Paseos pedagóxicos. Aviso sobre os roteiros

Os nosos roteiros inclúen travesías a nado, en pirauga, de a cabalo, xeiras polo monte, algunha práctica de espeleo ou escalada, polas rochas, polos bosques, no mar, no rio. Convén pois unha certa forma física e un material (roupa, calzado, implementos) dacordo coa actividade.
Nas actividades na natureza convén levar protección solar, viseira ou sombreiro, mangas e perneiras longas para evitar rabuñaduras e picadas, calzado apropiado para monte ou roupa e calzado que se poida mollar ou, quen o teña, escarpins e neoprenos para as actividades acuáticas, así como unha toalla e unha muda de roupa seca.
Os desprazamentos, as mais das veces serán nos autos propios da xente. Estaría ben poñérmonos dacordo para compartir auto cos que queirán conducir para non ter que levar demasiados autos.
O bó ánimo que non falte!

sábado, 28 de agosto de 2010

paseospedagóxicos 2010 "Xeomorfoloxía e ecoloxía da costa rochosa"

Tema: Xeomorfoloxía e ecoloxía da costa rochosa.
Sábado 18. Megacantís. A Capelada. S. Andrés de TeixidoTodo o dia. Camiñata longa (+/- 5 hs.). Levade comida e bebida e calzado de monte. Posibilidade de baño pé dos cantís.
Luns 20 A erosión da costa. Cabo Home. Pola tarde. Camiñata por terra e polas rochas dos cantis da costa de Suavela
Martes 21 A zonación dos organismos . Descenso polas rochas do cantil e da costa de As Mariñas-Mougás. Pola tarde
Mercores 22 Descenso á Furna de Santa Martas Liméns (Opcional: baixarán só quen se sintan animados e en forma) Pola tarde
Xoves 23 Os elementos morfolóxicos. Ecosistemas de cantíl. Monte Ferro. Camiñata polas rochas do cantil e visita ás furnas e rasa de Monteferro Pola tarde
Sábado 25 A rocha núa.  Illa Rúa (Ribeira). En pirauga. Travesia en pirauga dende Ribeira e vsita á illa Rúa.Todo o día
Domingo 26 As "pozas de maré" Illa Carral (SIlleiro). Pola mañan
Os "ponentes" seremos: Xurxo PerezPintos, Xosé Maria Bouzó Frenandez e Francisco  Martinez Garcia
De poder ser, a primeira excursión  do dia 18  faríase en autobús
As piraugas do dia 25 irán acompañadas dunha zodiac e un monitor por cuestión de seguranza. Haberá chalecos para todos e todas. Levade calzado que poidades mollar e para andar pola illa, protección solar, pucha, toalla, muda...
Pola relativa dificultade da actividade do dia 22 (descenso cunha escaleira de espeleo feita de cable de azo e chanzos de aluminio), só será realizada por  quen que queiran facela. Paco será o poñente desta actividade, é un espeleólogo ben competente edará as instruccións necesarias. Animádevos
Na actividade do dia 26, teremos que nadar uns 100 metros ata as illas do carral. Levade bañador neopreno tenis ou escarpíns, chaleco ou flotador ou tabla de surf, colchoneta inchable, toallas, muda, protección solar...o que queirades. Nós levaremos colchonetas inflables, cordas e unha piragua por se alguén non quere nadar tanto ou polo que poida xurdir.