Paseos pedagóxicos. Aviso sobre os roteiros

Os nosos roteiros inclúen travesías a nado, en pirauga, de a cabalo, xeiras polo monte, algunha práctica de espeleo ou escalada, polas rochas, polos bosques, no mar, no rio. Convén pois unha certa forma física e un material (roupa, calzado, implementos) dacordo coa actividade.
Nas actividades na natureza convén levar protección solar, viseira ou sombreiro, mangas e perneiras longas para evitar rabuñaduras e picadas, calzado apropiado para monte ou roupa e calzado que se poida mollar ou, quen o teña, escarpins e neoprenos para as actividades acuáticas, así como unha toalla e unha muda de roupa seca.
Os desprazamentos, as mais das veces serán nos autos propios da xente. Estaría ben poñérmonos dacordo para compartir auto cos que queirán conducir para non ter que levar demasiados autos.
O bó ánimo que non falte!

sexta-feira, 3 de setembro de 2010

Inscripción nos Paseos Pedagóxicos 2010

O dia 5 de setembro ás 24.00 hs comeza o prazo de inscripción nos paseos. A matricula podedes materializala na páxina da C.I.G. a partires das 00.00 hs. do dia 6 de Setembro e por rigoroso orde de chegada. De tódolos xeitos, se alguén queda fóra ou non pode vir a tódalas saidas, sempre podedes acompañarnos, os dias que queirades ou /e poidades. Tedes os nosos teléfonos no perfil do blogue para poñermonos dacordo sobre saidas horarios e demais.
Na ASPG ou na C.I.G. Vigo poderedes informarvos mellor sobre como acceder á súa páxina para formalizar a matricula.
As saidas dende Vigo seguirán sendo dende o sanatorio de Concheiro, na Praza de España collendo a Avenida de Madrid.
Levade enriba os móbiles e os números de contacto por si tedes que avisar dalgún impedimento de última hora.
Procurade estar uns minutos antes para aparcar, recolle-la documentación, compartir transporte...

Vémonos
Saude e sorte.

Nenhum comentário: