Paseos pedagóxicos. Aviso sobre os roteiros

Os nosos roteiros inclúen travesías a nado, en pirauga, de a cabalo, xeiras polo monte, algunha práctica de espeleo ou escalada, polas rochas, polos bosques, no mar, no rio. Convén pois unha certa forma física e un material (roupa, calzado, implementos) dacordo coa actividade.
Nas actividades na natureza convén levar protección solar, viseira ou sombreiro, mangas e perneiras longas para evitar rabuñaduras e picadas, calzado apropiado para monte ou roupa e calzado que se poida mollar ou, quen o teña, escarpins e neoprenos para as actividades acuáticas, así como unha toalla e unha muda de roupa seca.
Os desprazamentos, as mais das veces serán nos autos propios da xente. Estaría ben poñérmonos dacordo para compartir auto cos que queirán conducir para non ter que levar demasiados autos.
O bó ánimo que non falte!

sexta-feira, 21 de novembro de 2008

PRECISAMOS FOTOS DO COUÇO DOS ROMANOS. O MONTE FURADO QUE FOMOS VER A VILA NOVA DA CERVEIRA, PORTUGAL. sE ALGUEN TEN ALGUNHA PODEDES ENVIALAS O BLOGUE OU SEDOCABO@GMAIL.COM. ESTARIA VEN QUE ENVIASEDES FOTOS DE ANTERIORES XORNADEAS PARA IR FACENDO UN ALBUM NO BLOGUE. GRACIÑAS E SAUDOS PARA TODOS (O QUEIXO E DEMAIS VIANDAS ESTABAN BEN BOS)

segunda-feira, 6 de outubro de 2008

XA FALTA MENOS






















Os nosos incansables compañeiros non descansan. Xa andan argallando a próxima.



Non se pode adiantar moito, pero si que, coma sempre, van a ser uns Paseos Pedagóxicos moi interesantes.



Para que vos fagades unha idea, ahi van unhas fotos dos nosos amigos postos ao chollo.



Un saúdo

sábado, 27 de setembro de 2008

FIN DE XEIRA

















Rematou hoxe coa visita as lagoas de Cospeito a xeira dos Paseos Pedagóxicos.




Agardamos que fosen de interese para todos/as os que participastedes, e que vos quede bo sabor de boca para repetir o ano que ven. Iste non será un síntoma de non aprobeitamento, pola contra, un pracer de ter compartido saber e ansias por aprender, gozando do mellor que temos no noso país que é a xente e o patrimonio natural.




Parabéns e grazas a todas/os.




Grazas Xurxo.



































Grazas Xosé.


CONTINUARÁ
(Seguide atentos ao blog, aínda quedan cousas por apuntar e comentar)
Saudiños.

quinta-feira, 25 de setembro de 2008

Máis do mesmo




Posted by Picasa

PEINADOR E VIXIADOR 1




Posted by Picasa

MÁIS FOTOS DE PEINADOR




Posted by Picasa

FOTOS PEINADOR




Posted by Picasa

AS LAGOAS GRANDE E PEQUENA, O VIXIADOR





















































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































Este xoves andivemos pertiño de Vigo e Redondela. Primeiro ao pé do aeroporto de Peinador, logo, un pouco máis arriba, o lugar onde nace o Lagares, e despois o monte Vixiador e uns interesantes paraxes de brañas e lagoas.

















Bo tempo e ambente para unha tarde cun remate con merenda no parque do Monte Vixiador cun pequeno toque de festa para lembrar.


































ALGUNHAS FOTOS

















MÁIS FOTOS

quarta-feira, 24 de setembro de 2008

BRAÑAS DE XESTOSO

ALGUNHAS FOTOS































































Estas son algunhas das fotos que sacamos onte na Brañas de Xestoso, no concello de Silleda.

PROGRAMA PARA HOXE

Hoxe toca paseo polas proximidades do aeroporto de Peinador e o monte Vixiador.

Ás 17 h. vémonos a carón da entrada da ITV en Peinador.

POLA FOZ DA RAMALLOSA



























Onte tocounos mollar os pés nas augas tepedas da Foz da Ramallosa. Un ecosistema moi interesante que se atopa en perigo pola contaminación e a presión a que se ve sometido pola man do home.
Nunha tarde de bo tempo e maré comezando a subir, as explicacións de Xurxo foron moi enriquecedoras e, como sempre, ao detalle moi gráficas.
Pedimos desculpas aos paxaros e peixes que , ante o noso paseo, se viron perturbados na súa vida. Todo pola ciencia.

