Paseos pedagóxicos. Aviso sobre os roteiros

Os nosos roteiros inclúen travesías a nado, en pirauga, de a cabalo, xeiras polo monte, algunha práctica de espeleo ou escalada, polas rochas, polos bosques, no mar, no rio. Convén pois unha certa forma física e un material (roupa, calzado, implementos) dacordo coa actividade.
Nas actividades na natureza convén levar protección solar, viseira ou sombreiro, mangas e perneiras longas para evitar rabuñaduras e picadas, calzado apropiado para monte ou roupa e calzado que se poida mollar ou, quen o teña, escarpins e neoprenos para as actividades acuáticas, así como unha toalla e unha muda de roupa seca.
Os desprazamentos, as mais das veces serán nos autos propios da xente. Estaría ben poñérmonos dacordo para compartir auto cos que queirán conducir para non ter que levar demasiados autos.
O bó ánimo que non falte!

quarta-feira, 16 de setembro de 2009

Xa comezamos

Noraboa a todos e todas que conseguiran praza este ano. Se alguén non tivo sorte dabondo, podedes achegarvos polo sanatorio de Concheiro cando queirades e unirvos á nosa caravana.
Este sábado dia 19 tentaremos sair para Ponteceso ás 09.00. Preparade os GPS ou estudiade a ruta. Nós levaremos mapas para toda a xente e sinalaremos unha ruta que procuraremos seguir a unha velocidade asequible para toda a xente. En todo caso, quedamos en Ponteceso na casa de Pondal alí onde a campana de Anllóns vagamente tocando derrama nos corazóns un bálsmo triste e brando, de pasadas ilusións...
No Google Maps tedes distintas opcións para chegar. A nós achegaronnos esta: "En Santiago saes da autoestrada no km. 67, por San Lázaro. Vas a Vista Alegre, ao lado da residencia do Burgo. Alí colles a AC 404 e tiras millas. En Portomouro segues recto, a estrada pasa a chamarse AC 1914, ata Carballo. Atravesas Carballo polo centro, sen desviarte, e xa vas dar á estrada de Malpica: AC 414 (1 km. despois de Carballo, nunha rotonda de autoestrada, colles a estrada nova dirección Malpica). Xusto ao pasar Buño colles a AC 422, a Ponteceso".
Enfin, que nós sairemos en caravana dende Vigo e tentaremos ir a ritmo. Se alguén se nos quereunir no traxecto ou esperar en Ponteceso, non esquezades chamar, mellor o propio sábado para confirmar, a Xurxo ou a min. Se alguén ten unha mellor ruta e quere facer de guía, de mil amores.
Nesta saida imos comezar nunha praia, seguir un pequeno cantil, subir ata un alto no Monte Branco e baixar a pasea-las dunas e a barra, voltando logo a Ponteceso seguindo un muro dunha antiga salina. Hai un pequeno tramo de monte baixo que aconsella calzado pechado e pantalón comprido (polos toxos), polo demais non hai problema. Na pausa para a comida haberá tempo para quen queira darse un baño, xogar ás palas, facer castelos na area...
A pasalo ben.
Xosé

Nenhum comentário: