Onte sábado escomenzaron os paseos Pedagóxicos do 2008. Foi a bisbarra da Limia e a antiga Lagoa de Antela o lugar da visita.
Bo tempo e moitos sitios para ver e estudar. A excelente planificación de Xurxo e Xosé, un ano máis, fixerón que o día se fixese curto e os nosos sentidos e as nosa neuronas se abrisen ao coñecemento amplo e conciso de todo o que nos ensinaron.
Coñecer e saber implica observar e analizar. O traballo de pescuda e síntese de Xurxo e Xosé merece o recoñecemento e os nosos parabéns. Non só nos dín moito e ben, se non que se converte nun agradabel paseo por lugares que de outro xeito teríamos moi dificil descubrir. Grazas en nome de tódos os asistentes.
Algún erro non desexado fixo que perdesemos algún tempo todos e fallase a comunicación previa ao paseo. Pedimos desculpas e comprensión. Para o futuro, dende este blog tentaremos facilitar a información precisa e puntua, l para que todas/os teñamos referencia do que se vai facer e as súas características.
O LUNS MÁIS
O Zapal do río Coura.
As 17 horas hai que estar en Caminha, Portugal. Na alameda que hai a esquerda cando pasamos a ponte sobre o río, antes de entrar en Caminha segundo vimos de Valença.
Dende aí partiremos para facer unha viaxe en piragua, río abaixo, polo río Coura. Fai falla roupa para ir na piragua (bañador, sandalias de auga ou fanequeras, si fai sol crema solar, e roupa para cambiarse ao finalizar o traxecto). Non ten moita dificultade o traxecto. Ao ser río abaixo, é doado, e para os non iniciados sempre haberá unha man amiga para axudar.
Si chove farase igual o paseo ou xeira. A temperatura vai a ser boa e agardamos que non teñamos moitos problemas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário