Paseos pedagóxicos. Aviso sobre os roteiros

Os nosos roteiros inclúen travesías a nado, en pirauga, de a cabalo, xeiras polo monte, algunha práctica de espeleo ou escalada, polas rochas, polos bosques, no mar, no rio. Convén pois unha certa forma física e un material (roupa, calzado, implementos) dacordo coa actividade.
Nas actividades na natureza convén levar protección solar, viseira ou sombreiro, mangas e perneiras longas para evitar rabuñaduras e picadas, calzado apropiado para monte ou roupa e calzado que se poida mollar ou, quen o teña, escarpins e neoprenos para as actividades acuáticas, así como unha toalla e unha muda de roupa seca.
Os desprazamentos, as mais das veces serán nos autos propios da xente. Estaría ben poñérmonos dacordo para compartir auto cos que queirán conducir para non ter que levar demasiados autos.
O bó ánimo que non falte!

sábado, 20 de julho de 2013

Paseos 2013

Este ano pretendemos facer un "Achegamento Global á Serra do Galiñeiro" en apoio ás iniciativas que se están a mover por conseguir a extensión do Parque Natural do Monte Aloia á toda a Serra do Galiñeiro.
Os paseos van ser todos nesta serra e incluirán unha xornada de dia completo para visitar a Cova da Trapa e o caos de bloques que levaron á súa formación, seguindo un pequeno tramo, cheo de emoción polo rio subterraneo que por ela discurre.
Esperámosvos tanto ós que se apunten ás xeiras como a tódolos amigos que puntualmente queirades acompañarnos nesta nova aventrura.
Un saudo de Paco, Xurxo e Xosé.