté a máis presión que o aire das folllas máis velllas, non encarnadas; esto crea un gradiente de presión, e o aire circula polo interior da planta, nun proceso chamado “ventilación presurizada de tipo térmico”.

Pero vexamos, dun xeito rápido, algunhas adaptacións morfolóxicas.

Un risco común é o engrosamento dos tallos. No caso dos poucos arbores de zonas húmidas (amieiros, salgueiros, en menor medida freixas e bidueiro), o nível de engrosamento serve para indicar ata onde chega a inundación. Nos vexetais herbáceos o alargamento débese a que o cortex colapsa e algunhas células crean espazos cheos de aire, nos vexetais herbáceos, o inchamento débese a céllulas maiores e a unha menor densidade da madeira. En ambos casos, a orixe semella estar na produción de etileno nas condicións de anaerobiose.

Moitas arbores de zonas húmidas presentan resaltes na base do tronco, como un xeito de contrafortes, que, presumiblemente, danlle soporte nos substratos inestables destas zonas.

Os vexetais graminoides das zonas húmidas teñen, con gran frecuencia, tallos ocos, que favorecen o seu crecemento nos humedais, pois melloran a aireación das raíces, e acumulan CO2 para fotosíntese. Esta característica crese que explica en parte porqué son as plantas dominantes en moitos humidais.

Outro risco amplamente compartido polos vexetais destas zonas son as raíces superficiais, cousa que lles sirve para evitar os solos sen oxíxeno; os máis deles teñen raíces que medran cara arriba (xeotropismo negativo), ou horizontalmente (diaxeotropismo). Hai, por suposto, excepcións, como o caso de Typha latifolia, que pode enviar as súas ata máis de 0 cm debaixo da capa freática.

Noutros casos, os vexetais producen raíces adventicias, que medran xusto ao rente da capa de auga na inundación máis frecuente, e que absorben auga e nutrientes, reemprazando as raíces inutilizadas pola inundación; estas raíces axudan a fixar, ou “atrapar” detritos arrastrados pola auga, promovendo a formación dun xeito de torrón na base da planta.

As lenticelas son órganos externos que, nas plantas leñosas, permiten o intercambio de gas entre o seu interior e a atmosfera. Nalgúns destes vexetais de zonas húmidas, as lenticelas están hipertrofiadas, o que potencia a aireación e permite que a planta siga funcionando en anaerobiosis.

Outro risco senlleiro (aínda que non é unha adaptación morfolóxica) é a “rizosfera oxidada”. Algunhas plantas liberan oxíxeno polas raíces, oxidando o entorno redutor, anaeróbico, que as rodea. Pénsase que isto ten función destoxificante, pois oxida compostos reducidos (de ferro, de manganeso, de xofre, que lles resultarían tóxicos), e incrementa a toma de nutrientes. Isto adoita manifestarse pola presenza de colores vermellos (ferro oxidado) no solo, arredor de poros ou canalículos de raíces: Algúns autores pensan que case todos os vexetais de humedais poden mover oxíxeno ata as súas raices; outros pensan queé cousa pouco extendida: Dos herbácoes que son comúns entre nós, poden facelo, sen dúbida, a palla real (T. latifolia), o esparto de mar (S. alterniflora), o feo (M. caerulea), e Myrica gale. Das arbores, algún salgueiro (S. atrocinerea) e a freixa Fraxinus excelsior.

A inundación “rompe” a durmición das xemas epicórmicas, o que leva a que se formen múltiples troncos (como lle pasa, con frecuencia ao salgueiro, e, algo menos ao ameneiro); esto supón unha “mellor ventilación sobre o nivel da inundación”.

As sementes da maioría das plantas perde viabilidade cando están submerxidas por longos períodos; en contraste, as sementes das máis das plantas de zonas húmidas teñen un longo período de durmición e persisten viables por moitos anos; mesmo hainas que poden xerminar baixo a auga. Entre estas está o paradigma de hidrofito, T. latifolia, o rápido crecemento das plantiñas lles permite establecer o seu foliaxe sobre a auga, facilitando a prevalencia da especie.

En xeral, sumersión estimula a produción de etileno, e isto promove a elongación dos tallos, o que permite manter as folas por riba do nivel da auga, permitindo que continúe o intercambio de gases, a fotosíntese e outros varios procesos; este elongamento pode comezar en apenas 20 minutos.

Pero o risco máis universal deste tipo de vexetais ´a presenza dun aerénquima, que un sistema interno de transporte e almacenamento de gases, por medio dun tecido “esponsoxo” que se extende desde as follas ás raíces; na pallas real, este espazo pode chegar a representar a metade do volume da folla.

Anexo III

Os solos dos humidais

Case como lema : “Os humidales manteñen (ao variar o nivel de auga) o máis amplo abano de condicións de oxidación redución que calquer ecossitema…o que lles permite actuar como transformadores de nutrientes e metais”. Esta é a chave da súa importancia nos ciclos bioxeoquímicos.

Case por definición, o solo dun humidal é un solo hídrico. Esta denominación foi acuñada polo Fish and Wildlife Service dos EE. UU., e refírese a “un solo que está húmido por un tempo suficiente como para producir periódicamente condicións anaeróbicas, e, xa que logo, influir no creceneto das plantas”. Isto ven significando que o solo está inundado, ou saturado ata 30 cm da superfície por máis de 2 semanas na estación de crecemento (e, usualmente, por un período maior na outa estación).

As condicións anaeróbicas supoñen unha menor taxa de descomposición da materia orgánica; isto fai que moitos solos hídricos sexan dos denominados “solos orgánicos” (son os solos que teñen un 20% o máis de materia orgánica, se son areosos, e un 30% ou máis se son arxilosos); este tipo se solo está dominado polos restos de plantas. A materia orgánica dalle cor oscuro a istes solos (as cores van de marrón a negro); en xeral, canto máis oscuro, máis materia orgánica presente.

Un solo orgánico (que teña máis de 30cm de espesor dominados pola materia orgánica), obriga aos máis dos vexetais a vivir coas raíces nese medio. Pero a natureza desa materia tamén importa. Se a materia orgánica é turba, ao apertar un torón de solo, este deitará unha auga marrón, se non é turba, o líquido será negro.

Polo contrario, os solos minerais están compostos principalmente da area e arxila, con certo enriquecemento en materia orgánica. Nos humidais, este tipo de solo teñen, baixo o horizonte A, unha cor grisalla ( con manchas amarelas ou vermellas), e outros “riscos redoximórfos”, dos que se fala máis adiante.

Neste apartado, como en todo o texto en xeral, referímonos sobre todo ao que se pode ver a simple vista; así, imos referirnos á cor dos solos hídricos; mais como isto vai en relación ás condicións de anaerobiose, primeiro referirémonos a isto.

Nun solo saturado de auga, o oxíxeno é consumido polos microorganismos aeróbicos obrigados nun par de dias. A partir de aí, os microorganismos anaeróbicos (e os aeróbicos facultativos) vólvense activos. O solo queda quimicamente reducido. O metabolismo anaeróbico aumenta o ión ferroso, manganoso, o amonio,o sulfuro de hidróxeno, e outros materiais.Varios elementos son reducidos, e se transforman en máis solubles secuencialmente, empezando polo nitrato. Despois de converter o nitrato en nitróxeno libre, nun proceso chamado denitrificación, (un proceso importante na “renovación” da auga por parte dos humidales), un grupo de microorganismos reducen manganeso de mangánico (MnIV, a forma oxidada) a manganoso (Mn III; a forma reducida). O ferro é o seguinte, e é reducido de FeIIO (forma oxidada) a FeII (forma reducida). O proceso de redución continúa , nos solos saturados, cos microbios reducindo os sulfatos e o carbono e producindo sulfuro de hidróxeno (que cheira a ovos podres) e metano (inodoro).

Os compostos reducidos son frecuentemente solubles en auga e as plantas poden tomalos polas raíces. Os elementos anteriores, e outros mobilizables (como o aluminio) son tóxicos para as plantas en cantidades elevadas, e isto limita as plantas que poden vivir nun humidal. Baixo condicións reducidas o ferro soluble (Fe2+) pode estar moi concentrado (ata uns poucos mmol l-1), entón penetra non meabolicamente na planta, o seu exceso resulya tóxico, pois interfire co magnesio durante a formación de clorofila, o que se manifesta visúalmente na decoloración das follas.

O proceso de redución ten, xa que logo, un profundo efecto na composición da vexetación , e nos procesos químicos e morfolóxicos do solo.

A cor do solo está influencia, sobre todo, polo etado de oxidación do ferro, pola presenza de óxidos de manganeso (negros) e de materia orgánica (de cores escuros).

Nos solos aeróbicos,ou localmente aeróbicos, teñen cores debido ao ferro insoluble, ou inmobil.Os óxidos “inmobiles” do ferro (da forma oxidada), dan cores de o amarelo ao vermello. O hematite é vermello; a goehtita, amarelo marrón (moi abundate nas “rizosferas oxidadas”); a lepidocrocita produce moteado laranxa nos solos hídricos; a ferrihidrita fórmase onde a oxidación é rápida.

