Dentro das Xornadas do Ensino organizadas pola A.S.P.G. e a C.I.G.,celébranse estes roteiros arredor dun tema, visitando lugares de interese para coñecer "in situ" os contidos a abordar. Matrícula: Na páxina web da AS-PG, www.as-pg.com, ou da Cig-Ensino, www.cig-ensino.org a partires do 1 de Setembro. Para mais información podedes contactar con Xurxo 615369130 ou Xosé 678480589.
Paseos pedagóxicos. Aviso sobre os roteiros
Os nosos roteiros inclúen travesías a nado, en pirauga, de a cabalo, xeiras polo monte, algunha práctica de espeleo ou escalada, polas rochas, polos bosques, no mar, no rio. Convén pois unha certa forma física e un material (roupa, calzado, implementos) dacordo coa actividade.
Nas actividades na natureza convén levar protección solar, viseira ou sombreiro, mangas e perneiras longas para evitar rabuñaduras e picadas, calzado apropiado para monte ou roupa e calzado que se poida mollar ou, quen o teña, escarpins e neoprenos para as actividades acuáticas, así como unha toalla e unha muda de roupa seca.
Os desprazamentos, as mais das veces serán nos autos propios da xente. Estaría ben poñérmonos dacordo para compartir auto cos que queirán conducir para non ter que levar demasiados autos.
O bó ánimo que non falte!

Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário