Paseos pedagóxicos. Aviso sobre os roteiros

Os nosos roteiros inclúen travesías a nado, en pirauga, de a cabalo, xeiras polo monte, algunha práctica de espeleo ou escalada, polas rochas, polos bosques, no mar, no rio. Convén pois unha certa forma física e un material (roupa, calzado, implementos) dacordo coa actividade.
Nas actividades na natureza convén levar protección solar, viseira ou sombreiro, mangas e perneiras longas para evitar rabuñaduras e picadas, calzado apropiado para monte ou roupa e calzado que se poida mollar ou, quen o teña, escarpins e neoprenos para as actividades acuáticas, así como unha toalla e unha muda de roupa seca.
Os desprazamentos, as mais das veces serán nos autos propios da xente. Estaría ben poñérmonos dacordo para compartir auto cos que queirán conducir para non ter que levar demasiados autos.
O bó ánimo que non falte!

sábado, 19 de setembro de 2009


PASEOS PEDAGÓXICOS VIGO
De 19/09/2009 a 26/09/2009.

“As Praias Sempre Recomezando”

Obxectivos previstos: Coñecer os principias factores históricos de destrucción das praias -Estudar os procesos xeomorfolóxicos que conforman as praias -caracterizar a costa areosa como ecosistema -considerar os recursos didácticos que poden ser explotados na visita a unha praia Comprobar o resultado dos instrumentos de xestión ambiental (recuperación dunas, figuras de protección ambiental?) da costa areosa
Calendario e contidos:
HORARIO: SABADOS 19 E 26 SAIREMOS ÁS 09.00 DO SANATORIO CONCHEIRO NA PRAZA DE ESPAÑA DE VIGO E TENTAREMOS ESTAR DE VOLTA ANTES DAS 22 HORAS
O RESTO DOS DIAS SAIREMOS DE CONCHEIRO ÁS 16.30 HS.
-Sábado 19: Ponteceso. Barra e dunas do Anllóns.A praia como mina de area.Conviría levar pucha, protección solar (haberá tempo para quen queira tomar baño), e pantalón comprido para Subir ó Monte Branco, por mor dos toxos. O resto do paseo é ben suave.
- Lúns 21 A vexetación das dunas. A Lanzada. Paseo doado dende a Siradela ós areais da Lanzada, e visita á lagoa Bodeira e praia de Balea. Roupa cómoda.
-Martes 22. A erosión das praias.Paseo polos areais de Camiña e Moledo e polas dunas do camarido. Doado. roupa cómoda.
-Mércores 23.O desenvolvemento non sostible das praias. Praia América e Ladeira. Paseo doado. Roupa cómoda.
-Venres 25.A area que traen os ríos. Morraceiras e ariños do Miño. Paseo en pirauga. levar roupa e calzado para mollar. Pucha para o sol ou a chuvia. Toalla e roupa seca para muda.Protección solar. Remar-andar polos ariños. Nivel: doado. Posibilidade de piraugas de dúas plazas se alguén precisa.Chaleques para toda a xente.
-Sábado 26.A subida do nivel do mar: Parque natural de Corrubedo. Teremos autobús ó noso dispor.Paseo polos areaies da proia do Vilar e lagoas de Vixán e Carregal. Antes ou despois da comida cruzaremos o rio cara a praia e duna de Corrubedo. Precisaredes pois roupa de baño e toalla, ainda que a maré vai estar moi baixa (quizais polos xeonllos). Haberá tempo para o baño (e xogos) durante a comida. Convén levar pucha na cabeza e protección solar.
Como o tempo anda revolto non estaría de mais meter un impermeable no macuto.
Procurade chegar á praza de España un pouco antes por se tedes que atopar aparcamento. Repartirémonos nos coches para non ter que levalos todos.
Se alguén non pode vir ou pensa aparecer no lugar de destino, non esquezades avisarnos para que non esperemos.
xosé 678480589 xurxo 615369130

Saude e sorte!

quarta-feira, 16 de setembro de 2009

Xa comezamos

Noraboa a todos e todas que conseguiran praza este ano. Se alguén non tivo sorte dabondo, podedes achegarvos polo sanatorio de Concheiro cando queirades e unirvos á nosa caravana.
Este sábado dia 19 tentaremos sair para Ponteceso ás 09.00. Preparade os GPS ou estudiade a ruta. Nós levaremos mapas para toda a xente e sinalaremos unha ruta que procuraremos seguir a unha velocidade asequible para toda a xente. En todo caso, quedamos en Ponteceso na casa de Pondal alí onde a campana de Anllóns vagamente tocando derrama nos corazóns un bálsmo triste e brando, de pasadas ilusións...
No Google Maps tedes distintas opcións para chegar. A nós achegaronnos esta: "En Santiago saes da autoestrada no km. 67, por San Lázaro. Vas a Vista Alegre, ao lado da residencia do Burgo. Alí colles a AC 404 e tiras millas. En Portomouro segues recto, a estrada pasa a chamarse AC 1914, ata Carballo. Atravesas Carballo polo centro, sen desviarte, e xa vas dar á estrada de Malpica: AC 414 (1 km. despois de Carballo, nunha rotonda de autoestrada, colles a estrada nova dirección Malpica). Xusto ao pasar Buño colles a AC 422, a Ponteceso".
Enfin, que nós sairemos en caravana dende Vigo e tentaremos ir a ritmo. Se alguén se nos quereunir no traxecto ou esperar en Ponteceso, non esquezades chamar, mellor o propio sábado para confirmar, a Xurxo ou a min. Se alguén ten unha mellor ruta e quere facer de guía, de mil amores.
Nesta saida imos comezar nunha praia, seguir un pequeno cantil, subir ata un alto no Monte Branco e baixar a pasea-las dunas e a barra, voltando logo a Ponteceso seguindo un muro dunha antiga salina. Hai un pequeno tramo de monte baixo que aconsella calzado pechado e pantalón comprido (polos toxos), polo demais non hai problema. Na pausa para a comida haberá tempo para quen queira darse un baño, xogar ás palas, facer castelos na area...
A pasalo ben.
Xosé

os nosos humidais fotoalbum

 
 
 
 
Pouco a pouco tentaremos ir engadindo ó blog fotos de anteriores paseos. Podedes enviarnos ás vosas para irmos facendo unha pequena memoria gráfica dos paseos
Posted by Picasa

quarta-feira, 9 de setembro de 2009

As praias sempre recomezando: texto

Vai o texto:
As praias, sempre recomezando

Índice Xeral

 A costa areosa
 A barra do Anllóns
 A Lanzada
 Praia América
 Caminha-Moledo
 O esteiro do Miño
 Corrubedo
A costa areosa
Introducción
A costa areosa
 Introducción (5)
 O transporte de area na costa (14)
 Factores que condicionan a dinámica da costa areosa (19)
 As praias (34)
 Dunas (44)
 A difracción (52)
 A refracción (56)

Este diagrama experimental é moi explicativo, e técnico; quen non interesado, pode saltarse esta e as dúas seguintes diapositivas , mais explican o carácter planetario da costa areosa

O transporte de area na costa

O aspecto opalino da auga indica que leva area en suspensión; nesta banda onde rompen as ondas é onde se dá o máis do transporte de sedimento
Algúns autores propoñen que na onda rompente fórmanse un xeito de “celulas”
orbitais, que se manifestan como un patrón reticulado de espuma. Esta circulación orbital pode forzar aire dentro e fora da praia, colaborando a mobilizar area. Esta area en suspensión é a transportada polas correntes litorais

1 Hai, na costa W de Galiza, un movemento xeral da auga superficial cara ao S; é a “corrente de Portugal”
2 A dirección do vento
Arbusto (Loureiro) deformado polo vento do N
Baiona (en realidade, é o sal que porta o vento o que “poda” a arbore)
3 A dirección da ondaxe
Velaí a rosa de frecuencia da distribución anual da ondaxe (correspondente ao estado da mar); predomina do N ao SW
4 Hai unha onde de marea enchente que vai de S a N

Esquema simplificado da circulación costeira xeral ao longo das Rías Baixas a través da plataforma
Ao longo da costa W a circulación superficial da masa de auga é cara ao N; a principal forza impulsora é a onda de marea crecente, que se propaga de S a N
A escuma dura moito na auga do mar (por varias razóns; unha é a repulsión electrostática das láminas de auga salgada); isto permite ver a acción da corrente litoral, que leva a escuma orixinada á esquerda da foto cara á dereita, orixinando esa cenefa branca
Obsérvese que a corrente leva o máis da escuma, orixinada á esquerda ,cara á praia, e que outra máis lene leva algo da escuma cara á dereita, paralelamente á costa (é a liña branca máis sutil).

As praias
Hai ,nunha praia, varias zonas paralelas á costa: A zona A é a praia emerxida; a B é a a zona intermareal (cuberta na marea alta); a C é a praia mergullada; a D é a zona máis profunda que a metade da lonxitude de onda das olas
As zonas da praia emerxida (A): a é a liña de costa; b é o punto de batida das ondas; 2 é a berma de tempestade; 3 é a berma ordinaria (1 é a zona de dunas, formadas polo vento)
A zona B é a zona intermareal, inundada en preamar e
exposta á erosión en baixamar. 4 é a zona de pendente suave; 5 é a barra intermareal; c é un suco intermareal formado polo arrastre de materiais de refluxo
A zona C é a praia mergullada. D é o chamado suco submareal ; 6 é a barra submareal (N.M.M. é o nivel medio da marea)

A praia
“Trough and bar”
Iluminada, á esquerda, barra areosa en inverno, que “subirá” no verán e se fusionará coa area da dereita
Perfil da praia (a) en inverno (b) en verán
Nesta zonas, nas praias pouco xestionadas (onde non se retira o balume ou materiais de arribazón con vehículos pesados), abunda a pulga da praia, na zona media (véxanse os seus buratos , á esquerda), e hai unha orla descontínua de escasa vexetación , na zona alta

Dunas

Formación de dunas

Desenvolvemento dun sistema dunar

A difracción
A difracción fai referencia a que unha onda pode contornear un obstáculo, separándose da súa traxectoria rectilínea “normal”
Esquema da difracción das ondas nunha rompente (breakwater); observese que as ondas difractadas teñen unha menor lonxitude de onda
Difracción da ondaxe na Ínsua, na foz do Miño
A refracción
As praias chamadas “de peto”, como esta nas Cies, fórmanse pola refracción das olas

Como amosa o debuxo, a enerxía da onda concentrase nos saíntes (headland), onde predomina a erosión, por outra banda, a enerxía da ola “disipase” nos entrantes (bay), onde predomina a sedimentación, e ´fórmase unha praia-
Esta praia non é simétrica, pois a ondaxe dominante ven da esquerda; se viñese de fronte podería ter dado nunha “cuncha” San Martiño, Cies
Conservación

A canalización do transito evita a extensión do impacto
A praia responde axiña. Dous anos despois de canalizar o paso, unha zona espida da praia ten unha relva de E. farctus
A mais radical forma de protección é a vedación
Entre a Malcomia e o cartel, unha pequena duna vaise formando
O cartel que pedia “non pisar” cumpriu o seu cometido; a praia vexetouse, e xa non se pasa sobre esta zona
Formacións que se perden coa xestión intensa das praias
Deflación eólica
O vento ten removido as areas pequenas deixando un pavimento de fragmentos de concha de mexillón
Marcas do vento ao abalar a herba
Pequenos ocos que se orixinan cando a auga expulsa o ar da area cando sube a marea
Materiais organizados en bandas, segundo avanza a ondaxe e vai perdendo forza, deixando os máis pesados en primeiro plano
As conchas máis grandes tenden a depositarse coa concavidade cara arriba (maior estabilidade hidrodinámica)
Liñas de material de arribazón
Na foto aprécianse dúas
Materiais de arribazón variados
Restos de caranguexo, lapas, rodofíceas, canizo, polas…

Colonia do platelminto simbiotizado por algas unicelulares Convoluta sp.
A mosca Fucellia maritima alimentase do material de arribazón
Tamén o fai Talitrus saltator, a pulga de mar
O coleoptero Eurynebra complanata aliméntase de pulgas de mar e de restos de madeira
O urópodo Tylos latreillei (na foto, T ponticus) é outro predador da pulga de mar
Os gasteópodos Cochlicella acuta (putiaguda) e Theba pisana
Araña lobo Arctosa perita
Cicindela lunulata

Nos escarpes que forma a ondaxe na area podese ver un bandeado máis escuro, que corresponde a tormentas, que moveron materiais de máis tamaño (conchas ou minerais pesados que son máis escuros)

Unha chuveira fixo escorrer auga praia abaixo, e ao chegar a un escarpe, orixinou eses fíos de area
Ripples marks de dous ventos de diferente intensidade e dirección
Material lixeiro depositado polo vento nas fochancas
“Neboa” de area
Caminha
Ondas típicas de praia reflectiva
Múltiples rompentes de varias barras de area
Tona de area recén depositada pola ola e burbullas reventadas
Microdunas e estriado eólico
Minerais pesados (escuros) depositados na zona de sedimentación (sotavento) dos ripples eólicos
Microavalancha en duna
Perfil de repouso en area fina (30%)
“Corredor” eólico; o vento, constreñido, colle máis velocidade nel
O vento erosiona a base da duna (polo “pasillo” de dereita a esquerda, vexanse os ripples), e ocasiona “fenómeno de ladeira” na cresta
Estriado de materiais pesados; nas liñas o vento tiña menos forza, pois foi freado por obstáculos, como se aprecia na foto da dereita
