Os solos reducidos usualmente non teñen esas cores vermello – amarelo, pois na redución os oxidos de ferro (que, na forma reducida, son solubles) son total ou parcialmente removidos. Isto dálle a solo cor de gris a verdoso (isto último é típico de solos con minerales arxilosos ferríferos. Algúns solos reducidos poden ter cor azulada, e isto pode ser debido á presenza dun mineral de fosfato de ferro chamado vivianita-

Un tipo especial de solo, que veremos na Ramallosa, , é o das marismas. Nel, é típica a presenza de monosulfuros, que dan cor negra (e que, cando expostos ao aire, toman cor grisalla); nas zonas deste que entran en contacto co oxíxeno , a oxidación dos sulfuros da un sulfato de ferro (o mineral xarosita), que da como marxas amarelas ou brancuxas.

En conxunto, os mellores indicadores dun solo hídrico son as cores grises, a presenza de concrecións de ferro e manganeso perto da suerficie,e…a humidade do solo.

ANEXO IV

As Aves

Dícese que son aves acuáticas aquelas especies cuxa vida (polo menos, unha parte decisiva do seu ciclo vital) transcorre total ou parcialmente ligada a algún tipo de humidal. O humidal é, para elas, lugar de cría, e/ou repouso, e/ou de alimentación.

Dos diferentes tipos de zonas húmidas, as marismas tenden a albergar o menor número de especies de aves (agás as chairas de marea, onde van comer invertebrados mariños moitas aves), logo veñen as lagoas, despois as brañas, e nas várzeas ou barxas (zonas húmidas con arbores), acádase o maior número.

Desde logo, canto máis extensa sexa unha zona húmida, maior tende a ser a diversidade e abundancia de aves. Eís algunhas razóns:

-O éxito reprodutor de moitas aves é menor nos bordes dos humedais que nas partes centrais do mesmo, pois moitos depredadores de niños non poden chegar as partes máis profundas (téñase en conta que, en xeral, canto maior a extensión do humedal, menor o seu perímetro).

-Certos predadores tenden a buscar alimento preto dos bordes.

-Coa maior superficie tende a haber maior heteroxeneidade de habitats, o que pode dar unha maior variedade de aves (pois hai máis nichos).

As aves “cumpren” variadas funcións neste tipo de ecosistema: son herbívoras, depredadoras (durante a procreación tenden a se carnívoras, comendo invertebrados acuáticos), dispersoras de sementes e preas (de cobras, raposos, etc).

Os principais grupos presentes son: anátidas (patos), ardeidas (garzas), rallidos, charadriidos (pillaras), e Escolopacinos (pilros).

Segundo as características das zonas humidais, predominará un ou outro tipo de aves:

-Nas veigas, poderíase esperar a presenza de cigoñas e algúns limícolas.

-Nas beiras da auga, con limo ou pedregosas, máis ou menos despexadas, pode haber limícolas, anátidas e gaviotas.

-Nas zonas con espesa vexetación palustre, ralidos e algunhas ardeidas.

-Nas augas pouco profundas, cigoñas, garzas, patos “de superficie” e mergullóns.

-Nas augas máis profundas, corvos mariños, colimbos, somorgullos e patos “buceadores”.

En xeral, as zonas húmidas con retallos de vexetación interrumpidos por zonas de auga “aberta” son as máis adecuadas para a avifauna.

Unha regra empírica é que , a maior número de tipos de vexetación nun humidal, maior número de especies de aves. Máis concretamente, a diversidade de aves se incrementa coa complexidade morfolóxica dos vexetais, o que dí que tende a haber maior diversidade en zonas arboradas que nas herbáceas. Para as aves máis ligadas a auga, os mellores medios son os retallos de arboles rodeados de auga.

Outra é que, a menor perímetro da zona húmida, maior densidade de individuos (dícese que é por que os predadores ocasionais, como raposo, visón,etc, chegan menos ás partes centrais.

As máis destas aves teñen unhas adaptación xenéricas ao medio húmido, como plumaxe moi denso e impermeabilizados, ou patas con pouca irrigación sanguínea (para evitar que se enfrie o sangue, pois as patas é o que máis está en contacto coa auga), apart, cada grupo tn adaptación ás súas características formas de vida.

Moitos patos teñen bicos con lamelas para filtrar da auga patículas e detritos. En xeral, as lamelas moi espazadas (como os de Anas platyrhynchos) están asociadas a vexetación corta e dispersa das beiras, mentras que as pouco (como A. clypeata) é típica dos patos de vexetación densa e alta de augas pouco profundas.

Os “patos nadadores” (o seu epítome seria o pato ou parrulo común, en xeral o xénero Anas) alimentase na superficie ou se meten na auga a parte anterior do corpo.

Teñen a cola algo refucida, patas palmeadas e colocadas non moi atrás, o que lles permite iniciar o vo bastante bruscamente, sen “tomar impulso”, o que lles permite rular por regatos e curunchos de auga , desde onde onde escapar rapidamente se notan perigo.

