Onte tocounos mollar os pés nas augas tepedas da Foz da Ramallosa. Un ecosistema moi interesante que se atopa en perigo pola contaminación e a presión a que se ve sometido pola man do home.
Nunha tarde de bo tempo e maré comezando a subir, as explicacións de Xurxo foron moi enriquecedoras e, como sempre, ao detalle moi gráficas.
Pedimos desculpas aos paxaros e peixes que , ante o noso paseo, se viron perturbados na súa vida. Todo pola ciencia.
PROGRAMA PARA HOXE MÉRCORES 24
Hoxe iremos ata o concello de Silleda, a Xestoso.
Ás 16,15 saíremos do Concheiro, en Vigo ou xa nos vemos as 17 h en Cerdedo, perto da igrexa, nun bar que alí hai.
Nenhum comentário:
Postar um comentário