O ESTEIRO DO ANLLÓNS

Índice

 O esteiro do Anllóns (3)
 A barra da Ínsua (7)
 A rexeneración da frecha (22)
 A Praia do Medio e a Enseada da Ínsua (31)
 A extracción de area (39)
 As “dunas pardas” (50)
 As “dunas grises” (56)

O esteiro do Anllóns é típico dos chamados “borde continentiais pasivos”; formouse ao subir o nivel do mar ao rematar a última glaciación. Daquela, o mar inundou o val deste río, que debía desembocar varios quilómetros máis para afora. As ondas e a descarga do río “anúlanse” na barra, e a corrente litoral distribúe a area de dereita á esquerda
A excursión comeza na praia de Balarés (no ovalo vermello) e remata en Ponteceso, seguindo a costa
A praia de Balarés pode considerarse unha “praia de peto” formada pola refracción ds ondas
A foto corresponde a un punto entre a praia de Balarés e o esteiro do Anllóns; a persoa está sobre un depósito (placa) eólico fósil; non hai fonte actual de area nesa zona. Á placa formouse cando o nivel do mar estaba máis baixo, e o vento mobilizou area dunha praia hoxe mergullada
Este panorama da “Barra” permite matinar sobre as condicións da súa formmación
Hai dous tipos de esteiro
Esteiros nos que domina a corrente de marea

Mareas – Miño
O mar está abaixo
A ondaxe penetra pola ría de Laxe, e tópase co río Anllóns

Despois da masiva extración de area que sufríu, isto é o branco que queda no Monte Branco
Na periferia do depósito, este é de pouca potencia; vexase o fino manto de area sobre un depósito de ladaira

Mapa de ventos da provincia de A Coruña
As liñas unen puntos con ventos da mesma intensidade; máis fortes canto máis cara ao mar
O río está á dereita da barra areosa; o mar, a esquerda. A corrente litoral vai , no mar, de esquerda a dereita da foto, lambendo a costa e orixina, amais da barra, o pequeno tómbolo e a praia do fondo a esquerda.
Nesta foto, a marea está moi baixa
A barra areosa, denominada A Insua, indica que este esteiro, placado entre mar e río “atrapa” sedimentos; isto é posible porque o mar leva tempo sen ascender, mais ou menos ao mesmo nivel…ainda que o que se explica a continuación pode ser unha facies da transgresión holocena (véxase “Corrubedo”)
Cando o mar deixou de ascender con rapidez, debeuse formar primeiro o deposito areoso delimitado en negro; logo, se lle engadiría o vermello; despois, o verde…
Mais esta barra está modificada
A denominación “Insua” fai referencia a un xeito de illas temporarias, que poden estar case sempre ailladas, ou case sempre unidas
A Insua do Miño únese ao continente en marea baixa cada varias décadas (a última vez, hai un par de lustros)
Na foto da dereita, os cadrados delimitan un abano de area da barra que unha tormenta, que rachou a barra, botou (washover) sobre os sedimenos do esteiro do Anllóns

Plantación de feo na zona onde se “rexenerou” a barra; a plantación, en reas paralelas, denota artificialidade
Amais, entre as reas de feo colocáronse pantallas de ramallada (en negro, no centro da foto), para que “peiteara” o vento de area, e se formaran dunas
Pero a cousa non funcionou; ese amoreamento de material (a sombra dá a escala) é o máximo que se conseguiu, e está moi lonxe de ser unha duna
O crecemento das dunas na barra debeu ser de cordón de dunas adosandose a cordón de dunas preexistente (crecemento progradante). Na foto, triplo cordón dunar. O mar está ás costas de quen fixo a foto.
Tipolóxicamente, as dunas semellan transversais, que se forman con ventos non moi fortes que sopran case so nunha dirección

A menor escala que o washover que “rachou” a barra, poden verse oitos outros, como este (o mar está á dereita da foto), que indican que o nivel do mar está a subir
Esta formación areosa lobular é forma típica dun washover
“Cruxía” aberta por un washover, que case alcanza o río (ao fondo; detrás do fotógrafo está o mar)

Na praia, as plantas e o material de arribazón forman pequenos montículos, que se poden considerara dunas embrionarias
Campo de dunas embrionarias, formacións efémeras (agás en condicións progradantes); aquí, o paso dun cabalista ten destruído algunhas. A reiteración pode ocasionar perdas permanentes
En primeiro plano, cordón de dunas embrionarias; en segundo plano, dunas secundarias, ou “brancas”, vexetadas do feo de praia
Na parte esquerda da imaxe vense tres bandas de vexetación: ao fondo, o feo, antes del, unha herba máis miúda, Elmynius farctus, e antes del, cortada polo borde da foto, o poligono de praia
Na praia, a area é branca; a parte dela de orixe orgánico (bioclastos), é, no que máis, de restos de mexillón
Na punta da barra, ocasionalmente, pode distinguirse a auga que ven do río da que chega do mar; aquí, a liña de encontro é, máis ou menos, a franxa máis clara do centro da foto
Na banda da barra que mira para o río, a praia é de material de tamaño máis variado, máis escuro, e con cunchas de animais de esteiro (ostras…)
A extracción de area
Lugar da areeira de Ponteceso (ao final da excursión); xa no tempo de Pondal sacábase area da barra ( e viña ata aquí en veleiros); cando rematou a extracción (finais dos 70), retirábanse ata 70 camións diarios
Pista de acceso dos camións da areeira
Un cable metálico unido á pedra da dereita impedía o acceso ao que se consideraba unha canteira
A zona de area sen vexetación foi a máis degradada pola extracción. Hoxe o vento rexenera alí formas dunares
A frecha indica o mellor que queda do cordón dunar
Tras das dunas, a zona chaira é resultado da extracción de area; anteriormente, debía de estar como as dunas que se ven arriba e á dereita
Na faldra do Monte Branco tamén se minerou; a duna destruída tras da persoa , e as rodeiras aos seus pés así o dín.
Arriba, o nivel do terreo é o das dunas antes da extracción de area
Zona onde o impacto da extracción foi maior; todas as partes brancas teñen sido mineradas. A zona de fondo plano, tamén.
Outras frechas litorais sufriron peor sorte; a de Ladeira (Baiona) xace baixo un camping
En primeiro termo, verde, unha duna (“parda”) ; tras dela, a zona degradada pola saca de area