Os patos buceadores teñen a cola orientada un pouco cara abaixo,, colo corto , corpo compacto e patas palmeadas colocadas moi para atrás, polo que para levantar o vo deben “patear” na superficie da auga; esto fai que necesiten máis espazo aberto de auga, polo que tende a vivir en amplas laminas de auga.

As garzas (os ardeidos) teñen patas longas (para vadear) e dedas moi separadas (para camiñar sen afundirse en substratos moles), bico longo e estreito e pescozo longo curvado como unha molas, para “arponear” subitamente as preas. As de patas máis longas cazan en zonas máis profundas.

Os rálidos, como a galiña de auga, e demo negro, adoitan esconderse entre a vexetación, son soltarios e teñen as dedas bastantes separados. O que lles permite andar sen afundirse na lama, e mesmo sobre os vexetais flotantes

Os limícolas teñen patas longas, colo longo pico longo e hábitos gregarios. Teñen a particularidade de poder mover a mandíbula superior cara arriba, o que lles permite manexar o substrato mol e extraer as preas. As especies de bicos máis longos localizan as preas polo tacto (teñen receptores na punta do bico, co que “sondan” o limo); as especies de bicos máis cortos cazan por localización visual ao axexo. Nas marismas comen anélidos, artópodos (pequenos caranguexos), e moluscos (p. ex. Hydrobia ulva). As máis das especies son migratorias. É frecuente atopalas en bandos pluriespecificos de especies que non compiten entre si (o que lle da a ventaxa do efecto de confusión dos predadores, dilución e menor vixilancia).

Os corvos de mar teñen o bico sólido, ganchudo (para pillar preas), cola bastante longa e pes palmeados.

ANEXO V

As turbeiras

O risco esencial dunha turbeira é que nela a descomposición é menor que a produción primaria (neta), o que permite que se acumule turba.

As turbeiras son os hábitats nos que os brións acadan a súa máxima importancia en biomasa. Destes musgos, ou brións, os máis importantes son os esfagnos; o xénero Sphagnus tende a dominar nas turbeiras ( que moitas veces son chamadas “brañas”, aínda que esta denominación fai referencia a pastos da verán dominados por herbas gramíneas); en zonas menos enchoupadas, ou menos frías, os musgos máis abundantes son das familias Amblystegiaceae e Brachythe ciaceae. Non é difícil distinguir o esfagno, coas súa “folliñas” dun diminuto alcipreste,e, sobre todo, porque ao premelo deita unha sorprendente cantidade de auga (que adoita ter cor marrón).

O éxito do esfagno nestes medios débese a tres características:

1º a morfoloxía e a anatomia permitelle ás alfombras deste musgo actuar como esponxas, creando condicións húmidas permanentes; sobre o 98% da alfombra de esfagno é espazo poroso.

2º As paredes das celulas teñen unha gran capacidade de cambio iónico,o que acidifica o entorno e retén nutrientes.

3º a produción de compostos como ácidos fenólicos e urónicos pode contribuir á supresión de plantas vasculares.

Nunha turbeira como a de Xestoso, a descomposición da produción anual pode ser do 90%. Preto do Monte Vixiador, a presenza de esfagno non da para que se forme turba (se a primeira fora “bog”, iste retallo sería “fen”)

En certo sentido, turbeiras e marismas son extremos dun contínuo. Nas marismas , como vimos na da Ramallosa,, a actividade dos descompoñedores é crucial. Nas turbeiras, como a de Xestoso, a capa freática constantemente alta, e a acidez pexan a actividade dos descompoñedores, o que fai que se acumule materia orgánica , que dará turba (aquí, cunha taxa moi baixa, pois o primeiro factor non é moi intenso).

Noutro sentido, as turbeiras e as veigas son dous extremos. Nas primeiras, a auga subterránea flutúa pouco, e se “orixina” localmente, pois provén do chovido nesa zona. Nas segundas, a auga flutúa moito, e ven , case sempre, de chuvias caídas lonxe.

Nas turbeiras, a acidez, a pobreza en nutrientes, e a capa freática permanentemente alta exclúen a moitas plantas, e inhiben altas taxas de produción primaria, que nestas formacións son das máis baixas das zonas húmidas.

ANEXO VI

Macroinvertebrados dos humidais

Estes organismos presentan, con frecuencia, adaptacións na conduta e na fisioloxía, que lles permiten lidar coa temporalidade da inundación, que é característica senlleira destes medios. Algúns, por exemplo, poden entrar en vida latente (criptobiose) na que o animal se deshidrata e atenúa os procesos vitais ata que as condicións sexan favorables, ou “poden sincronizar os ciclos vitais permanecendo como ovos, quistes , outras formas de resistencia ou simplemente como adultos no medio aéreo, para logo efectuar a reinvasión do medio acuático tan pronto aparece a auga”.