PROGRAMA PARA HOXE MÉRCORES 24
Hoxe iremos ata o concello de Silleda, a Xestoso.
Ás 16,15 saíremos do Concheiro, en Vigo ou xa nos vemos as 17 h en Cerdedo, perto da igrexa, nun bar que alí hai.

terça-feira, 23 de setembro de 2008

PERCURSO POLO ZAPAL DO COURA












Iste luns tocou mollarse algo.


Dende Vilar de Mouros, freiguesía de Caminha, fixemos unha fermosa viaxe polas augas do río Coura, en piragua.


O tempo acompañou e poidemos gozar dunha fermosa experiencia, nova para alguns, río abaixo, ata chegar ao zapal xa en Caminha.


Algunhas das fotos que poidemos tomar

HOXE MARTES A FOZ DO MIÑOR

Hoxe toca o humidal da Foz do Miñor.

Saímos as 17 horas de Santa Marta, detras do hotel Baía, en Baiona.

Como nos ímos mollar, compre traer calzado para andar pola lama e roupa axeitada. Logo saíremos polos arredores con outro calzado e pantalóns largos, por mor das silveiras e estrugas.

domingo, 21 de setembro de 2008

O BON XESÚS DE TRANDEIRAS e COGUMELOS





No enlace que segue, hai algunha información sobre o Mosteiro que visitamos onte, o do Bon Xesús de Trandeiras




http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=121&crec=19955&cidi=G




Outra




http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/02/01/un-claustro-espido-no-bon-xesus-de-trandeiras/?akst_action=share-this




Fotos no youtube




http://www.youtube.com/watch?v=iTQm1l4_xwI



UNHA DE COGUMELOS
















Para os que preguntaban onte polas zarrotas, choupís ou cogordos, algunhas curiosidades sobre os cogumelos.










http://www.valdeorras.com/micologia/refrans.htm







PRIMEIRA XEIRA CUMPRIDA










Onte sábado escomenzaron os paseos Pedagóxicos do 2008. Foi a bisbarra da Limia e a antiga Lagoa de Antela o lugar da visita.




Bo tempo e moitos sitios para ver e estudar. A excelente planificación de Xurxo e Xosé, un ano máis, fixerón que o día se fixese curto e os nosos sentidos e as nosa neuronas se abrisen ao coñecemento amplo e conciso de todo o que nos ensinaron.




Coñecer e saber implica observar e analizar. O traballo de pescuda e síntese de Xurxo e Xosé merece o recoñecemento e os nosos parabéns. Non só nos dín moito e ben, se non que se converte nun agradabel paseo por lugares que de outro xeito teríamos moi dificil descubrir. Grazas en nome de tódos os asistentes.




Algún erro non desexado fixo que perdesemos algún tempo todos e fallase a comunicación previa ao paseo. Pedimos desculpas e comprensión. Para o futuro, dende este blog tentaremos facilitar a información precisa e puntua, l para que todas/os teñamos referencia do que se vai facer e as súas características.








O LUNS MÁIS




O Zapal do río Coura.




As 17 horas hai que estar en Caminha, Portugal. Na alameda que hai a esquerda cando pasamos a ponte sobre o río, antes de entrar en Caminha segundo vimos de Valença.




Dende aí partiremos para facer unha viaxe en piragua, río abaixo, polo río Coura. Fai falla roupa para ir na piragua (bañador, sandalias de auga ou fanequeras, si fai sol crema solar, e roupa para cambiarse ao finalizar o traxecto). Non ten moita dificultade o traxecto. Ao ser río abaixo, é doado, e para os non iniciados sempre haberá unha man amiga para axudar.




Si chove farase igual o paseo ou xeira. A temperatura vai a ser boa e agardamos que non teñamos moitos problemas.

quinta-feira, 18 de setembro de 2008

HORARIO PARA O SÁBADO 20 DE SETEMBRO


























Por un erro aparece iste sábado a saída a Cospeito, cando tiña que pór a Limia.



Saíremos o sábado ás 9,30 h. da avenida de Madrid, frente ao Hospital Concheiro. Iremos nos nosos coches, non haberá autobús.



As previsións do tempo son boas, non choverá aínda que ao caír a tarde pode empeorar algo.



Hai 50 anos aínda a lagoa de Antela tiña auga e escomenzaban os traballos para desecala e producir a desfeita que se pode ver hoxe.