As “dunas pardas”
Zona onde as dunas pardas están mellor conservadas; obsérvese o triplo cordón dunar
O solo destas dunas está xa bastante evolucionado, e soporta unha complexa vexetación
A vexetación vai sendo máis variada, e de máis porte; na foto, matas de trovisco
A area actúa como acuífero, e nas depresións entre os cordóns dunares (vense tres na foto) a capa freática está preto da superficie, e hai vexetación de zonas húmidas (os xuncos)
Na parte da barra que mira ao río, preto da auga, atopase un espécime de tamargueira, planta de salgadares
Na mesma zona, sobre substrato areoso (duna gris), hai mesta vexetación arbustiva: queiruga, trovisco, toxo
Sobre as dunas grises aparece unha rosa arenícola, aquí sen follas e co talo cuberto de lique
Rosa pimpinellifolia
Omphalodes littoralis subsp. Gallaecica
Esta, localmente abundante na zona,é a planta máis ameazada do litoral galego

Os coellos cavan buratos na area como un xeito de demarcación territorial; como na zona (LIC) está prohibido cazar, os coellos inzan
Hai demasiados coellos na zona, esa dobre rea de buratos de demarcación do territorio escalonan e erosionan a duna
Esbozo de dobre”escalón”
Tanto coello de máis acaba coa cobertura vexetal, e o musgo se deshidrata, se retrae e deixa ás dunas vulnerables á erosión eólica
A intrusión de motos e quads (na foto) é un factor moi negativo. As manchas brancas de area espida son puntos desde onde se expandirá a erosión



A Lanzada.

Índice
 O tómbolo (3)
 As dunas (23)
 As bandas de vexetación (43)
 Primeira banda (46)
 Segunda banda (60)
 Terceira banda (67)
 Cuarta banda (81)
 Adaptacións da vexetación dunar (98)

O “paseo” comezará no “ centro de interpretación” da Siradela, desde onde hai unha boa vista da formación areosa da Lanzada
A lanzada é un itsmo de máis de 2,5 quilómetros de longo, que une o que foi a “illa de O Grove (illa Castrove)” (a esquerda e arriba, na foto) con Noalla (a dereita da foto)
O itsmo visto desde o alto da Siradella, na “illa” de O Grove;ao fondo, o continente; a liña tranversal de preto dos piñeiros é un antigo aeródromo, hoxe usado de aparcadoiro
A Lanzada é un tómbolo
Tómbolo na illa grega de Eubea; repárese na similitude co tómbolo de A Lanzada

O Grove foi unha illa ata a idade media
A corrente litoral dominante leva area desde a boca da ría de Pontevedra ata o extremo do “morro” que separa as rías de Pontevedra e Arousa. O punto negro é o itsmo da Lanzada
A refracción da oleaxe amortecía a corrente, despositandose area (na foto,refracción na Insua de Caminha)
Así puido formarse o tómbolo.
A refracción orixinaría unha “anticorrente litoral” que daría na deposición de area. LST indica “corrente litoral de transporte”
Esta deposición formaría o tómbolo
Vista do tómbolo; véxase a base da diapositiva
A liña branca sinuosa xunto ao punto inferior indica que a corrente leva a espuma, orixinada nas rompentes, cara arriba. O punto da esquerda amosa unha masa areosa submariña (de aspecto leitoso) desprazándose cara á costa
Os ventos do SW “subiron” area desde o tómbolo polo monte da Siradella arriba (ata as manchas negras)
O corpo areoso do tómbolo acumula auga da chuvia; é un acuífero. A frecha da esquerda indica a capa freática manifestándose en excavacións para sacar area; a frecha da dereita indica as rilleiras da auga doce soterraña que drena desde a area ata a marisma
Desde o miradoiro enxérgase o depósito de auga para O Grove (ven do Umia)
As varias casetas esparexidas polo tómbolo son “rexistros” de auga
Outro elemento alleo é o transformador (e a condución eléctrica)
Parte do itsmo está deturpado pola extracción de area (ao fondo, xuncas nun burato dese orixe)
Baixando cara ao tómbolo, varios cortes deixan ver a area da placa eólica; as liñas negras corresponden a tormentas, que depositaron materiais pesados (en negro, melanocratos).
En detalle, a estratificación cruzada indica cambios na dirección do vento
Ao baixar, vense as dunas de aspecto fusco (vemos a cara N, con pouco sol)
A mesma duna vista pola outra cara, cuberta dun lique heliófilo (é a cara sul). Isto indica que as dunas teñen unha cara a barlovento (esta) e outra a sotavento (a anterior)
As “crestas” escuras das dunas do fondo indican que esa é a cara de sotavento; xa que logo, son dunas tranversais, que deberon formarse por ventos do SW, non moi fortes (pois darian outra forma de duna)
O musgo nesta zona presenta un hábito de crecemento “en almofadilla”, que adoito significa clima húmido con un período seco (aquí, clima oceánico con tendencia a aridez estival)
Un animal tipicamente mediterraneo, o coello, é moi abundante (polas limitacións á caza nun espazo protexido, refuxiase nesta zona; hoxe non ten predadores); as súas marcas territoriais (na foto) son tan abundantes que inestabilizan o tapis de musgo que fixa a area
Preto da carretera vese un regato (ven da dereita) que, anterior ao tómbolo, tivo que modificar o curso ao irse acumulando a area; a liña indica o angulo (que é de case 90º)
Ao cruzar a carretera, no límite “administrativo” do tómbolo, hai un intento de control biolóxico
… que o rebrote de Acacia longifolia indica que vai fracasar
Noutros puntos, vaise instalando o exótico gramón
… e o carpobrotus

Rebos no tómbolo
Lique crecendo en pulvínulos, pola acción do vento
Fasquía de estepa
Lique e matas de Artemisia
A Lanzada é a única localidade galega onde está Cistanche phelypaea, planta parásita propia das estepas salinas
No final de inverno abunda Tulostoma brumale
Unha estrada percorría a parte S do tómbolo, a carón da praia; hai uns dez anos levantouse o asfalto, e plantáronse uns 120,000 pes de feo; as pasarelas de madeira cruzan a caixa da vella estrada
As bandas de vexetación

Esas bandas, ou cintos, responden á variación das condicións ambientais según o lugar estea preto ou lonxe do mar; asemade, así variaran as adaptacións dos vexetais; a isto van dirixidas as seguintes diapositivas
Primeira banda

Honckenya peploides
Arenaria do mar
Cakile maritima Eiroga de mar
Euphorbia pelpus Herba leiteira
Polygonum maritimum Poligono da praia
En conxunto:
Outras plantas non sempre presentes
Salsola kali Salgadeira
Follas algo carnosas rematadas nun aguillón
3 quenopódiáceas:
1 Atriplex lacianiata Follas cubertas de escamas prateadas
2 Atriplex prostrata
3 Beta maritima
Glaucium flavum Mapoula de praia
Matricaria maritima Macela de praia
Segunda banda
Elymus fractus Grama mariña
Euphorbia paralias leiterena de prais
Calystegia soldanella Correola da praia
Eryngium maritimum Cardo da ribeira
Cyperus capitatus
En conxunto:
Terceira banda
Feo da praia
O feo da praia é representativo dos vexetais que aturan ser cubertos de area
O feo da praia medra máis logo de ser recuberto de area
O FEO

Otanthus maritimus
Pancratium maritimum
Silene littorea
Matthiola sinuata
Medicago marina
Melga de mar
Outras menos frecuentes
Scrophularia frutescens
Scrophularia frutescens do herbario de Linneo
En conxunto:
Cuarta banda
Cerastium diffususm
Silene littorea
Rumex bucephalophuros ssp. hispanicus
Malcomia littorea
Malcomia littorea
Crucianella maritima
Crucianella maritima
Artemisia crithmifolia
Anthyllis vulneraria
As criptógamas das dunas fixas
Torula ruralisssp ruraliformis
Bryum capillare
Cladonia foliacea
Cladonia zopfii

Adaptacións dos vexetais
Outra consecuencia da falla de auga é o distanciamento entre as plantas, e xa que logo, a escasa densidade
Rizomas moi desenvoltos
Raíces moi desenvoltas

1 Engrosamento das cubertas externas (tanto para evitar os danos da excesiva evaporación como para protexerse dos impactos dos graos de area)

2 Desenvolvemento de tecidos mecánicos especiais para contrarrestar a flexión provocada polo vento

A) Acortamento dos entrenos ( o que fai que as follas “se amoreen”)
B) Cores brancas, reflectantes
C) Follas pequenas
D) Follas pregadas
E) Follas con pilosidade
F) Crecemento en moutas hemisféricas
G) Organos soterrados de reserva de auga, etc (bulbo de P. maritimun)

I Aspecto suculento, por acumular moita auga para contrarrestar o sal (como Honkenia peploides
Porte pequeno e con frecuencia rastrero

























O desenvolvemento non sostible das praias:

Praia América e Ladeira como exemplos

Índice
 O val do Miñor (4)
 Panxón / Praia América (6)
 Lourido (8)
 Canido (40)
 Panxón (51)
 A destrucciçon das dunas¨58
 A praia de A Ladeira (67)
 Baiona (76)

O Val Miñor
Século XIX
Panxón / Praia América
Praia América
Tres “nodos” de desenvolvemento:
Lourido, Canido, Panxón

Primeiro nodo
Lourido ou a burguesía
O primeiro nodo, Lourido, asóciase ao capitalismo “con nome e apelidos”: Os irmáns Lemos
Inaguración do busto

Casa de M. Lemos
Casa natal orixinal
Chalé de L. Lemos, ao pé da estrada aberta por conta deles
O mesmo na actualidade, ata o ano pasado “restaurante Alazán”

Obras en “Praia América”
en Praia América

Algúns dos primeiros
chalés
Casa orixinais; repárese no escalón fronte a elas, antes do recheo

Pavillón Bleu
Praia América na etapa “de prospección”; á dereita, o Pavillón Bleu
A que xa se chamaba “Playa América” cara a 1955; en azul, o novo hotel que sustituíu ao“Pavillon Bleu”; en negro, o primeiro recheo, para aparcamento

Uns 10 anos despois, un novo recheo fronte ao “Pavillon Bleu”, usado como aparcamento

“Praia América” fronte ao “Pabellón Azul”
Os “últimos” da xeira Lemos
Veraneantes en “Playa América” en 1946; o varón é un emigrante retornado de América
Praia América ou a fase de prospección
Antonio Palacios
Antonio Palacios
Casa de periodista “Sileno”
Casa de Celso Mendez (1932)
Casa chamada Quirosno
Segundo nodo: Canido ou as clases medias do “desarrollismo”
Logo da 2ª Guerra Mundial
Turismo de masas


Características do nodo Canido - Praia América
Desenvolvemento “ en T”, típico de Europa
Fronte da “T”
O automovil como protagonista ao comezo do desenrolo

Desenvolvemento típico EE.UU.
Terceiro nodo
Panxón ou a deturpación populista
Panxón

“Praia América” en 1957
En vermello, as dunas de Gaifar antes da destrución

Dunas de Gaifar
Ao fondo, Panxón
Concepción do desenrolo da praia

Lourido

Os elementos de ferro na base da porta, e os laterais metálicos brancos no portal serven para colocar láminas de madeira que protexen da ondada
Paseo marítimo de Panxón
Sobre a area, restos do vello paseo, destruído logo dunha tormenta.

Banco en Praia América

Zona do paseo hoxe eliminada, para recuperar parte das dunas.

Baixo os pes do Xosé, restos do antigo paseo; atrás, dunas “recuperadas”

A praia de A Ladeira
A construción dun espigón (a doca) duns 400 m ten desviado a corrente litoral, interrumpindo o aporte de area á praia de ladeira, e orixinando a súa erosión (e a formación dun depósito areosa na base exterior da doca, a zona clara da dereita da foto)

Corrente litoral logo da doca
Na zona entre as barras xa non hai praia seca (non se ve area branca, na foto)
Muro protector erosionado, na zona de máxima erosión
…mais a corrente litoral, desviada, mete no río “linguas” de area
A frecha areosa,sen subministro de area, vaise esmoroando (véxase o novo engadido ao muro de conteción)
Erosión
Baiona
As praias de Baiona corrente de marea abaixo, desprovistas do aporte de area pola construción da doca, sofren erosión, e deben ser “alimentadas”
A praia de Barbeira, dentro do castelo de Monterreal, en Baiona, é unha praia “alimentada” con area, e de forte xestión mecanizada. Obsérvese o aspecto de campo arado, logo do paso dunha excavadora da Deputación
A area natural, loura, foi cuberta por outra moito máis escura, procedente do dragado do Miño; observese que a zona mollada semella lama do fondo de ría. O valor estético (e turístico,etc) debece
Ao alimentar unha praia, os grans de area que se aportan deben ser do mesmo grandor que os orixinais; doutro xeito, serán removidos.
Observese que xa comezou o proceso; o escalón aos pés do miúdo é típico das “alimentacións” mal concebidas
A area, demasiado fina, drena mal, e da unha consistencia lamacenta.
As bacterias adirense ás partículas arxilosas e inzan, protexidas das radiacións ultravioleta. Esta area glutinosa indica falta de meiofauna, a fauna intersticial que, alimentandose de materia orgánica e bacterias, manteñen a praia “limpa”






















