Paseos pedagóxicos. Aviso sobre os roteiros

Os nosos roteiros inclúen travesías a nado, en pirauga, de a cabalo, xeiras polo monte, algunha práctica de espeleo ou escalada, polas rochas, polos bosques, no mar, no rio. Convén pois unha certa forma física e un material (roupa, calzado, implementos) dacordo coa actividade.
Nas actividades na natureza convén levar protección solar, viseira ou sombreiro, mangas e perneiras longas para evitar rabuñaduras e picadas, calzado apropiado para monte ou roupa e calzado que se poida mollar ou, quen o teña, escarpins e neoprenos para as actividades acuáticas, así como unha toalla e unha muda de roupa seca.
Os desprazamentos, as mais das veces serán nos autos propios da xente. Estaría ben poñérmonos dacordo para compartir auto cos que queirán conducir para non ter que levar demasiados autos.
O bó ánimo que non falte!

segunda-feira, 6 de outubro de 2008

XA FALTA MENOS






















Os nosos incansables compañeiros non descansan. Xa andan argallando a próxima.



Non se pode adiantar moito, pero si que, coma sempre, van a ser uns Paseos Pedagóxicos moi interesantes.



Para que vos fagades unha idea, ahi van unhas fotos dos nosos amigos postos ao chollo.



Un saúdo

Nenhum comentário: