
PASEOS PEDAGÓXICOS 2008
“OS HUMEDAIS GALEGOS OU A DESTRUCIÓN”
Do 20 ao 27 de setembro de 2008
Os días 20 e 27,de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.
Os días 22 , 23 , 24 e 25 de 16.30 a 21.30 h.
Da man de Xurxo Pérez Pintos , profesor de Bioloxía e Xeoloxía do IES Manuel Antonio de Vigo e de Xosé María Bouzó Fernández ,profesor de E.F. no IES 1º de Marzo de Baiona , a proposta de este ano para os tradicionais Paseos Pedagóxicos , pretende dar resposta aos obxectivos seguintes:
-Coñecer o valor medioambiental dos humedais.
-Coñecer as causas da desaparición e degradación dos humedais.
-Diferenciar os distintos tipos dos humedais.
-Coñecer os principais procesos ecolóxicos típicos dos humedais.
-Coñecer as adaptacións máis características da flora e fauna dos humedais.
Os contidos dos Paseos Pedagóxicos son os seguintes:
-Sábado 20:Os humedais da Terra Cha (lagoas de Cospeito, Caque , Ollos de Begonte,etc.).Duración,todo o día.
-Luns 22:O sapal do Coura (Caminha).Descenso en pirauga dende Ponte de Mouros a Caminha.Só pola tarde.
-Martes 23:A marisma da Ramallosa.Só pola tarde.
-Mércores 24:A Lagoa Mol de Peinador , Os Lagos , As Lagoas Grande e Pequena (Vigo,Monte Vixiador).Só pola tarde.
-Xoves 25:As Brañas de Xestoso (Forcarei).Só pola tarde.
-Sábado 27:A pantasma da Lagoa de Antela (A Limia).Todo o día.
As excursións son todas elas de baixa dificultade.O desprazamento ata o lugar de inicio será en automóbiles particulares,agás a primeira,que se fará en autobús.