CAMINHA – MOLEDO

Cando hai cheas no Miño, o río estra de restroballo a praia de Moledo
Os fragmentos máis grandes eran apañados pola xente, e usados como combustible; en Tomiño e A Guarda chamábanlle cavacos, e eran usados polos cabaqueiros
Os materiais máis finos (incluído o légamo) eran recollidos e deitábanse nas leiras como abono; dicíase “ir ás tonas”
Nos escarpes de erosión que orixinan as tempestades, poden verse como rexistros de cheas sucesivas (funda de lentes como escala)
As grandes ondas das grandes tormentas deixan escarpes de erosión. Este é un mesmo escarpe, que se vai atenuando a dereita e a esquerda do lugar desde onde se tomou a foto
Os escarpes das tormentas excepcionalmente fortes poden persistir por varios anos. A arbore da foto, case desarraigada, tivo tempo de enviar unha raíz cara ao interior da terra (o “cotovelo”da que vai de esguello cara á esquerda)
O escarpe superior é dunha tormenta máis forte (e nese sentido, máis infrecuente) que a que orixinou o escarpe onde está o home que serve de escala
Desde a forte tormenta do escarpe superior, a praia foi rexenerandose; antes de que o acumulo de area cubrise ese escarpe, outra tormenta (menor que a anterior), erosionou a praia e formou o escarpe inferior
Debuxo explicativo
Como amosa este esquema, o máis da area arracada da praia fica depositada como unha barra areosa submareal
A pequena escala, isto é como unha flutuación anual; a berma da praia erosionase no inverno, e volve a formarse no verán

O xeito de varedo da foto é para “peitear” ao vento, e que este deposite a area que leva, rexenerando a duna
No cartaz preséntanse as dunas como protectoras fronte a erosión

Muro de protección ao final da praia; as olas reflíctense nel e erosionan a praia; vexase que a liña de arribazón chega ata o pe do muro; xa non hai “praia seca” (agás a tona de area que gabea muro arriba). Vésaxe, a esquerda, unha brétema: é area transportada polo vento que daría dunas, se llo permitise o muro de contención “en bancadas”

A camariña Corema album

Eis unha caracterización do tipo de solo das dunas fixadas da Mata Nacional do Camarido
Hai 3 características morfolóxicas na praia de Moledo
Se houbera un aporte abundante de area, a difracción das ondas (moi visible na foto) orixinaria un tómbolo; a illa é A Insua
A(s) barra(s) areosas orixinan as tres liñas de rompentes anteriores á praia que se ven na foto da esquerda; na da dereita, tomada na baixa mar dunha marea viva, vese unha das barras.
Parte da area destas provén da erosión da praia
A erosión das praias afecta a todo o litoral N de Portugal, desde o esteiro do Miño ata Figueira da Foz (cabo Mondego)
Mais, a principal causa da erosión das praias son os encoros
Vexase o que ocorre no Miño
Outra causa, comparativamente menor, son os dragados, como o que se fai no Miño para que pase o transbordador
Hai outras causas menores. Na foto, erosión das dunas por pisoteo, etc, en Caminha; as raíces da arbore estaban baixo terra


O ESTEIRO DO MIÑO

Nesta foto do esteiro do Miño vese que o fondo do río está ateigado de areas
Hai dous tipos de esteiro
Esteiros onde domina a ondaxe (como o do Anllóns)
Nestes adoita formarse unha barra areosa
O esteiro do Miño (na foto; a esquerda, o Monte Tegra) semella dun tipo intermedio, con prevalencia da marea

Morraceiras e ariños; abaixo, Caminha

Morraceiras e ariños

Ministerio de M. A. 2008
Extracción de area en Camposancos
Os efectos da drenaxe de area: extraccion de animais, larvas ovos e vexetais; formación de deposicións de po en superficie e no fondo, destrucción de habitats; extracción de animais e nutrientes; cubrición do fondo; emisións contaminantes, modificación do perfil do fondo...
Escavadora estendendo area do Miño na praia da Ribeira (Baiona)
fin
Volver ao indice xeral



















CORRUBEDO

Índice
 O sistema costeiro de Corrubedo (3)
 A duna mobil (23)
 O sistema eólico (35)
 A marisma (44)
 O lagoon (47)
 A turba (50)
 A fauna (62)
 O nivel do mar (67)
 Detalles (74)

CORRUBEDO
O sistema costeiro de Corrubedo
Fronte a Corrubedo (frecha),pasa unha corrente litoral que aporta area
Á dereita, o mar (open coast). A corrente (LST), ao “dobrar” co cabo (headland) perde enerxía (pois é como se unha parte seguira, e outra se fora á dereita), e deposita sedimento (sand accretion), creándose , a todo tempo,unha barreira que pecha a baia (embayment). As barreiras fórmanse onde o oleaxe é máis dinámico que as correntes de marea
Se non hai ningún curso de auga, ou hai un pequeno regato, a barreira pecha a baia ( e quede unha lagoa, como a de Vilar)
Se hai un curso de auga, a dinámica desta induce unha abertura, e a barreira está como formada por dúas frechas de area

Á esquerda está a punta de Corubedo; á dereita, a punta de Angueira. A mancha negra no extremo dereito da praia é a lagoa de Vixán; algo a esquerda hai un monte cunha canteira que se percibe como unha mancha branca; é o monte do Castro. No extremo esquerdo da praia hai un xeito de triangulo; a mancha branca situada encima del é a mítica Duna de Corrubeo
Nesta outra vista observase, xusto detrás da praia, e ao redor da lagoa de Vixán unha tonalidade verde escura, que corresponde a formacións sedimentarias areosas e limosas. Retírese coa imaxinación, e véxase, nas “viñetas” seguintes, como se orixinou o “complexo” de Corrubedo
Os puntos negros marcan os depósitos areosos (dous, separados pola liña negra) que constituien a barreira; o punto vermello é a duna de Corrubedo
Outra vista semellante
As puntas de Anguieira e Corrubedo delimitaban unha costa non areosa; varios ríos (como o Vilar e o Arles), nutridos pola chuvia orográfica do Barbanza, desaugaban nesa zona da costa. A difracción das ondas nestas puntas orixinou uns acúmulos areosos adosados a elas
A acumulación de area orixinou frechas areosas; unha pechou a saída do río do Vilar, e orixinou a lagoa do Vixán, a dereita do esquema; outra pexou a saída do río Arles
Praia de Vilar coa lagoa de Vixán (a mancha negra, abaixo e a esquerda); vese que a area (en branco a praia; en marrón, detrás dela, as dunas cubertas de vexetación) pechou o desaugue dun río, e orixinou a lagoa (que, nesta foto, ten un pequeno desaugadoiro)
Vista da lagoa de Vixán; aínda que é de auga doce, a presenza do canizo Phragmites australis indica a presenza de sal (intrusión de auga salina, ou o borrifar do mar). Ao fondo da foto, a masa branca é a duna de Corrubedo
O crecemento da frecha litoral areosa case pechou a saída do río Arles, orixinando a lagoa do Carregal, no debuxo á esquerda da Pedra da Ferreira
Esta lagoa encheuse de sedimentos; a presenza, fronte á desembocadura do río, dunha illa rochosa (A Ferreira), e un baixo rochoso que hai cuberto polo mar, evitan a acumulación de area, e a lagoa do Carregal mantén unha comunicación co mar (o Río do mar). Isto resulta nunha marisma (masa da auga salobre a resgardo do oleaxe)
A Pedra, e parte dos baixos, coa marea baixa; a esquerda dela está a marisma
A zona da marisma é rica en sedimentos finos; aquí houbo, usando eses sedimentos, telleiras; as canles rectilíneas da marisma foron para a navegación de pequenas embarcacións de fondo plano, que transportarían material para os fornos. O mar queda onde se tomou a foto.
Nesta vista observase que as dunas están sendo erosionada (vese claramente o escarpe onde remata a praia). As dunas son unha reserva da area nos sistemas areosos, sempre en mudanza. Esta area, impulsada polo vento dominante na invernía, que vai da esquerda á dereita na foto (vento do SW), orixina a gran duna de Corrubedo, visible arriba e a esquerda, como un manto branco
A duna móbil, que é a mancha branca, é a maior do NW peninsular; desprazase cara á dereita (como indican os lóbulos que emite), impulsada polo vento, a unha velocidade do orde do cm anual; baixo ela vai quedando soterrada unha chaira areosa xa cuberta de vexetación
A duna ten unha altura de 16 m, unha lonxitude da máis de 1 km e uns 250 m de ancho. A foto está tomada desde o N, presentando a cara de sotavento que ten unha pendente duns 30º, a cara de barlovento, de onde veñen os ventos do suroeste, ten unha pendente menor. Vexase que a duna vai avanzando sobre unha chaira eólica
A ausencia de vexetación indica fortes e continuos movementos da area, e que os procesos xeomorfolóxicos son moi activos; os ventos dominantes oscilan estacionalmente, e na parte supeiror desenvolvense frontes menores de 0,5 – 1 m de alto, e de menos de 100m de lonxitude
Tipolóxicamnete, a duna semella tipo barxán (crecente); observese ao fondo un dos “cornos”
Este tipo de dunas adoita formarse onde o substrato é plano, e non brando, e non hai un gran subministro de area-
A duna avanza de esquerda a dereita, mías os ripple- mark na superficie foron formados polo vento soprando en dirección oposta

