Paseos pedagóxicos. Aviso sobre os roteiros

Os nosos roteiros inclúen travesías a nado, en pirauga, de a cabalo, xeiras polo monte, algunha práctica de espeleo ou escalada, polas rochas, polos bosques, no mar, no rio. Convén pois unha certa forma física e un material (roupa, calzado, implementos) dacordo coa actividade.
Nas actividades na natureza convén levar protección solar, viseira ou sombreiro, mangas e perneiras longas para evitar rabuñaduras e picadas, calzado apropiado para monte ou roupa e calzado que se poida mollar ou, quen o teña, escarpins e neoprenos para as actividades acuáticas, así como unha toalla e unha muda de roupa seca.
Os desprazamentos, as mais das veces serán nos autos propios da xente. Estaría ben poñérmonos dacordo para compartir auto cos que queirán conducir para non ter que levar demasiados autos.
O bó ánimo que non falte!

sábado, 19 de setembro de 2009


PASEOS PEDAGÓXICOS VIGO
De 19/09/2009 a 26/09/2009.

“As Praias Sempre Recomezando”

Obxectivos previstos: Coñecer os principias factores históricos de destrucción das praias -Estudar os procesos xeomorfolóxicos que conforman as praias -caracterizar a costa areosa como ecosistema -considerar os recursos didácticos que poden ser explotados na visita a unha praia Comprobar o resultado dos instrumentos de xestión ambiental (recuperación dunas, figuras de protección ambiental?) da costa areosa
Calendario e contidos:
HORARIO: SABADOS 19 E 26 SAIREMOS ÁS 09.00 DO SANATORIO CONCHEIRO NA PRAZA DE ESPAÑA DE VIGO E TENTAREMOS ESTAR DE VOLTA ANTES DAS 22 HORAS
O RESTO DOS DIAS SAIREMOS DE CONCHEIRO ÁS 16.30 HS.
-Sábado 19: Ponteceso. Barra e dunas do Anllóns.A praia como mina de area.Conviría levar pucha, protección solar (haberá tempo para quen queira tomar baño), e pantalón comprido para Subir ó Monte Branco, por mor dos toxos. O resto do paseo é ben suave.
- Lúns 21 A vexetación das dunas. A Lanzada. Paseo doado dende a Siradela ós areais da Lanzada, e visita á lagoa Bodeira e praia de Balea. Roupa cómoda.
-Martes 22. A erosión das praias.Paseo polos areais de Camiña e Moledo e polas dunas do camarido. Doado. roupa cómoda.
-Mércores 23.O desenvolvemento non sostible das praias. Praia América e Ladeira. Paseo doado. Roupa cómoda.
-Venres 25.A area que traen os ríos. Morraceiras e ariños do Miño. Paseo en pirauga. levar roupa e calzado para mollar. Pucha para o sol ou a chuvia. Toalla e roupa seca para muda.Protección solar. Remar-andar polos ariños. Nivel: doado. Posibilidade de piraugas de dúas plazas se alguén precisa.Chaleques para toda a xente.
-Sábado 26.A subida do nivel do mar: Parque natural de Corrubedo. Teremos autobús ó noso dispor.Paseo polos areaies da proia do Vilar e lagoas de Vixán e Carregal. Antes ou despois da comida cruzaremos o rio cara a praia e duna de Corrubedo. Precisaredes pois roupa de baño e toalla, ainda que a maré vai estar moi baixa (quizais polos xeonllos). Haberá tempo para o baño (e xogos) durante a comida. Convén levar pucha na cabeza e protección solar.
Como o tempo anda revolto non estaría de mais meter un impermeable no macuto.
Procurade chegar á praza de España un pouco antes por se tedes que atopar aparcamento. Repartirémonos nos coches para non ter que levalos todos.
Se alguén non pode vir ou pensa aparecer no lugar de destino, non esquezades avisarnos para que non esperemos.
xosé 678480589 xurxo 615369130

Saude e sorte!

Nenhum comentário: