Paseos pedagóxicos. Aviso sobre os roteiros

Os nosos roteiros inclúen travesías a nado, en pirauga, de a cabalo, xeiras polo monte, algunha práctica de espeleo ou escalada, polas rochas, polos bosques, no mar, no rio. Convén pois unha certa forma física e un material (roupa, calzado, implementos) dacordo coa actividade.
Nas actividades na natureza convén levar protección solar, viseira ou sombreiro, mangas e perneiras longas para evitar rabuñaduras e picadas, calzado apropiado para monte ou roupa e calzado que se poida mollar ou, quen o teña, escarpins e neoprenos para as actividades acuáticas, así como unha toalla e unha muda de roupa seca.
Os desprazamentos, as mais das veces serán nos autos propios da xente. Estaría ben poñérmonos dacordo para compartir auto cos que queirán conducir para non ter que levar demasiados autos.
O bó ánimo que non falte!

sexta-feira, 21 de novembro de 2008

PRECISAMOS FOTOS DO COUÇO DOS ROMANOS. O MONTE FURADO QUE FOMOS VER A VILA NOVA DA CERVEIRA, PORTUGAL. sE ALGUEN TEN ALGUNHA PODEDES ENVIALAS O BLOGUE OU SEDOCABO@GMAIL.COM. ESTARIA VEN QUE ENVIASEDES FOTOS DE ANTERIORES XORNADEAS PARA IR FACENDO UN ALBUM NO BLOGUE. GRACIÑAS E SAUDOS PARA TODOS (O QUEIXO E DEMAIS VIANDAS ESTABAN BEN BOS)