Outro mapa do mesmo complexo (de “camiños naturais”)

Praia do Vilar

Corrubedo
A praia de Corrubedo

A esquerda, hai algo de auga em cruzada por duas pozada no suco intermareal; baixo el, a barra intermareal, cruzada por dúas canles de desaugue

O sistema eólico

Onde remata á praia vese (máis claramente á dereita da foto), un “escalón” de erosión, e tras del as dunas activas vexetadas(1), de formas piramidais, con area espida, e con area vexetada, que teñen unha cor algo máis clara que as dunas fixas (4), que son as que soportan os camiños
Dunas activas vexetadas
Na foto, a duna activa non vexetada (2), avanza sobre un manto eólico inactivo (4); véxase este cuberto de vexetación arbustiva, con pequenos piñeiros. Este manto se orixinou por aporte ocasional de area procedente de aportes dos complexos activos próximos á praia, e recubre o que foi unha marisma salobre.
As areas da duna teñen sido traballadas polo río (moitas), polo vento… Están moi redondeadas e reflicten moito a luz (como indica o debuxo), por iso vese tan branca a duna (por que non ten minerais tabulares e melanocratos)
Dunas fixas por vexetación (3); o mar está no ángulo inferior dereito da foto, onde pon “google”

Lagoa de Vixán

Distíngase un xeito de “v”; son dunas activas vexetadas. A dereita dela, a mancha branca é a duna activa non vexetada. A dereita desta, está un manto eólico inactivo. Baixo o río con meandros, no centro, en marrón, as dunas fixas por vexetación.
E, á dereita do río, a marisma, sulcada por varias canles

A marisma

As canles da marisma (o mar está abaixo, fora da foto), vanse enchendo de area, que ingresa neles arrastrada pola corrente de marea enchente

O lagoon

No centro da foto está o lagoon; á dereita del, a marisma; a esquerda dos meandros, a duna (branca); á dereita desta, a chaira areosa inactiva.
A turba
A formación escura irregular no centro da imaxe, enriba do “río” é turba, deixada ao descuberto por erosión da chaira areosa inactiva que está sobre ela (vese que é area polo branco que hai entre ela e a turba)
O nivel do mar foi elevándose, e o complexo eólico foise desprazando (non ao mesmo ritmo) e avanzou sobre a marisma, cubrindo a turba
Abaixo e a dereita,turba
Como pode observarse na foto (é a praia preto da boca do río do mar), hai unha erosión das dunas (activas vexetadas) polo mar, no escalón erosivo as raíces do feo da praia semellan guedellas; isto indica que a erosión é actual
Entre o cerello de raíces, no escalón erosivo, vense restos recentes (na foto, un bote plástico), que proban que as dunas que están sendo destruídas polo mar depositáronse hai pouco (estímase que “hai menos de 30 anos”)

Praia de Vilar coa lagoa de Vixán

A fauna
Brithys crini, unha eiruga que se alimenta da cebola das gaivotas (P.maritimun), será abundante en todo o percorrido
Theba pisana, o caracol das dunas é moi doado de ver, pois estiva non soterrado como outros, senón pegado sobre as plantas (é moi común no fiuncho), co operculo tapado por unha mucosidade calcárea
Pelobates cultripes Sapo de esporas . Observese o tobo, cava en sustratos areosos
Buratos de toupa
Corrubedo e o nivel do mar

Gráfico da subida do nivel do mar en varias localidades do N da península

Horizonte temporal 2050

Previsión de perda de praias (expresada en cm, a dereita) na metade do século

As frechas indican o avance
As frechas indican o avance da area, a favor das correntes de marea enchente (o mar está abaixo da foto)
Detalles
A area, arriba, con herba, fai de acuífero, e o granito fai de acuitardo; na auga que flue medran bacterias cianofíceas, que forman sobre as rochas un xeito tapiz
Sobre el o vento deposita area, que cubre as cianobacterias, e estas medran sobre a area… o proceso se repite, e se orixina unha formación sedimentaria semellante a estromatolitos “fríos” e “secos”



















PRAIAS DE OUTRO TEMPO

Índice
 Patos (3)
 Panxón (7)
 Sta. Mª de Oia (15)
 A Guarda (23)
 Cabo Silleiro (29)

Patos
En Patos, perto do límite N da praia, nun lugar chamado As Canas, hai unha praia antiga, que H. Noon situa nun nivel ouljiense. Este episodio climático deuse hai uns 140,000 anos, no interglaciar Riss – Wurm; estas praias adoitan estar a entre 2 e 5 m por enriba doa actual nivel do mar

A secuencia de sedimentos é, de abaixo a arriba:
- Un sedimento de areas finas, que indica un medio tranquilo, quizás submariño
-Un sedimento de coios, que indicaría un medio máis enerxético,con ondas
-Un sedimento areoso,medio tranquilo (transgresión?)

O botellón de Panxón arrasou nunha noite un ano de recuperación dunar
Os inspectores da bandeira azul detectaron medio centenar de fogueiras furtivas en toda a franxa costeira

Sta. Mª de Oia
En Oia, o concello (do PP) fixo tres praias artificiais, unha en Mougás e dúas ao pé do Mosteiro; a maior delas está (ou estaba) xusto á esquerda desta foto
A praia foi inaugurada a principios do verán de 2008; en Novembro dese ano o mar xa se tiña levado máis da metade da area. Obsérvese o gran volume perdido (a area ía, en noiro, desde o pé da persoa na foto ata os bolos que se ven na base)
Os grandes sucos onde está a persoa de referencia son debidos á erosión das augas de escorrentía. Repárese na distinta tonalidade das areas moi escuras, arriba, e as máis claras de abaixo. Destas últimas o mar ten levado fragmentos tabulares (micas, anfiboles)

A construción desa praia supón un atentado á integridade paisaxística do entorno do mosteiro. Na foto, restos da gamboa (onde están as gaivotas, e as pedras que van cara ao mar) que pechaba a abra de Oia

Rexeneracións artificiais segundo Greenpeace (2007)
A Guarda
Preto de A Guarda hai varias praias de coios; a da foto é a máis extensa
Hai algún tempo, os seixos (como se lle chama localmente aos coios da praia), eran recollidos e enviados a Catoira, onde unha industria de cerámica industrial os utilizaba para que, rolados dentro dun bombo con material cerámico, moesen finamente a este; as ruínas que hai sobre a praia era a instalación dun xeito de teleférico que transportaba os coios
Os coios da praia proceden da erosión das propias rochas da costa (a ondaxe é moi enérxica nesta costa). Parte das rochas son metamórficas, e algunhas delas, como na da foto, orixinaronse por consolidación e metamorfismo dunha antiga praia de coios (vella de centos de millóns de anos); obsérvese que o coio da praia actual é un fragmento da rocha que ten debaixo, na que se distinguen os antigos coios
Nesta foto aprécianse os antigos coios, alongados pola deformación; esta deformación so pode terse dado a grandes profundidades. Os materiais da vella praia, soterrados, foron transformados en rocha sedimentaria, e posteriormente, baixo elevada presión, tornaron en rocha metamórfica. A erosión de quilómetros das rochas que tiñan enriba as puxo ao descuberto, e o mar bate nela ata desfacela en coios…
Pode que nesta foto se vexan mellor os coios, alongados segundo a horizontal da foto

quinta-feira, 3 de setembro de 2009

Álbumes web de Picasa - xose

Álbumes web de Picasa - xose

Ültimas novas:Saiu a convocatoria das xornadas.


EI-LA CONVOCATORIA DA C,I.G./A.S.P.G. CON ALGUNHA CORRECCIÓN VERBO DOS HORARIOS DOS SÁBADOS

PASEOS PEDAGÓXICOS VIGO 2009 (32 Horas)
Matrícula: Desde 08/09/2009 até 14/09/2009(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario: Desde 19/09/2009 até 26/09/2009.
HORARIO: sABADOS 19 E 26 SAIREMOS ÁS 09.00 DO SANATORIO cONCHEIRO NA pRAZA DE eSPAÑA DE vIGO E TENTAREMOS ESTAR DE VOLTA ANTES DAS 22 HORAS
O RESTO DOS DIAS SERÁN EN HORARIO DE 16.00 HS. A 21.00
Número de prazas: 25
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
Prazas reservadas: ATA 5 PERSOAS Número máximo de prazas: 25

Modalidade formativa: ROTEIROS
Obxectivos previstos: Coñecer os principias factores históricos de destrucción das praias -Estudar os procesos xeomorfolóxicos que conforman as praias -caracterizar a costa areosa como ecosistema -considerar os recursos didácticos que poden ser explotados na visita a unha praia Comprobar o resultado dos instrumentos de xestión ambiental (recuperación dunas, figuras de protección ambiental?) da costa areosa
Contidos: CONTIDOS -A praia como mina de area: A Barra da Ïnsua -A vexetación das dunas. A Lanzada -O desenvolvemento non sostible das praias. Praia América e Ladeira -A erosión das praias. Camiña, Moledo -A area que traen os ríos. Morraceiras do Miño -A subida do nivel do mar: Parque natural de Corrrubedo
Metodoloxía que se vai empregar: METODOLOXIA Eminentemente práctica con saídas ao exterior Percorrido por lugares significativos Consideración de presentacións Powwer Point (unha por cada exursión máis outra xeral, introductoria e outra sobre pegadas e pistas animais na area) Participación no blog dos paseos
Plano de avaliacion da actividade: PLANO DE AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES -Entregarase despois de cada obradoiro unha enquisa que sera cuberta polos asistentes. -Terase en conta tanto a participacion activa nas fases como a execucion das diversas propostas de traballo que se programen. Asi mesmo, tomarase en consideracion cantos informes, individuais ou de grupo sexan oportunos. -Asistencia recollida na lexislacion para ter dereito ao certificado
Observacións: OS ROTEIROS SERÁN POlA LANZADA, BEIRAS DO MIÑO, BARRA DA ÍNSUA, PRAIAS AMÉRICA E LADERIA, CAMINHA MOLEDO E CORRUBEDO
Destinatarios: PROFESORADO DE ENSINO NON UNIVERSITARIO E EN PARO
Criterios de selección: RIGOROSA ORDE DE INSCRICION
Tipo e ámbito de difusión: PÁXINA WEB CIG-ENSINO, AS-PG E CORREOS A CENTROS DA COMARCA DE VIGO
Importe da matrícula e tipos:
AFILIACION : 11 €
PARADOS/AS : 21 €
RESTO : 41 €

segunda-feira, 20 de julho de 2009

Programa para o 2009

Paseos Pedagóxicos 2009:
"A praia, sempre recomenzando"
Sábado 19 A praia como mina de area. A Barra da Ínsua Ponteceso Todo o día
Luns 21 A vexetación das dunas . A Lanzada
Martes 22 "Praia América" como exemplo do desenvolvemento non sostible das praias. Nigrán
Xoves 24 A erosión das praias. Moledo - Caminha
Venres 25 Os ríos como cintas transportadoras de area. Os ariños de Tabagón. En pirauga
Sábado 26 A subida do nivel do mar. Corrubedo Todo o día
Saúdos
Xurxo
Xosé

quinta-feira, 25 de junho de 2009

PASEOS PEDAGÓXICOS 2009



Os próximos paseos xa están na talega´-
O tema deste ano vai ser sobre os areais costeiros, algo facil de andar e bastante limpo. Tentaremos engadir algún elemento sorpresa ás nosas visitas -na nosa liña-
Asi que, idevos preparando. Aproveitade o verán para poñervos un pouco a tono-
Vémonos.